<%@LANGUAGE="VBSCRIPT" CODEPAGE="1252"%> castros1

O Castro de Baroña

(Porto do Son - A Coruña)

Seguramente, un dos castros máis rechamantes pola súa situación xeográfica..

Situado nun pedazo de terra roubada ao mar, rodeado de limpas praias e de piñeirais, este castro chama a atención de calquera visitante pola fermosura da paraxe no que está situado.

Con vistas á ría de Muros e Noia, os habitantes deste castro deberon dedicarse aos labores pesqueiros e tamén ao marisqueo, arte xa coñecida por eles.
O castro foi restaurado parcialmente, soamente o xusto, sen unha reforma completa, o que lle dá un aire moi natural, non como outros castros que foron reformados completamente e que parecen demasiado artificiais

 

Calquera persoa interesada en visitar este castro, poderá atopar alí un marco incomparable, non só visitar o castro, senón que tamén poderá darse un baño nas limpas augas da ría.

Moi preto do castro hai tamén unha praia nudista.

.

Volver á

de Castros

©Bolboretadeseño