logo esquerda logo dereita
Presentación 

 Descargar 

 Módulos 

  Español-Castellano  English   Portugués   English

Menos Máis

21-2-2013

Presentación  Imaxes  Descargar  Módulos  Live-CD  Instalador para Windows XP  Instalador universal  Erros coñecidos  Preguntas e respostas  Enderezos  Sobre nós  Colaboracións  Agradecementos  Condicións  Outros proxectos

NOVAS

28-7-2011: O departamento de defensa dos EEUU ven de publicar unha distribución "live", en CD ou lápis de memoria (cun instalador executable dende Windows), con catro cousas imprescindibles (Firefox, Openoffice, Java e algún complemento multimedia e de seguridade) e un toque estético "Windows". Ou sexa, un Galinux-Slax 1.2 en Inglés :D

22-1-2010: Programa que vixía o espazo dispoñible nas unidades de almacenaxe e avisa cando está a piques de esgotarse.

23-10-2009: Entrevista sobre S. libre vs. Windows 7 no Telexornal da TVG: nun resumo dun minuto algunha cousa tiñan que recortar...

25-9-2009: Está a Free Software Foundation a prol do S.L?

18-8-2009: Vídeo-presentación en Flash moi ben feitiño pola xente de bagonix.wikispaces.com / bagonix.net.

17-5-2009: O Tema de iconas de Galinux-Slax agora dispoñible para instalar en calquera escritorio KDE.

26-4-2009: Parche que imposibilita as conexións remotas entrantes en todas as versións de Galinux 1.4.

14-1-2009: Versión de Galinux co servidor MaxWeb xa integrado.

12-1-2009: Módulo servidor MaxWeb para traballar con Maxima (matemáticas) dende o navegador.

22-12-2008: Pantallazo cun exemplo de escritorio personalizado para películas infantís (galería "módulos", imaxe "quiosco nenos").

10-12-2008: Hai outro Galinux!

2-11-2008: Comparación de Galinux-Slax con Ubuntu e outras distribucións Linux.

15-8-2008: Dous módulos para desenvolvemento de aplicacións: Clipper (compatible dBaseIII+) e Pascal.

15-8-2008: Dous módulos para personalizar a presentación de Galinux-Slax (GTK-engine e KBFX).

9-6-2008: O desenvolvemento de Galinux-Slax queda detido ata novo aviso.

8-6-2008: Novo sitio para descargar a versión instalable.

16-2-2008: Convertidor de formatos de audio e vídeo

6-2-2008: Un xoguete: efecto Matrix

5-2-2008: Descargar o LiveCD de Galinux-Slax dende www.edu.xunta.es

13-1-2008: Nova galería de imaxes

13-1-2008: Programa de intercambio P2P Azureus

24-12-2007: Galinux-Slax acada o 3o premio "recursos educativos para a sociedade da información 2007"

23-12-2007: ISO Máster anovado á versión 1.2

21-12-2007: Novos módulos para ensino: Mathomatic e ChemTool.

6-12-2007: Navegador Opera anovado á versión 9.24 e deseño CAD de circuítos electrónicos.

16-11-2007: Xestión de versións SVN (moi empregado en traballos colaborativos de software libre).

15-11-2007: Módulo con Scratch (entorno para o ensino-aprendizaxe).

10-11-2007: presentación en vídeo de Galinux-Slax (moitas gracias á xente de Ousli e da Univ. de Vigo).

8-11-2007: Unha chea de utilidades co botón dereito do rato co módulo Servicemenus & Scripts.

8-11-2007: Versión inicial do instalador para Microsoft Windows Vista. (de utilidade para desenvolvedores só)

7-11-2007: Módulo con Squeak! (ferramenta moi especial para o ensino-aprendizaxe).

3-11-2007: Todas as versións e módulos dispoñibles para descarga desde a forxa de mancomún.

2-11-2007: Plugin traducíndote para traduccións automáticas con OpenOffice.

24-10-2007: Maxima: un potente programa de matemáticas.

12-10-2007: Traballo con imaxes ISO (acetoneISO) e máquina virtuais (nova versión de VirtualBox).

28-9-2007: Xogo de tenis e xestor de instalacións/anovacións swaret.

25-9-2007: Nova versión do editor de imaxes de CD ISO Master.

23-9-2007: Outro xogo de motos de luz tipo Tron.

22-9-2007: Reprodutor multimedia Realplayer e novos sitios para descargar Galinux-Slax.

12-9-2007: I Xornadas de software libre no ensino (OUSLI)

11-9-2007: Galinux-Slax en Inforensino (Lugo 14, 15 e 16 de setembro)

 8-9-2007: Live-CD versión 1.4

30-8-2007: Cubo Rubik, librerías GtkGlExt e Guile, e editor de guións (scripts) kommander

29-8-2007: Traballar con cámaras fotográficas, coleccións de fotografías, retoque de imaxes, etc.

26-8-2007: Afinador de instrumentos musicais e xogo de estratexia Risk

24-8-2007: Nova versión de GoogleEarth + Sky e traballar con partituras (Lilypond)

22-8-2007: Personalizar cambios con BR-zettings, módulo de impresión alternativo e Bluetooth.

21-8-2007: Suite de rede SeaMonkey e ferramenta para tradutores kBabel.

 9-8-2007: Tres xogos: Frozen Bubble, Bombic e Wesnoth

 8-8-2007: Simulador de voo FlightGear

 7-8-2007: Novo módulo de diapositivas didácticas no salvapantallas "diapositivas_2"

 2-8-2007: Módulo 10_adm_server_517 con PHP, DHCP, FTP, MySQL, etc.

 2-8-2007: Versión do instalador universal sen módulos.

31-7-2007: Reorganización deste sitio web.

19-7-2007: Versións 1.4 instalables.

(Esta sección foi creada no verán do 2007 e non hai novas anteriores ao mes de xullo)

^^

¿QUE E GALINUX-SLAX?

Galinux é unha distribución GNU/Linux (en diante só Linux) baseada noutra distribución chamada Slax (Slackware). O máis especial de Galinux-Slax é que pódese instalar coexistindo con Windows XP no mesmo disco duro sen modificar o inicio nin facer particións. As súas características son:

  • Tres presentacións: coma calquera outro programa instalable para Windows XP (¡sen facer particións nin modificar o sector de inicio!), Live-CD de inicio (non precisa sistema operativo previo nin disco duro) ou instalador universal para discos duros, memorias USB, etc. (executable desde Linux/MS-DOS/FreeDOS/Win9X/NT/XP)
  • A pesar de iniciarse coa mesma ou maior rapidez que outros sistemas operativos que necesitan unha instalación real, xestiona ben o hardware de moitos tipos de PCs sen ter que engadir drivers adicionais. Galinux-Slax pode executarse sen problemas en moitos ordenadores antigos ou escasos de recursos.
  • É configurable: pode decidir en calquera momento –xa na instalación en Windows XP- cales programas e ferramentas serán cargados por omisión en cada reinicio. Se ten Galinux-Slax xa iniciado e logo decátase de que nesa sesión necesitaba algún máis, pode cargalo “en vivo” con só facer clic nun módulo (tipo de arquivo especial que instala programas ou configuracións dun xeito automático e instantáneo).

