Galería |
Foro |
Rincón do Público |
Links |
|
Para a nosa música usamos guitarras, baixo, saxo, teclados, percusión, batería, clarinete, frauta e por suposto as nosas voces. Asemade, tamén tratamos de incluir outros instrumentos menos habituais, coma sitar, theremin, violín eléctrico e banjo. Non estamos interesados en facer ningún tipo de música en concreto, polo que cada canción é un mundo sonoro individual, que xurde do estado de ánimo que teñamos. Buscamos sobre todo conectar uns cos outros á hora de improvisar e experimentar coas cancións e os sonidos, con liberdade individual para desenvolver cada un as súas ideas. Somos un grupo.
|