Marilar Aleixandre
     
 

narradora, poeta, traductora, Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. En canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa esperanza de que alguén os reciba. Afeccionada a recoller palabras descarreiradas, gárdaas entre as liñas de relatos ou poemas. Traballa nunha das empresas máis antigas (500 anos) de Galicia.

Vive en Santiago de Compostela onde ensina Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade, e escribe. Algúns temas recorrentes nos seus libros son as traizóns, sobre todo as traizóns a un mesmo, a unha mesma e as tortuosas relacións familiares.

 

Última actualización
14/04/2005
 
Créditos