Podes ver capturas de pantalla de moitos dos programas incluídos, da instalación/desinstalación e do Live-CD.

O principal requisito de hardware para empregar Galinux-Slax é unha cantidade variable de memoria RAM, normalmente maior no Live-CD que na versión instalable (recomendada), pero en moitos casos poderá rebaixala con algúns axustes.

E se non estás seguro de querer probalo, dedícanos un minuto.

^^

DESCARGAS E HISTORIAL DE CAMBIOS

A versión actual (1.4) ven en tres formatos: instalador universal, instalador para Windows XP e Live-CD.

Instalador universal

(11 de xullo de 2007 - 13 xaneiro 2009) Arquivo comprimido ZIP, 188MB (132 a versión Maxweb).
Descomprímao e lea info.txt. Esta versión só ten os módulos imprescindibles para arrincar Galinux-Slax no entorno gráfico, pero ven sen complementos (pode descargalos deste sitio ou collelos da versión para XP). Hai a versión normal e outra especial "Servidor Maxweb". Por favor, lea antes esta información antes de instalalo: problemas co hardware ou coa configuración da rede. Para a versión Maxweb prégase ler as advertencias sobre seguridade dos módulos 17_maxweb_211.mo e 10_adm_server_517b.mo.

Instalador universal sen módulos

(2 de agosto de 2007) Arquivo comprimido ZIP, 5MB.
Descomprímao e lea info.txt. Esta versión só prepara a unidade escollida para iniciarse con Galinux-Slax. Non contén nin tan sequera os módulos imprescindibles. Se non ten algunha outra versión xa descargada para copialos dela, mellor descargue a outra versión do instalador universal. Por favor, lea antes de instalalo esta información moi importante: problemas co hardware ou coa configuración da rede.

Live-CD(s) de inicio

(6 setembro 2007 - 4 xaneiro 2009) Imaxes ISO, 190MB (a versión mínima).
A versión mínima é coma o instalador universal: inicia o sistema gráfico pero non ten complementos; sen embargo hai varias edicións especiais: ensino, oficina. A versión en Live-CD a facemos porque é habitual en moitas distribucións pero aconséllase descargar unha versión instalable. Por favor, lea antes de executalo esta información moi importante: problemas co hardware ou coa configuración da rede.

Instalador para Windows XP

(19 xullo 2007) Programa instalador, 679MB. Recoméndase descargar tamén o instalador universal sen módulos para iniciar Galinux-Slax desde memorias USB, unidades externas, etc. Por favor, lea antes de instalalo esta información moi importante: problemas co hardware ou coa configuración da rede. Durante a instalación recoméndase non escoller ningún módulo para logo descargar os que desexe a man dende este sitio (a maioría deles foron anovados).

Versión 1.3: (xaneiro 2007) Programa instalador, 366MB. Desaconséllase descargar esta versión antiga: moitos dos módulos novos e melloras non funcionarán.

Fontes

Explorar fontes de Galinux-Slax

^^

COMPLEMENTOS: PROGRAMAS E MODULOS

Galinux-Slax ven coas mesmas utilidades e ferramentas básicas que moitas outras distribucións (editores, mensaxería, navegador, etc.) , pero a súa estructura modular fai que engadir complementos sexa moi doado. Os complementos poden ser usados en cada reinicio por omisión ou ser cargados en vivo con Galinux-Slax xa iniciado (non todos, vexa a documentación dos que lle interesen).

Aqueles módulos que non desexe empregar a cotío, pode deixalos ou movelos ao cartafol "opcionais" (co instalador universal) ou a "c:\galinux\opcionais" (instalador para XP), que son coma unha reserva ou aparcadoiro no que se gardan os módulos que non se cargan por omisión. Deste xeito sempre os terá a man no caso de que desexe empregalos de novo no futuro, movéndoos cara a "base" (inst. universal) ou "c:\galinux\base" (inst. XP), onde van os módulos que se cargan en cada inicio.

Ou sexa: se emprega a versión instalada en Windows XP, garde os módulos descargados en c:\galinux\opcionais ou ben en "c:\galinux\base" se quere empregalos con cada reinicio. Do mesmo xeito, co instalador universal gárdeos no cartafol "opcionais" ou "base" da unidade onde o instalou.

Lembre que cantos máis módulos empregue, máis memoria RAM terá que ter o PC e Galinux-Slax será máis lento.

A diferencia das outras versións, co Live-CD só poderá cargar módulos en vivo (agás se fai a súa propia versión do CD): gárdeos onde lle pete e faga clic neles con Galinux-Slax xa iniciado. Acepte cando se lle pregunte ¿Descomprimir e insertar módulo no sistema?, agarde uns segundos e xa terá o seu programa, ferramenta ou o que sexa instalado e listo para ser empregado.

Nas versións instaladas, os módulos para cargar en vivo son os que estarán en "c:\galinux\opcionais" (inst. XP) ou "opcionais". Se ten xa cargado o módulo "10_adm_ligazons_XP", verá no escritorio unha ligazón ao cartafol de módulos opcionais da versión instalada en XP.

Ao cargar módulos en vivo poden xurdir problemas. Por iso é moito máis recomendable empregar as versións instaladas e poñer os modulos opcionais en "base" ou "c:\galinux\base".

Antes de descagar nada, lembre que moitos dos módulos dispoñibles ata o momento xa van xunto co programa instalador para XP e que tamén pode empregar programas doutras distribucións. Os módulos adicionais están aloxados en distintos sitios físicos e levan o nome do arquivo co formato necesario en todos eles. Algúns terán que ser renomeados no momento de descargalos (a numeración no seu nome é importante porque indica a orde na que se cargan durante o inicio). Se é o caso, ao facer clic nas descargas xa se lle advertirá.

Os módulos veñen clasificados nas seguintes categorías:

Ensino | Multimedia, controladores, etc. | Internet e redes | Oficina | Xogos | Seguridade | Administración

Nota: os módulos marcados con (*) foron desenvolvidos por un grupo de traballo consituído no CFR de Ferrol de xaneiro a maio do 2007 e polo tanto contaron cunha subvención da Consellería de Educ. e Ord. Universitaria; os gastos foron 36 euros :)

 

ENSINO E DESENVOLVEMENTO
12_op_gaLogo*

  Alternativo 

0'1MB

Galego

Entorno de programación en Logo con manual e exemplos (orixinal do sitio lapis de cores). Cómpre cargar tamén o módulo 05_op_java.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_op_Squeak_3

 

40'6MB

Galego

Non é doado facer unha descripción de Squeak! (squeakland). Eles din que é "un procesador de ideas para nenos de todas as idades". Eu o vexo coma un entorno, case un sistema operativo dentro doutro no que pódense desenvolver multitude de actividades de ensino-aprendizaxe, dun xeito dirixido ou autónomo. É distinto ó resto de materiais e está baseado nuns principios pedagóxicas moi sólidos. Fernando Fraga fixo unha presentación moi interesante de Squeak nas I xornadas de softlibre libre no ensino.

