Os Fornos da Cal,
nome expresivo de por sí.
Llencias, como Chenzas en Sotordei (Ribas do Sil), serían
planitia/planities. Piel (STF) trae: "Llencías (¿planitia?
cf. gall. port. Chainza)".
Paradanova < parata nova, cf. nº 16.
Penamaior
traduce o latín pinnalpenna maior (cf. DCELC).
Rozabragada e un top. composto de *ruptia 'roza, monte
roturado' (DCELC), quizabes adxectivada con *bargata 'cercada con bargos/chantos'
(?) (Cf. DCELC v. varga).
San Martím de Suarna, como e zona semiasturiana
a xente nativa non di San Martiño. Respecto a Suarna poderiamos ver
unha palabra Arna (DLF), vila latina, co prefixo sub, como teño lido
non sei agora onde (¿NL?); pero, se cadra, temos o prefixo celta su-
co significado de 'bo', seguido de arna 'río' (Cf. TM 109).
Silvela, silvella en lat. vg. e un diminutivo de silva
'selva, bosque'.
0 Vieiro parece equivaler a viarius (DLF),referido a
via 'camiño, carreiro verea' ou ó antropónimo Viarius
(LE 416); pero a Piel (STF) parécelle un "deriv. de vena 'senda'".
Vilagocende componse de Villa e de Gosendo/Gundesindo/Godisindo,
nome persoal (HGN 13219; OPNH 191). Piel (STF) pensou primeiro en Gaudesindus.
Vilarín de Baxo, Vilarín de Riba aluden
a dous pequenos vilares ubicados a distintos niveis: bassus/ripa.