Inicio

Servizos
Orzamento
Contacto
Confidencialidade

Servizos


     Para que precisa os nosos servizos?
Como particular, ou como empresa, vostede precisa coñecer o contido dos documentos escritos noutro idioma, ou desenvolverse nun sistema lingüístico que descoñece. Para iso precisa os servizos de Tradución e Interpretación que MorraTrad C.B. lle ofrece.
Pero en MorraTrad C.B. non só solucionamos os problemas de comprensión que vostede poida ter nun idioma estranxeiro. A experiencia di que, ás veces, as empresas descoidan as formas de redacción do seu propio sistema lingüístico e céntranse máis no aspecto que poidan ofrecer de cara ao estranxeiro. Os nosos servizos de corrección e asesoramento lingüístico axudaranlle a que os seus propios documentos obteñan unha presentación, ortográfica e gramatical, impecable no seu propio idioma
.


Servizos de tradución:
Traducións xerais: administrativas, turísticas, publicitarias...
Traducións especializadas: manuais técnicos, xurídicas, económicas
Tradución literaria
Tradución xurada

Servizos de interpretación:
Interpretación de enlace: intérprete acompañante en reunións, xantares de empresa...
Interpretacións no estranxeiro: intérprete acompañante no estranxeiro, congresos...

Asesoramento lingüístico e corrección de textos:
Correccións de estilo, ortográficas, gramaticais e revisión de textos en xeral.

MorraTrad C.B. Iglesario Tirán 1, 36958 - Moaña (Pontevedra) - Tel. e Fax 886 123 649 / Móbil: 607 834 875 - traducciones@morratrad.com