Neste módulo hai 3 imaxes (entornos) para Squeak 3.x: o desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela (en galego), o da Junta de Extremadura (castelán) e a imaxe orixinal de Squeak 3.8 (inglés). Tamén contén o plugin para os navegadores. A reproducción de arquivos multimedia con Squeak! podería non funcionar.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_scratch-1.1

 

34'7MB

Castelán

Scratch é un proxecto educativo do MIT emparentado con Squeak! (de feito o contido deste módulo é unha imaxe Squeak!). Ten unha apariencia aínda máis coidada e o seu manexo é moi intuititivo. A traducción ó castelán non é completa: algunhas cousas seguen a verse en inglés. Non existe aínda ningunha versión oficial de Scratch para Linux e neste módulo a reproducción de vídeo/son non funciona, xa que faltan as librerías que só teñen desenvolvido para Windows.

Necesitará cargar tamén o módulo 16_op_Squeak_3.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_KDE_edu_342_NVU_ST

  Alternativo 

32'2MB

Galego

Xogo do aforcado, repaso de latín, alfabetos internacionais, formas verbais do castelán, entreador de vocabulario, asociar tarxetas e termos, quebrados, figuras xeométricas, trazador de funcións, planetario, táboa periódica, lectura de notas musicais (castelán), titorial de mecanografía, editor de páxinas web (inglés), programación LOGO e editor de exames e tests. Módulo feito a partir da suite KDE Edutainment 3.4.2.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_javaclic*

  Alternativo 

7'0MB

Galego

Programa jClic (clic para Java): reproductor, editor de actividades, actividades de mostra e ligazón para atopar máis na rede. Cómpre cargar tamén o módulo 05_op_java.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_qCAD_2D_2_0_es*

  Alternativo 

7'4MB

Castelán

Programa de deseño asistido por ordenador en 2D QCAD de RibbonSoft, versión 2.0.5.0.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_eagle_CAD-PCB_en_4_14

  Alternativo 

8'0MB

Inglés

Este Módulo contén a versión de balde Light Edition do programa Eagle CAD-PCB (deseño de circuítos electrónicos asistido por ordenador).

Ver 1.4: Non incluído

12_op_chemtool-1.6.10

 

0'3MB

Inglés

ChemTool é un programa para deseño de moléculas complexas.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_mathomatic-12.1c

 

0'1MB

Inglés

Mathomatic é un sinxelo pero potente intérprete simbólico para consola.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_atnag_061003*

  

47'4MB

Galego

Atnag é un programa de autor, unha ferramenta que permite crear diferentes tipos de actividades para infantil e 1º ciclo de primaria (ven con algunhas de mostra). Recoméndase cargar tamén o módulo fontes_x11misc690_nova_bitstream. Dispoñible na sección de descargas.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_edukator_0_6_2_gl*

  merlin.fit.vutbr.cz 

1'0MB

Galego

Catro actividades interactivas sobre matemáticas e física orixinais de Muylkens Toon.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_Anagramarama_0_2*

  Alternativo 

0'7MB

Galego

Xogo de anagramas. Os diálogos están en galego, a lista de termos en inglés (na Real Academia Galega din que non teñen a lista e o programa cifras e letras da TVG non no lo pode pasar... seguiremos tentándoo).

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_op_clipper-1.1.14-1-c

  

5'1MB

Inglés

Clipper é unha linguaxe de programación dBaseIII. Faga clic na icona do escritorio para ver como funciona. Cómpre ter cargado tamén o módulo de desenvolvemento 12_adm_Official_Development_module.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_Lazarus_IDE_Free_Pascal_Compiler_0_9_14

  

75MB

Inglés

Este módulo contén un compilador Pascal (compatible con TurboPascal) e unha IDE (interfaz de usuario) integrada. Ven con moitos exemplos e documentación. Cómpre ter cargado tamén o módulo de desenvolvemento 12_adm_Official_Development_module.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_TuxPaint_0_9_16_stamps_gl*

  Alternativo 

18'2MB

Galego

Divertidos debuxos infantís con moitas figuras engadidas. Para os diálogos en galego cómpre cargar tamén 12_adm_Official_Development_module.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_op_diapositivas_1_gl*

  Alternativo 

19'8MB

Galego

4 coleccións de diapositivas didácticas que sustitúen ao salvapantallas: cambio climático, froitas, instrumentos musicais e o premio nobel de literatura Pamuk (ver autores e outra información en "Os meus documentos", /root/diapositivas).

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_op_diapositivas_2_gl

  Alternativo 

17'1MB

Galego

4 coleccións de diapositivas (salvapantallas): 3 sobre a representación da muller na arte e outra sobre material de laboratorio de electricidade e magnetismo (ver autores e outra información en "Os meus documentos", /root/diapositivas).

Ver 1.4: Non incluído

12_op_maxweb-2.1.1

  merlin.fit.vutbr.cz 

11'7MB

Galego

MaxWeb configura Apache+PHP para traballar con Maxima (descripción no módulo de embaixo) en rede, empregando calquera navegador. Este módulo xa contén todo o necesario (a versión básica 5.14 de maxima e gnuplot) agás o módulo 10_adm_server_517b que ten que estar cargado con anterioridade (vexa información importante sobre seguridade na súa descripción). Non empregue ao mesmo tempo este módulo con 12_op_maxima 5.13. Se só necesita arrincar Galinux-Slax para executar o MaxWeb pode aforrar memoria e facer que vaia mais rápido se non inicia o sistema gráfico KDE. Se ten problemas coa configuración da rede lea isto. Lembre que ten a opción de descargar unha versión de Galinux-Slax que xa ven preparada para funcionar coma LiveCD servidor Maxweb.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_maxima-5.13.0

  merlin.fit.vutbr.cz 

15'8MB

Castelán

Maxima é un programa para matemáticas moi potente. Neste módulo ven a versión para consola rmaxima (engade melloras na edición de comandos), xmaxima para entorno gráfico, unha pequena guía e arquivos de exemplo. O módulo xa contén todas as librerías necesarias (rlwrap, gnuplot e tcl-tk). Se o prefire, co módulo 12_op_maxweb poderá traballar tamén localmente con Maxima pero só na súa versión básica para consola (aínda que algo mais nova). Non empregue ao mesmo tempo os dous módulos.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_Kommander_1_2c

 

0'6MB

Castelán

Kommander é un programa de scripting co que podes deseñar formularios, asistentes, aplicacións, etc. dun xeito moi visual e doado.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_kbabel_1_2

  merlin.fit.vutbr.cz 

1'27MB

Galego

Ferramenta moi estendida para traducir programas.

