¿CÓMO ESCOITAR MÚSICA?
Este é o título do libro escrito por Aaron Copland (1900-1990) onde se analizaba a mellor maneira de enfrentarse a unha obra musical para comprender a obra e enriquecerse disfrutando coa sua orixinalidad.
Á hora de entender a música debemos preguntarnos as seguintes cuestións:
1. ¿Quere decir algo a música?
Si, a música é un acto de comunicación.
2. ¿Qué expresa a música? A música expresa fundamentalmente
sentimientos : Serenidade, exuberancia, pesar, triunfo, furor, delicia... Tamén
podemos encontrar música con significado puramente musical como por ejemplo
moitas das obras de Beethoven.
3. ¿Pódese expresar con palabras a mensaxe da música? Si
pero soamente a música é capaz de activar mecanismos psicolóxicos
que fan que esa mensaxe chegue de forma directa o noso consciente e ó
noso subconsciente. O fin da
música é crear unha determinada emoción no oínte.
Para que estos mecanismos poidan activarse
o oínte debe aceptar a música que escoita sen poñer trabas
culturais. Tódala música pode ser apreciada por calqueira ser
humano. Actualmente todos somos victimas do bombardeo mediático das empresas
publicitarias. O único fin de moitas destas empresas é vender
un producto, non intentan enriquecer as experiencias, a cultura ou o espiritu
dos ointes. Soamente pretenden vender un producto. Para isto empregan fundamentalmente
as estratexias seguintes:
-“A repetición continua de unha mensaxe, acaba sendo aceptada e
formando parte da propia identidade do receptor”. Esta é a conclusión
á que chegaron os cientificos da Universidade de California, cando o
goberno de Estados Unidos, na década de 1950, quería implantar
en diferentes países Sudamericanos o monocultivo de café. Estados
Unidos tentou moitas medidas diferentes na decada anterior pero os agricultores
sudamericanos preferian cultivar todo tipo de productos co que garantían
a propia alimentación. Grazas ó estudo da Universidade de California
o governo estadounidense bombardeou con mensaxes a favor do monocultivo de café.
En poucos anos conseguiron os seus obxectivos a pesar de que esto foi gravemente
perxudicial para os sudamericanos. Esta técnica foi pronto aprendida
polas empresas de publicidade, e aplicase tamén na política. No
caso da música estamos especialmente indefensos ó bombardeo. ¿A
quén no se lle meteu nalguna ocasión unha canción na cabeza
e continuamente seu cerebro a “cantaba” a pesares de que esta canción
non nos gustara?.
- Emprego de elementos musicais moi básicos que despertan a nosa psicoloxía mais ancestral. Especialmente falamos de elementos rítmicos moi marcados e repetitivos que aparecen nas primeiras manifestacións musicais humanas, como podemos comprobar escoitando musicas feitas por comunidades humanas pouco desenroladas, como os poblados africanos ou selváticos. Precisamente os ritmos sudamericanos teñen actualmente moitisimo éxito (lambada, bossa nova, reggaeton,...) Tamén as melodías deben ser simples, que consten de poucas notas e repitan moito o caso máis exaserado é o rap ou o hip hop, nos que se elimina a melodía e se xoga co ritmo do texto.
- Soen ir dirixidas a publico moi xoven, que ainda non ten os gustos musicais definidos e polo tanto non teñen criterios, están por decilo así indefensos ó bombardeo. Ademais a estas idades se conforma a identidade individual nos adolescentes, por esta razón están buscando unha música coa que identificarse. Afortunadamente todos queremos ser diferentes, pero especialmente a esta idade esta busqueda da diferencia é utilizada intelixentemente polas grandes discográficas. Unha música que inclua unha mensaxe adecuada a estas idades (primeiros sentimentos amorosos e experiencias sexuais, rebeldía contra os pais ou a sociedade, unha imaxe bella ou sensual ou que rompa coas tendencias anteriodes ...).
- A isto hai que engadir que sempre que se vende algo véndese como o mellor: “El mejor disco de los últimos tempos”, “Nunca escoitaste algo igual”, “Irrepetible” ... con isto consiguese que ó consumidor rechace outras manifestacións musicais e se faga fiel a ese tipo de música. Para ter un bo criterio musical é fundamental ser ecléptico, isto é; escoitar todo tipo de música xa que a pesar de que as diferentes musicas parezcan completamente distintas, todas teñen os mesmos compoñentes e empregan basicamente as mesmas técnicas (en cuanto a ritmo, melodía, e sobre todo harmonía e forma) para poder chegar ó ointe. A única forma de identificar a orixinalidad de unha obra é coñecer moitas e de moitos tipos.
As grandes discográficas crean
productos de facil consumo (ej. A canción do verán) e o venden
como obras orixinais, con ello banalizan a arte da música. Incluso loitan
defendendo a supuesta orixinalidad dos productos, empregando o que chaman “Dereitos
de Autor”. Para que algo sexa un arte debe ser realmente orixinal. Cando
se estudia historia da música podemos comprobar que o que realmente cambiou
son os instrumentos ou medios cos que se produce a música. Pero o contido
musical, propiamente dito non variou tanto. As técnicas melódicas,
harmónicas ou a forma na que vanse presentando non cambiou tanto dende
o século XVI. Como exemplo temos que decir que os acordes (contido harmónico)
empregados na música pop e en moitas outras musicas populares son iguais
e en moitos sentidos máis sixelos que os empregados polos compositores
dende o S. XV.