EXPRESIÓN PRODUCCIÓNS

 

O grupo Expresión creouse no ano 1992.

Partíu dun grupo de mestres comprometidos nun obxectivo común: desenvolver todas as potencialidades dos

nenos, mozos e adultos mediante a expresión dramática, intentando promover o teatro dende a base, creando

obradoiros permanentes en centros educativos e culturais.

Neste traballo o obxectivo principal non é crear actores senón coñecerse asi mesmo mediante a expresión dramática, que os participantes descubran

a través do proceso as súas posibilidades de creación, desenvolvemento, expresión e enriquecemento polas experiencias vividas e compartidas.