Ver 1.4: Non incluído

MULTIMEDIA, CONTROLADORES, LIBERIAS, PLUGINS, ETC.
05_op_Java_1_5_JRE_1_5_0_06

  merlin.fit.vutbr.cz 

30'1MB

Castelán

Java de Sun (versión 1.5.06) cos plugins para Konqueror, Firefox e Opera. Necesario para programas coma Clic ou gaLogo e algúns sitios web.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_GtkGLExt_1_2_0b

  merlin.fit.vutbr.cz 

1'6MB

(n/a)

Librería necesaria para outros programas. Non a empregue se non é sinalada como requisito por eles. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Non incluído

13_op_guile_1_6_7

  merlin.fit.vutbr.cz 

30'1MB

(n/a)

Librería necesaria para outros programas. Non a empregue se non é sinalada como requisito por eles. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_codecs_video_1_0

  Alternativo 

12'7MB

(n/a)

Decodificadores para arquivos multimedia de Windows: WMV, ASF, etc. Non é necesario para reproducir DVDs, MPEG, MP3, CD-Vídeo, OGG, etc.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_fotografia_digikam_0_8_0d

  

18'3MB

Galego

Con Digikam+ShowFoto pode importar as imaxes dunha cámara fotográfica, editalas, organizalas en coleccións e exportalas. A tradución é incompleta.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_Bluetooth_1_1

 

2'6MB

Inglés

Módulo para BlueTooth. Ten algunhas limitacións pero é usable.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_realplayer_10_0_8_805

  merlin.fit.vutbr.cz 

6'5MB

Inglés

Por mor da licencia do programa este módulo fai unha instalación "convencional", é dicir, terá que executar o asistente, aceptar a licencia e configuralo como desexe. Cando lle pregunte se quere comprobar actualizacións diga que non (a derradeira é a 10.0.9, semellante a esta).

Ver 1.4: Non incluído

16_op_numlock

  Alternativo 

0'1MB

(n/a)

Por omisión, Galinux-Slax iníciase co teclado numérico deshabilitado coma é habitual en Linux. Isto é o máis recomendable nalgúns casos, coma os portátiles, pero noutros pode resultar incómodo. Con este módulo tanto a consola coma o entorno gráfico inícianse co teclado numérico bloqueado.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_multimedia_converter-1.0

 

10'8MB

Inglés

Converte arquivos multimedia dun formato a outro: WAV/MP3/RM/AAC e AVI/MPG/3GP (teléfonos móviles). Se ao facer conversións de vídeo co programa ffmpeg o son vai desfasado coas imaxes, tente axustar os parámetros ou empregue no seu lugar o programa 3gp-converter coa configuración por omisión. Recoméndase empregar tamén o módulo de codecs de vídeo. Para facer conversións entre outros formatos pode empregar ferramentas de consola que xa veñen por omisión en Galinux-Slax: sox/asox para audio (menú > multimedia) e mencoder para vídeo. Co módulo de audio pode converter arquivos co botón dereito do rato.

Ollo: Non empregue este módulo xunto co módulo de audio. Son totalmente incompatibles e o máis seguro é que Galinux-Slax fique colgado!. Tamén interfire nalgún aspecto pouco importante doutros módulos; o máis significativo é que a reproducción de arquivos de vídeo pode verse perxudicada.

Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_impresoras

 

22'1MB

(n/a)

Controladores para 1100 modelos de impresoras. Un módulo parecido (12_op_printmodule_1_0c.mo) de Agustín Pérez podería ir mellor nalgúns casos (descargalo por ). Vexa as instruccións para configurar a impresora.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_NVIDIA_1_0_8762

  merlin.fit.vutbr.cz 

6'1MB

Inglés

Controladores para moitos modelos de tarxetas gráficas nvidia. Non é imprescindible en moitos casos pero fai que o PC aproveite todas as capacidades da tarxeta. Con algúns mo delos de tarxetas non só non vai mellor senon que o PC non poderá arrincar Galinux-Slax: non o empregue se non o necesita. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_lm_sensors_2_10_0_1

 merlin.fit.vutbr.cz 

0'2MB

(n/a)

Seguemento de temperaturas, voltaxes e ventildores para moitos modelos de hardware (dependendo do modelo da placa). Ir a menú de inicio, sistema, seguemento, monitor (ksysguard) e arrastrar os sensores desexados cara aos gráficos da dereita. Outro xeito de inicialo é tecleando na consola sensors-detect.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_ATI_Desktop_3D_aut_8_31_5

  merlin.fit.vutbr.cz 

13'4MB

Inglés

Controladores para moitos modelos de tarxetas gráficas ATI. Non é imprescindible en moitos casos pero fai que o PC aproveite todas as capacidades da tarxeta. Con algúns modelos de tarxetas non só non vai mellor senon que o PC non poderá arrincar Galinux-Slax: non o empregue se non o necesita. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_ISO_Master_0_8_1_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

0'1MB

Inglés

Editor de imaxes ISO. Podes editar, extraer e engadir arquivos e cartafois, facer CDs arrincables... Por favor, empregue a derradeira versión (1.2).

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_ISO_Master_1_1b

 

0'1MB

Inglés

Editor de imaxes ISO. Podes editar, extraer e engadir arquivos e cartafois, facer CDs arrincables... Por favor, empregue a derradeira versión (1.2)

Ver 1.4: Incluída a vella versión 0.8.1

12_op_isomaster-1.2

 

0'1MB

Inglés

Editor de imaxes ISO. Podes editar, extraer e engadir arquivos e cartafois, facer CDs arrincables...

Ver 1.4: Incluída a vella versión 0.8.1

12_op_AcetoneISO_6_7

  

0'6MB

Inglés

Traballo con imaxes ISO: editor, montar, reproducir, encriptar, gravar, etc. Ollo con montar imaxes grandes que realmente están na memoria (Escritorio e similares).

Ver 1.4: Non incluido

12_op_audio*

 

23'4MB

Inglés

Controladores e complementos para audio (JACK e Timidity MIDI), reproductor de Karaoke/MIDI (galego), secuenciador e editor de partituras (rosegarden, castelán), editor de son (sweep, inglés), arquivos de mostra (cartafol música) e convertidor de formatos de audio facendo clic nun arquivo ou cartafol. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_gimp_2_2_13_en

 

5'5MB

Inglés

Gimp 2.2 é un avanzado programa de deseño gráfico.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_Linux_Webcam_Driver_02

  merlin.fit.vutbr.cz 

0'5MB

(n/a)

Controlador xenérico para webcams.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_xvidcap_1_1_4p1_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

2'4MB

Inglés

Captura vídeos da actividade do escritorio. O botón "reproducir" asume que ten un reproductor que non ven con Galinux-Slax: vaia ao arquivo gardado e faga clic sobre él para reproducilo con kPlayer.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_lingot_074b

  merlin.fit.vutbr.cz 

0'2MB

Castelan

Afinador de instrumentos musicais. Para os diálogos en castelán cómpre cargar tamén o módulo de desenvolvemento, abrir unha consola e teclear export LC_ALL=es_ES.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_lilypond-2.10.29-1.d BETA

