| |
| |
| Poemas |
| |
| remontando
a maré (4 de decembro) |
| |
| |
que non
sei se respiras ou calmeas
derrubado, país, sobre o coído
país, amante, longa foi a noite
quen sabe cando o limpo será limpo
¿foi amor ou tumulto? das beiradas
tiramos a podremia coas mans núas
¿tumulto ou resistencia? beber sudre
remontar a maré, tomar as rúas
da Vaca de Fisterra
amargo ouleo
nas sirenas resoa de faro a faro
clamando polos mortos, capitáns
de gamelas perdidas nos naufraxios
dornas, bucetas, lanchas de relinga
crebadas nas arestas dos baixíos
valédenos na cerna da negrume
en tempos de extravío
o corpo
nu, envolto só na rede,
baixo o lameiro negro limpa a man
resistimos, amor, cando pretenden
tomar o nome do arao en van
Fisterra,
decembro 2002
poema
anterior
REGRESAR
AO ÍNDICE DE POEMAS
|
|