|
|
|
|
|
|
|
| Don Quixote e Dulcinea; unha historia de amor? | |
![]() |
INTRODUCCIÓN Durante este primeiro trimestre do curso o proxecto da biblioteca centrarase nas "historias de amor"; e unha das máis fermosas historias de amor da literatura é a que ten como protagonistas a Don Quixote e a Dulcinea.
Como bo cabaleiro, Don Quixote está profundamente enamorado dunha moza á que lle dedica todas as
súas aventuras e, por que non dicilo,
todas as súas tolemias. O que ocurre
é que, en realidade, Dulcinea é unha
simple campesiña e nada sabe do amor
que lle profesa o cabaleiro... Ao longo desta webquest imos a coñecer un pouco máis desta novela titulada "Don Quixote da Mancha", indagaremos sobre a vida e a obra do seu autor, don Miguel de Cervantes, coñeceremos a realidade histórica e social da época... E MOITAS COUSAS MÁIS...
Adiante, poñamonos a traballar!
|