 

15'8MB

Inglés

Con Lilypond podes editar partituras en formato texto sinxelo e convertelo en arquivos MIDI, SVG, PNG, PS e PDF. Non aparece nada no menú nin no escritorio, pero facendo clic nun arquivo *.ly farase a conversión a PS, MIDI e PDF dun xeito automático e os gardará en "Os meus documentos". No mesmo cartafol ven un arquivo de proba (Bach.ly) e tes centos deles en mutopiaproject.org; ademais podes obtelos a partir de arquivos MIDI, ABC, ETF e dalgúns programas coma RoseGarden (módulo de audio) que poden exportar a formato Lilypond. As ordes de consola e scripts veñen en inglés, pero ven preparado para traballar con calquera conxunto de caracteres. Recoméndase cargar o módulo para impresoras e o de audio. A estructura interna deste módulo é un pouco estrana: contén algunhas librerías dun xeito que non están acesibles a outros programas, pero poderían xurdir conflictos se emprega ao tempo outras versións das mesmas.

Ver 1.4: Non incluído

INTERNET
12_op_azureus_2_5_0_4-1

 

9'5MB

Galego

Programa de intercambio P2P moi coñecido. Necesitará cargar tamén Java. Cando pregunte se quere descargar actualizacións responda que non. Non empregue firewall ou Azureus funcionará moi mal.

Ver 1.4: Non incluído

11_op_firefox_1506_ga

  merlin.fit.vutbr.cz 

9'7MB

Galego

Navegador web que ven con Flash de Macromedia xa engadido (O navegador por defecto do sistema gráfico KDE é Konqueror, que tamén ven con este complemento en Galinux-Slax).

Ver 1.4: Incluído nos instaladores (no universal vai unha versión adaptada que só funciona no modo web; se desexa empregalo de xeito normal, descargue este módulo)

12_op_Firefox_Flash_Java_2_0_0_6-1_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

45'3MB

Inglés

Macromódulo que contén o navegador Firefox 2.0.0.6, o Flash Player 9.0.48.0 e o Java Runtime Environment version 6 update 2. A icona non aparece no menú KDE, só no escritorio. Non empregar cos outros módulos Firefox e Java.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_seamonkey_1_1_4_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

17'2MB

Inglés

Completa suite de rede con navegador, correo, cliente IRC e edición HTML.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_opera_9_0_es

  merlin.fit.vutbr.cz 

5'0MB

Castelán

Suite de rede con navegador, chat, xestor de correo e noticias, intercambio P2P co protocolo BitTorrent, notas persoais... Pode descargar a versión 9.24, máis nova e en galego.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_opera_9_24

  Alternativo 

7'0MB

Galego

Suite de rede con navegador, chat, xestor de correo e noticias, intercambio P2P co protocolo BitTorrent, notas persoais...

Ver 1.4: Incluída unha versión máis vella no instalador XP

12_op_correo_thunderbird_1_5_en

 

10'3MB

Inglés

Thunderbird 1.5 é un completo e seguro cliente de correo electrónico.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_skype_1_2_0_21_es

  merlin.fit.vutbr.cz 

7'2MB

Castelán

Para facer e recibir chamadas de voz de balde empregando a conexión de internet.

Ver 1.4: Incluído

12_op_P2P_ktorrent_2_1_4_gl

 

2'3MB

Galego

Programa compatible co protocolo P2P BitTorrent para intercambio de arquivos na rede. Se emprega firewall, revise a súa configuración.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_GoogleEarth_4_0_2735b

 

18'3MB

Castelán

Percorre o mundo a vista de paxaro. O vindeiro módulo é unha actualización deste. Se tivese problemas, revise a configuración do firewall. É recomendable empregar controladores de aceleración gráfica.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_googleearth_sky_4_2_180_1134

 

19'0MB

Castelán

Percorre o mundo a vista de paxaro... e tamén o ceo. Se tivese problemas, revise a configuración do firewall. É recomendable empregar controladores de aceleración gráfica. Unha sorpresa: faga clic sobre o mapa e preme Ctrl+Alt+A.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_aMule_2_1_2-2

 

9'1MB

Galego

Programa tipo eMule de intercambio P2P. Se emprega o firewall, terá limitacións na conexión aos servidores (ID baixa). Nalgúns casos este módulo ten dado problemas coma colgar o explorador/navegador konqueror.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

OFICINA
12_op_ooffice21ga*

  merlin.fit.vutbr.cz 

108MB

Galego

Suite ofimática (versión 2.1) con procesador de textos, gráficos, presentacións de diapositivas, follas de cálculo, ecuacións, bases de datos. Ven con un xestor propio de impresoras e un completo corrector. Ollo: este módulo necesita de 250 a 450 MB adicionais de RAM e ter cargado tamén 05_op_Java (non é recomendable empregalo en PCs con memos de 1GB de RAM). Orixinais en mancomun.org. Vexa tamén a seguinte información e a copia da licencia en "Os meus documentos".

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

13_op_traducindote_openoffice

  Alternativo 

0'1MB

Castelán

Este é o "plugin" para OpenOffice do proxecto traducíndote co que pode traducir documentos entre galego, castelán, catalán, portugués e inglés. Bote unha ollada ó seu funcionamento no seu blog. Necesita Openoffice, Java, Firefox 1.5 e conexión á rede.

Ver 1.4: Non incluído

13_op_Scribus_1_3_3_1_gl*

 

11'6MB

Galego

Maquetación, composición gráfica, publicación... con Scribus podes facer folletos, revistas, dossiers, etc. Cómpre cargar tamén o módulo de impresoras.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

08_op_kde_office_ga

 

21'6MB

Galego

Suite ofimática (versión 1.5.1) con procesador de textos, presentacións de diapositivas, folla de cálculo, bases de datos, cliente de correo e outros.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

08_op_aspell-gl-0.50_0

 

5'0MB

Galego

Corrector ortográfico en galego baixo normas de mínimos para KDE. Se está instalado, a suite Koffice o empregará de xeito automático.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

15_op_fontes

 

17'3MB

(n/a)

Engade a fonte "Nova Outubro TTF" (inspiración galega), o conxunto "Arkpandora TTF" (equivalente a equivalente a times, arial, etc.), a fonte "Escolar8" (manuscrita) e as "x11-fonts-misc" (usuais en moitas distribucións). Con este módulo, Galinux-Slax acada 66 fontes e ademais mellórase a visualización de algúns programas.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

10_op_AbiWord_2_2_9-1_gl_dict

  merlin.fit.vutbr.cz 

7'0MB

Galego

AbiWord 2.2 é un procesador de textos que pode importar e exportar moitos formatos e ten xa engadido o corrector de galego baixo normas de mínimos no seu formato propio. Vexa a seguinte información sobre un erro no programa.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

XOGOS
12_op_xadrez_knights*

 

2'2MB

Inglés

Knights é un programa de xadrez co que poderás xogar contra distintos "motores de xogo" ou en rede.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_Risk_1_0_9_2b

  merlin.fit.vutbr.cz 

4'6MB

Inglés

Risk é un famoso xogo de taboeiro. Cómpre cargar o módulo de Java.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_gnubik-2.2

  merlin.fit.vutbr.cz 

0'3MB

Galego

O cubo inventado por E. Rubik. Cómpre cargar o módulo GtkGlExt. Se desexas a funcionalidade de scripts (guións con conxuntos de movementos) carga tamén o módulo Guile.

