Patrimonio destruído

     

Nesta sección expoqeremos parte do patrimonio cultural destruído nos últimos anos, centrándonos, principalmente, en A Coruña e a súa área de influencia, sen descartar outras zonas de Galiza. Na medida do posíbel incluiremos imaxes do ben destruído e da zona na actualidade.

Comezaremos pola destrución do Castelo de San Diego, destruído nos anos 60 para construír a terminal de Repsol:

Castelo San Diego

Continuaremos pola destrución da única casa gótica que existía na cidade e que foi destruída en 1936

Casa gótica

Outra actuación nefasta das Administracións Públicas, nesta caso o Concello de A Coruqa, durante a construción do parque de Eirís se detectaron restos arqueolóxicos de orixe romano, a pesares das denuncias e da orde de paralización da dirección xeral de Patrimonio Cultural, o Concello fixo caso omiso e continuaron as obras sen realizar os estudos necesarios para valorar a importancia dos restos detectados.

Eiris

Outra destrución máis vinculada a obras públicas, nesta caso na Vía Rápida do Barbanza, túmulo megalítico destruído na súa metade, e que a día de hoxe sigue deteriorándose sen que as administracións poqan remedio ao deterioro.

Vía RÁpida do Barbanza

Outra mostra máis da desidia polo patrimonio, neste caso na zona de A Zapateira, importante necrópole megalítica, asociada a camiqos antigos (camiqos reais) que comunicaban a parroquia de Rutis-Vilaboa co lugar de Uxes e outro, dirección N-S, que comunicaba o Castro de Elviqa con Orro.No entorno destes camiqos reais se atopaban un total de 33 túmulos megalíticos, algún deles víase desde A Coruña, debido ao seu grande tamaqo. Esta necrópole foi dada a coqecer por D. Luís Monteagudo, que a visitou a mediados do século pasado. Pois ven na actualidade non existen os camiqos reais e dos 33 túmulos apenas subsisten 4, a maioría en condicións precarias. A continuación poqemos o croques debuxado por D. Luís Monteagudo da situación dos túmulos (aínda que a reprodución non é de calidade pódese mirar o aliqamento dos túmulos cos camiqos).

MÁmoas da Zaparteira

Un dos túmulos que subsisten e que se pode observar na foto, no medio de restos da corta dos alcólitos, na actualidade xa non se pode ver debido ao crecemento da vexetación.

MÁmoa Zapateira

Ouro dos túmulos que subsisten, como vedes no medio dunha maraqa de acólitos, plantados encima, a destrución deste túmulo é cuestión de pouco tempo, xa que as continuas plantación e cortas levarÁn a desaparición do mesmo.

MÁmoa Zapateira_1

Na seguinte foto vemos outro dos túmulos de A Zapateira, non fai falla comentar a súa situación.

MÁmoa Zapateira_3

 Agora ímonos a nos fixar nos xacementos castrexos, que tamén sofren de destrución na nosa bisbarra, en primeiro lugar imos a referirnos ao último destruído o Castro de Cociqadoiro (Punta Langosteira), destruído na construción do Porto Exterior da Coruqa, a pesar de que non existía ningún motivo que impedira a súa conservación, foi un empecinamento dos responsábeis da obra que non puxeron os medios necesarios para que este elemento do patrimonio arqueolóxico fose gozado polos cidadÁns. Antes da súa destrución fixéronse escavacións arqueolóxicas que confirmaron a importancia do castro, posibelmente un dos mais antigos de Galiza.

Castro Cociqadoiro

No mesmo lugar de Suevos, existía outro castro, xusta á beira do porto, inventariado, a pesar do cal se construíu unha casa enriba, sen que nin o concello de Arteixo nin a Xunta de Galiza foran quen de deter a destrución, un castro menos.

Outro castro parcialmente destruído é o de Alvedro, con unhas impresionantes defensas, como se ve na seguinte foto:

No seu interior esta parcialmente destruído por aproveitamento de pedra:

Non imos poqer máis exemplos, son suficientes para entender a pouca sensibilidade que existe na conservación e posta en uso do patrimonio cultural. Temos que concienciarnos todos que o patrimonio cultural é un ben que debemos poqer en uso para que sexa gozado pola cidadanía e que nos vincula as nosas raíces como sociedade.