|
O monte Xalo está nos límites dos concellos de Culleredo, Carral, Cerceda e A Laracha, os montes do Xalo estiveron habitados dende tempos inmemorables, como así o atestiguan os diversos restos megalíticos que abundan na zona do monte Xalo, como a pedra MazaFacha, monte Anxelio, alto de Penas negras, Castelo do Xalo, Castelo de Veiga, así como diversas mámoas que ainda se conservaban nos anos 70. Tamén hai diversos restos da época castreña pola zona do monte Xalo, como son o castro de Coto de Guichar, o castro de Vinseira pequena, o castro de Paleo. O monte Xalo era utilizado polos habitantes daquela época para realizar culto ós seus Deuses, tamén hai constancia da época dos romanos como é o xacemento romano de Paleo. Os primeiros datos escritos que aparecen de monte Xalo datan do ano 978 e pertencen a un códice do Mosteiro de Samos, este códice fai referencia ó Monte Gallo, nombre co que era coñecido naquela época o Monte Xalo, noutro códice do ano 1112 pertencente á Catedral de Santiago faise referencia a monte Galo, nombre que coa jeada derivou a monte jalo e de ahí ó actual Monte Xalo. Tamén quedan constancia da idade media a Torre de Celas e os restos do castelo derruido durante a revolta “Irmandiña” no Coto de Guichar, crese que no Castelo do Xalo existía un castelo, pero non hai restos que así o atestiguen. O monte Xalo é o pulmón verde máis preto á cidade de A Coruña, é un lugar ideal para practicar distintas actividades, como son o senderismo, montar en bicicleta, parapente, escalada, rappel, roteiros a cabalo. Outras actividades que se realizan son o motocross e 4x4, que acarrean molestias as distintas especies da fauna que habitan o monte Xalo e destruen as pistas. Polo monte Xalo hai distintos roteiros de senderismo que saen dos concellos de Cerceda "Un paseo por Monte Xalo" e Culleredo "Roteiro mariñan". Existe unha ruta para bicicleta de montaña que sae e acaba en Cambre chamada “Roteiro do Xalo e os sete regos”. Tamén pódese practicar o “Geocaching”, xa que hai dous “tesouros” agachados no monte Xalo, “Monte xalo” e “Olimpo de los Artabros”.
No monte Xalo habitan distintas especies de fauna, como son o raposo, o coello, o esquío, o porco espiño, visóns,etc. Crese que hai a presenza de lobos de paso a súa zona de hábitat, distintos tipos de aves migratorias que paran nos distintos humedais do monte Xalo, como son parrulos, ánades, garzas, cisnes, etc. Tamén hai diferentes tipos de anfibios como son as píntegas, o tritón ibérico, diversas especies de rás, isto é debido a gran cantidade de pozas e acuíferos que existen en monte Xalo. Facer reseña que no lago da urbanización hai carpas e cangrexo americano, introducido por algunha persoa ignorante do que supón introducir unha especie alóctona e moi depredadora para a fauna local.
|