NOTA: A descarga desde outros repositorios é a versión en inglés.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_Warsow_0_072b

 

30'2MB

Inglés

Warsow é un xogo 3D tipo FPS (first-person shooter) para xogar en rede. Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_wesnoth-1.2.1

 

67'1MB

Castelán

A batalla por Wesnoth é un xogo de estratexia por turnos baseado nun tema fantástico. Non necesita aceleración gráfica. Para os diálogos en castelán cómpre cargar tamén o módulo 12_op_Official_development.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_matrix

 

0'1MB

Galego

Divertido efecto Matrix no teu monitor. Código fonte de Jacobo Tarrío.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_Frozen_Bubble_2.1.0_bombic_0.0.1

 

23'5MB

Inglés

Dous divertidos e sinxelos xogos que non necesitan aceleración gráfica. Nalgúns sistemas o son pode non funcionar en Bombic.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_xadrez_bchess_en*

  merlin.fit.vutbr.cz 

7'7MB

Inglés

BrutalChess 0.5.2 é xadrez en 3D. Podes xogar contra o ordenador, contra outro ou a distancia (internet). Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_ePinball_0_3_1_en*

  merlin.fit.vutbr.cz 

6'2MB

Inglés

Emilia Pinball é o tradicional xogo da máquina dos millóns en 3D. Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_gltron_070_gl*

 

2'5MB

Castelán

Durante meses falamos deste xogo coma "Armagetron advanced". Foi un erro: o nome correcto é GlTron. Armagetron é tamén un xogo de motos de luz virtuais inspirado na película de Disney "Tron", pero non son o mesmo xogo . Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP con nome errado de Armagetron

12_op_real_armagetron_02821

  merlin.fit.vutbr.cz 

1'6MB

Castelán

Armagetron é outro xogo de motos de luz virtuais inspirado na película de Disney "Tron". Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_tennix_0.4.1-1_i386.deb_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

0'5MB

Inglés

Xoga ao tenis contra o ordenador ou un amigo.

Ver 1.4: Non incluído

12_op_SuperTux_0_1_3_gl*

 

8'5MB

Castelán

SuperTux é un divertido xogo de tipo plataforma. Non necesita aceleración gráfica.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

13_op_pacman_0_3_3_es

  Alternativo 

0'1MB

Castelán

Xogo do comecocos.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

13_op_sudoku_0_3_en

  Alternativo 

0'1MB

Inglés

Xogo Sudoku normal e en 3-D.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_flightgear_0_9_10e

 

147MB

Inglés

Excelente simulador de voo. En Galinux-Slax só parece funcionar con chipsets gráficos Intel e necesita unha boa cantidade de RAM. Se o PC vai xusto de memoria RAM deshabilite todo s os módulos opcionais. Ao cargar este módulo Galinux-Slax iníciase só co simulador e ao saír del, o PC apágase sen máis.

Necesitarás botarlle unha boa ollada aos manuais pero ahí van unhas breves instruccións para comezar:

Preme <m> para enriquecer a mistura, <h> para amosar datos importantes e <v> para cambiar o punto de vista; logo acelera con <Pax. atrás>, vai corrixindo a traxectoria con <0> e <Enter> e xa terás despegado.

Este módulo non se pode cargar en vivo.

Se quere executalo con outra resolución, cargar outro avión, etc., edite o arquivo c:/menu.lst (instalado en XP) ou /boot/syslinux/syslinux.cfg (inst. universal) e quite autoexec=xconf;startx. Cando remate o inicio teclee xconf, (+enter) e logo xinit -e /usr/bin/fgfs seguido das opcións desexadas (+enter). Facendo xconf (+enter) e startx (+enter), o xogo comezará coa configuración por omisión (Cessna 127, 1024x768).

Ver 1.4: Non incluído

SEGURIDADE
16_op_KMyFirewall_1_0_1c*

 

1'2MB

Inglés

Protexe o PC de moitos tipos de ataques. Por defecto iníciase dun xeito non moi restrictivo: sempre é unha boa idea revisar a configuración para axeitala ás nosas necesidades particulares ou se algún programa tivese problemas de conexión, xa que pode interferir no funcionamento dalgúns módulos. Este módulo non se debe cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_adm_non_conexions_remotas_ssh

 

4KB

(n/a)

Galinux-Slax ven co servidor SSH activado por omisión; con esa ferramenta vostede pode manexar a distancia o seu PC dende calquera outro pero ao mesmo tempo isto pode representar un risco. Ao cargar este módulo, o servidor SSH quedará deshabilitado, mais aínda poderá empregar SSH para controlar outros equipos dende o seu. Outro xeito de facelo é empregar o Firewall (cómpre configuralo). Este módulo non se pode cargar en vivo. Se desexa deshabilitalas e xa ten Galinux iniciado, abra unha consola e teclee killall sshd

Ver 1.4: Non incluído.

12_op_antivirus_clamav_c

 

11'9MB

Castelán

Os antivirus non son tan imprescindibles en Linux, e menos en Galinux-Slax por comportarse sempre coma un Live-CD. Se aínda o desexa, pode empregar o Antivirus Clam AV, versión "alixeirada": non escanea dun xeito contínuo en 2º plano. O usuario pode iniciar escaneos a man facendo clic co botón dereito nun cartafol/arquivo ou desde o menú de inicio. Por algún motivo descoñecido, se fai clic en "Lista de virus" o programa péchase. Algúns diálogos e opcións están en inglés. Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP. Importante: o incluído no instalador parece que da algún problema. Bórreo e descargue este.

ADMINISTRACION
10_adm_ligazons_XP_en_hda1hda2

  Alternativo 

(n/a)

(n/a)

Fai que Galinux-Slax amose no seu escritorio ligazóns a dous cartafois especiais do disco: os documentos dos usuarios e os módulos opcionais de Galinux-Slax. A versión hda2 amosa estas ligazóns á 1ª e 2ª particións do primeiro disco (de utilidade se Windows non está instalado na primeira delas ou está nas dúas). Se o disco duro non é do tipo IDE-ATA convencional, empregue o seguinte módulo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP (se non houbera particións agochadas)

10_adm_ligazons_XP_en_sda1sda2

  Alternativo 

(n/a)

(n/a)

O mesmo que o anterior, pero deseñado para PCs con unidade de disco duro tipo Serial-ATA (SATA).

