|
A MÚSICA FRANCESA
|
![]() |
A Monarquía que mellor exemplificou o Absolutismo foi a Corte de Luis XIV e os seus rexentes Mazarino e Richelieu. A principal diversión nela foi o “Ballet de Cour”, que estaba composto por pezas diferentes sen moita relación:
Mazarino, rexente do Rei Sol, favoreceu a visita de
músicos italianos, entre eles Caccini. Preparaba
para eles representacións costosísimas, pagadas con impostos
públicos. Con elas distraía á Corte mentres maquinaba
para favorecer os seus imtereses e maquinacións. Tanto foi así
que a oposición encabezou un movemento popular contra a Ópera
italiana. |
|
Trala morte de Mazarino entrou ó servizo de Luis XIV o excelente bailarín, violinista e compositor GIAMBATTISTA LULLY, florentino de nacemento pero de formación francesa. Lully, co apoio de Luis XIV, formou a orquestra dos 16 pequenos violíns, posteriormente chegaron a ser 21. Lully desarrollou un estilo técnico e depurado, que se coñecería como disciplina lullyana que sería admirada e imitada por moitos compositores europeos. Por outra banda, movido por unha gran ambición, conseguíu de Luis XIV o poder para expedir licencias para as obras musicais que se representaban no territorio francés. Mediante este monopolio evitou a interpretación de cualquier obra que puidera eclipsar a súa fama. Os compositores que apareceron Lully foron RAMEAU e CAMPRA. Este último prestaría parte do título dunha das súas óperas “A Europa Galante” ó periodo Rococó, que en música se denominaría Estilo Galante. Outro destacadísimo autor francés foi FRANCOIS COUPERIN que ocupó o posto de Organista da Capela Real de Versalles a partir da morte de Luis XIV. A súa obra é vasta e de gran calidade. Pódense destacar os seus 14 concertos cuia forma acercase á Suite (teñen de 3 a 14 movementos internos). Pero o máis destacado da súa producción son os seus Ordres (coleccións) de pezas para clavecín, publicados entre 1713 e 1730. Moitas das pezas son danzas da época con formas sinxelas, moitas delas con nomes de persoaxes da época ou títulos suxerintes. Outras pezas son máis profundas ou incluso pequenas obras de teatro. As pezas para clave de Couperin foron admiradas por moitos músicos posteriores e actuais, destacandose a influencia sobre autores románticos como Brahms, impresionistas como Debussy e Ravel, ... |