Agosto 2008: estado actual de cousas ======================================================== A nosa intención ata hai pouco era facer unha nova versión 2.0 coas seguintes características: -Novo sistema de compresión LZM: añinda máis lixeiro e rápido -Escritura en NTFS moi mellorada. -Instalador para Windows Vista. -Soporte completo para outras linguas: castelán, inglés, catalán e portugués. A situación polo de agora é: -As novas versións de Slax xa incorporan a compresión LZMA e unaha escritura perfecta en NTFS. -O instalador para Windows Vista xa o temos moi avanzado (vexa GIW na páxina en Inglés). -Todos os módulos publicados no 2008 van en galego, castelán, catalán e inglés aínda que non sexa visible (Galinux-Slax segue a estar por defecto en galego). Sen embargo o desenvolvemento de Galinux-Slax vai ficar detido polo de agora polos seguintes motivos: * Galinux-Slax non está a acadar a difusión esperada nin un número de colaboradores suficiente. * A distribución orixinal Slax leva á súa vez un desenvolvemento moi lento e non vemos unha liña clara para o futuro na súa filosofía. * A instalación con asistentes para Windows xa non é unha exclusividade nosa: agora mesmo xa hai varias distribucións máis que a ofertan. En concreto WUBI (a de Ubuntu) aínda ten moitos fallos pero está a acadar moita difusión. * Polo de agora temos proxectos máis interesantes en perspectiva :) Para o futuro: Non estamos a traballar no desenvolvemento da distribución pero a publicación/anovación de módulos poderá seguir durante un tempo. Teña presente que o hardware evoluciona con moita rapidez: GS1.4 xa non funciona ben con algunhas das máis novas compoñentes, en especial están a dar problemas algúns discos SATA e tamén as tarxetas gráficas: cómpre probar cos módulos ATI/nVIDIA/ningunho ata atopar a configuración que vaia ben no seu PC. Se emprega a versión instalada en Windows XP escolla non instalar ningún módulo e no seu lugar descargue as versións máis novas dos que lle interese. ¿Está vostede empregando GS1.4 e non vai co seu ordenador? -Descargue a derradeira versión de Slax 6. -Báixese de ftp://slax.org/SLAX-6.x/multi-language/6.0.7 os dous arquivos para poñelo en galego. -Instáleo nunha memoria USB/refaga o Live-CD cos dous arquivos para galego. -Se lle interesa algún programa de GS1.4 póñao no cartafol /base renomeado como *.lzm. Pode funcionar ou non. -Cousas coma a apariencia ou a estructura dos menús non estarán coma en GS1.4 -Todo o que depende da instalación en Windows non funcionará, coma a configuración manual da rede ou os arquivos de intercambio de memoria virtual. ¿Engorroso? Outra opción é agardar... o mesmo nalgún momento Galinux-Slax volta á vida. En calquera caso, moitas gracias a quen nos axudaron colaborando, difundindo, etc. VERSION 1.4 (xullo-setembro 2007) ======================================================== Melloras en xeral: Moitos módulos engadidos ou anovados e melloras no sitio web. Tamaño da caché de Firefox rebaixada de 50 a 5MB (2MB en só navegación). Traducción ao galego de K3b e outros. Aumentado o tempo para autoconfigurar a rede por DHCP, de 5 a 9 segundos. Configuración automática da rede con netgo / asistente para Windows. Test de memoria actualizado. Instalador universal: Primeira versión publicada, cos módulos imprescindibles ou sen ningún. Live-CD: Xa non contén máis módulos cós imprescindibles para iniciar o entorno gráfico. Corrección dos permisos nos módulos (por facer). Opción de inicio desde copia en disco duro. Instalador Windows XP: Menú de inicio: exploración de módulos e asistents de rede e sesións de traballo. Xestor de inicio grub-NTFS actualizado a 0.4.2 (0.97) Agora o instalador execútase en dúas fases cun reinicio no medio. VERSION 1.3 (xaneiro 2007) ======================================================== Primeira versión publicada tamén en Live-CD. Modo de só navegación optimizado: necesita menos RAM. Módulos gaLogo e qCAD-2D incluídos. Modo de inicio sen erros (+ compatibilidade, - prestacións) Instalación opcional de arquivos de memoria virtual (swap). Axustes durante a instalación para PCs con varias particións. Correción de erros (montaxe/desmontaxe) e outros pequenos cambios. VERSION 1.2 (novembro 2006) ======================================================== Modo de só navegación moi mellorado. Suite koffice 1.5.1 en galego e con corrector. Programa Clic con actividades e editor. Escritura en discos duros NTFS (Windows XP) opcional. Ferramentas de disco duro e particións. Soporte para centos de modelos de impresoras. Outros pequenos cambios e melloras. VERSION 1.1 (novembro 2006) ======================================================== Engadidos moitos módulos. VERSION 1.0 (outubro 2006) ======================================================== Non distribuída ao público en xeral. Só tiña dous complementos: firefox e abiword.