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP (se houbera particións agochadas)

13_adm_ferramentas_HD

 

5'1MB

Inglés

Conxunto de ferramentas para facer copias de particións ou discos duros, redimensionar, engadir e borrar particións, etc. Empregar con moita precaución.

Na versión instalada de Galinux-Slax poderá modificar calquera partición agás a que contén Windows XP.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

16_adm_escritura_NTFS_GS14

  Alternativo 

(n/a)

(n/a)

Habilita a escritura nas unidades de disco duro formateadas con NTFS (Windows XP e outros). Empregar con moita precaución.

Na versión instalada de Galinux-Slax poderá escribir en calquera partición NTFS agás a que contén Windows XP. Os arquivos de sistema de Windows (rexistro e outros super-agochados) non se amosan por defecto nin con este módulo cargado. Para máis información empregue man ntfsmount e man ntfsprogs na consola.

Este módulo non se debe cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído agás no instalador universal

13_adm_ferramentas_HD

 

5'1MB

Inglés

Conxunto de ferramentas para facer copias de particións ou discos duros, redimensionar, engadir e borrar particións, etc. Empregar con moita precaución.

Na versión instalada de Galinux-Slax poderá modificar calquera partición agás a que contén Windows XP.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_op_gtk_qt_engine_0_7c

 

0'1MB

(n/a)

Permite cambiar a apariencia das aplicacións GTK (vaia a panel de control).

Ver 1.4: Non incluído

16_op_kbfx-0.4.9.3.1-i686-1jg.gs14g

 

4'9MB

Inglés

Para personalizar o menú e o botón de inicio (a escoller entre varios deseños ou outros achegados polo usuario ou descargables da rede). Faga clic dereito sobre o botón de menú para abrir o programa.

Ver 1.4: Non incluído

16_adm_escritura_NTFS_GS14

  Alternativo 

(n/a)

(n/a)

Habilita a escritura nas unidades de disco duro formateadas con NTFS (Windows XP e outros). Empregar con moita precaución.

Na versión instalada de Galinux-Slax poderá escribir en calquera partición NTFS agás a que contén Windows XP. Os arquivos de sistema de Windows (rexistro e outros super-agochados) non se amosan por defecto nin con este módulo cargado. Para máis información empregue man ntfsmount e man ntfsprogs na consola.

Este módulo non se debe cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído agás no instalador universal

12_adm_Official_Development_module

  merlin.fit.vutbr.cz 

49,7MB

(n/a)

Módulo de desenvolvemento de Slax. Contén librerías, código fuente, compiladores, etc. Non engade nada no menú KDE pero habilita moitas funcións dende a consola de comandos, coma configure + make install, etc. Pode interferir coa reproducción multimedia. Este módulo non se debe cargar en vivo.

Ver 1.4: Incluído no instalador para XP

12_adm_VirtualBox_1_3_8_en

  merlin.fit.vutbr.cz 

12,1MB

Inglés

Emulador de PCs (x86). Podes executar sistemas operativos coma Linux, Windows, DOS ou OpenBSD nunha fiestra ou a pantalla completa, desde CDs "Live" ou de instalación, disquetes, ou as súas imaxes.

Para recuperar rato e teclado, prema a tecla dereita de control. Se carga este módulo en vivo, antes de executar VirtualBox teclee na consola: depmod -ae modprobe vboxdrv

Ver 1.4: Incluído no instalador para Windows

12_adm_virtualbox_1_5_0-1

  merlin.fit.vutbr.cz 

15,7MB

Castelán

Emulador de PCs (x86). Podes executar sistemas operativos coma Linux, Windows, DOS ou OpenBSD nunha fiestra ou a pantalla completa, desde CDs "Live" ou de instalación, disquetes, ou as súas imaxes. Para os diálogos en castelán vaia a menú > preferencias.

Para recuperar rato e teclado, prema a tecla dereita de control. Se está en pantalla completa, tecla dereita de control + inicio. Se carga este módulo en vivo, antes de executar VirtualBox teclee na consola: depmod -ae modprobe vboxdrv

Ver 1.4: Non incluído (no inst. para Windows vai unha versión máis vella)

10_adm_xestor_paquetes_tgz

 

0,6MB

Inglés

Ferramentas Gslap e slap-get para comprobar actualizacións, instalar e desintalar programas Slackware (*.tgz).

Ver 1.4: Non incluído

12_op_vixiante_espazo_libre

  Alternativo  

0,1MB

Galego

Vixía o espazo dispoñible nas unidades de almacenaxe e avisa cando está a piques de esgotarse.

Ver 1.4: Non incluído

10_adm_deb2mo_tgz2

 

0,7MB

Galego

Converte instalables Debian (*.deb) e Slackware (*.tgz) en módulos Galinux-Slax.

Ver 1.4: Non incluído

16_xestor_conexions_netGo_0_5

  Alternativo 

0,2MB

Galego

Módulo empregado para a configuración manual da rede: se atopa o arquivo conf_web.txt no cartafol raíz dalgunha unidade, empregará os seus datos para configurar a rede. Pode encher os datos co asistente para Windows ou facelo a man.

Ver 1.4: Incluído en todas as versións

12_adm_config_pers_Broderskapets_Ring_1-7b

 

0,1MB

Galego

BR-Zettings do noruego permite gardar a configuración do usuario dun xeito totalmente personal. É unha ferramenta moi cómoda para facer a súa versión de Galinux-Slax.

Ver 1.4: Non incluído

12_adm_Rattata_Servicemenus_And_Scripts_1_10-4

  merlin.fit.vutbr.cz 

1,0MB

Inglés

Do mesmo autor que o anterior, contén moitas ferramentas dispoñibles facendo clic co rato dereito sobre un arquivo ou cartafol: comprimir/descomprimir, facer módulos, ou instalables Slackware, borrar de xeito seguro irrecuperable, montar/crear imaxes ISO, etc.

Ver 1.4: Non incluído

12_adm_subversion_1_4_0

 

3,1MB

(n/a)

Cliente SVN para traballos colaborativos de desenvolvemento. Non verá nada novo no menú nin no escritorio: é unha ferramenta de consola.

Ver 1.4: Non incluído

10_adm_server_517b

 

20,9MB

Inglés

Contén unha chea de ferramentas e programas para servidores: dhcp-3.0.4, mysql-5.0.22, sendmail-8.13.7, vsftpd-2.0.4 e outros. Se emprega o firewall revise a súa configuración e se non o emprega asegúrase moi ben do que fai: lembre que Galinux-Slax sempre inicia sesión como administrador. A escritura está prohibida por omisión en unidades NFTS (Windows XP e Vista) pero non a lectura. Terás expostos por omisión servicios nos portos 21 (FTP), 22 (SSH), 25 (SMTP), 80 (HTTP), 110 (POP3) e 143 (IMAP).

Ás veces cómpre executar modprobe capability. O módulo procede dunha versión especial de Slax e non temos testadas todas as ferramentas, pero algunhas é seguro que necesitan ser configuradas polo usuario.

Guía rápida: pon en /var/ftp/ e en /var/www/htdocs os arquivos do teu sitio web. Lembra axustar os permisos e que podes facer ligazóns (symlinks) a outros cartafois.

Este módulo non se pode cargar en vivo.

Ver 1.4: Non incluído

12_adm_swaret-1.6.2_slackware10.2_es_b

 

0,1MB

Castelán

Xestor de instalacións/paquetes para consola. Ven preconfigurado para Slackware 10.2 (Galinux-Slax 1.X). Se desexa modificar os parámetros, vaia a /etc/swaret.conf. Só as mensaxes do sistema van en castelán: a sintaxe a empregar é a orixinal en inglés.

Guía rápida: abra unha consola, teclee swaret --update, agarde a que remate a consulta en internet e logo faga swaret --list para ver a lista de instalacións/anovacións posibles. Para axuda, swaret --help.

Ver 1.4: Non incluído

 

^^

O LIVE-CD DE INICIO

Permite arrincar o PC sen necesidade de ter instalado sistema operativo ningún nin mesmo disco duro. Desde a versión 1.4 só contén os módulos imprescindibles para iniciar Galinux-Slax, sen máis complementos que o xestor de conexións netgo.

Para empregar o Live-CD, vaia á sección de descargas, garde o arquivo coa imaxe ISO e grave o CD. Pode atopar na rede instrucións e titoriais para gravar imaxes ISO en CD con distintos programas comerciais (Nero, Easy CD, etc.) ou de balde, como Isorecorder ou K3b (xa ven con Galinux-Slax sen complementos). Se é posible, asegúrese de que a gravación non ten erros.

Deixe logo o CD na unidade lectora e arrinque de novo o PC. Se o ignora e fai o mesmo que sempre, é porque a BIOS non está configurada para iniciar desde CD. Se non coñece a combinación de teclas para entrar na BIOS durante o inicio, consulte a documentación do seu PC. No sitio de Slax ten máis instruccións.

Se escolle un modo de inicio que deixe memoria RAM dabondo sen empregar, poderá empregar módulos en vivo con Galinux-Slax Live-CD. Pode modificar as opcións predefinidias de inicio empregando "cheatcodes" (vexa a documentación no cartafol /docs/slax do CD).

En xeral non é boa idea escoller un modo de inicio con máis complementos dos que vaia a empregar, xa que Galinux-Slax iniciarase máis lento. Os modos de inicio son:

  • Normal: Copia todos os módulos á memoria RAM e inicia o entorno gráfico. Necesitará uns 500MB, máis se vai cargar módulos adicionais en vivo.
  • NormalCD: O mesmo que o anterior, pero sen copiar os módulos na memoria RAM; ou sexa, cada vez que Galinux-Slax necesite ler datos dun módulo o fará desde o seu arquivo no CD. Isto ten a ventaxa de necesitar menos memoria RAM e iniciarse un pouco mais axiña, pero non poderá retirar o CD da unidade lectora e todo irá máis lento unha vez iniciado Galinux-Slax. Cuns 300MB vai ben.
  • Web: modo "kiosko" só inicia o navegador Firefox (nalgúns PCs pode tardar algúns segundos desde o inicio do entorno gráfico) e a configuración da rede. Ao pecharse a fiestra orixinal do navegador, iniciará o proceso de apagado. Recoméndanse uns 500MB de RAM.
  • WebCD: O mesmo pero sen copiar os módulos na memoria RAM, coas mesmas ventaxas e problemas que normalcd. Recomendamos ter uns 300MB pero é usable con moito menos (sobre todo se fixo arquivos de intercambio de memoria).
  • Seguro: coma o modo normal, pero deshabilita a detección dalgunhas compoñentes hardware e emprega configuracións de mínimos. Pode ser de utilidade para recuperar outros sistemas operativos, depuración, etc. (cargando os módulos que necesite) pero non terá acceso a redes, dispositivos externos, etc.
  • SeguroCD: O mesmo pero sen copiar os módulos á RAM.
  • Galinux: Inicia o PC desde o Live-CD, pero carga todo desde unha copia do mesmo gardada no cartafol “galinux” doutra unidade de almacenase. Ou sexa, é algo a medio camiño entre unha instalación e o Live-CD (nalgunhas distribucións chámanlle "nesting" a isto). Por exemplo, se ten Galinux-Slax instalado en Windows XP, cargará os módulos desde c:/galinux/base e non desde o CD. Tamén pode facer a man un cartafol chamado galinux en calquera unidade e copiar nel todo o CD. Este modo de inicio ten moitas ventaxas: é máis rápido e pode decidir cales módulos adicionais vai empregar a cotío con só movelos ou copialos ao cartafol /galinux/base. Ademais, como non copia os módulos á memoria, necesita menos cantidade dela.
  • Test: Non inicia Galinux-Slax, só fai comprobacións da memoria RAM ata que prema a tecla <esc>. Déixeo funcionando un bo número de horas par obter resultados fiables.

No cartafol "extras" do CD atopará ferramentas para facer arquivos de intercambio de memoria, configurar a man a conexión e un módulo para traballar con sesións permanentes.

Na seguinte táboa amósase unha comparación entre o Live-CD e os instalables:

 

  Live-CD de inicio Instalado en Windows XP Instalador universal
Disco duro non necesita ningún sistema operativo preinstalado (nin mesmo disco duro) cómpre ter Windows XP instalado na unidade c:\ de disco duro cómpre incialo desde DOS/Win/Linux
Memoria mínima Desde 250 megabytes
(modo só navegación)
Desde 200 megabytes
(modo só navegación)
Desde 200 megabytes
(modo só navegación)
Durante o inicio é

moito máis lento

moito máis rápido moito máis rápido (non con algunhas memorias USB/BIOS)
Despois do inicio é

máis lento (exec. desde o CD)
máis rápido (copiado en RAM)

normal normal
Configuración por omisión só é posible configurala modificando o arquivo coa imaxe ISO ou empregando "cheatcodes" no inicio moi doado de configurar, durante e despois da instalación (no menú de inicio) configurable despois da instalación
Outros aspectos positivos podes levalo contigo onde queiras

moi cómodo para traballar sempre no mesmo PC coexistindo con Windows XP

ven con moitos módulos opcionais e configurar todo é moi doado

con unidades externas podes levalo contigo onde queiras e gardar os cambios na mesma unidade
Outros aspectos negativos

cómpre gravar o CD

ás veces hai que configurar a BIOS para que o PC arrinque desde a unidade lectora de CDs

ocupa uns 700 MB no disco duro

a unidade no que se instala non pode ser a de inicio doutro sistema operativo

o instalador ver sen módulos adicionais: cómpre descargalos deste sitio

ás veces hai que configurar a BIOS para que o PC arrinque desde a unidade onde se instalou

 

En termos xerais, pódese dicir que o instalable para Windows XP é a mellor opción se non é usuario habitual de Linux; se non ten Windows ou xa coñece Galinux-Slax, recomendámoslle o instalador universal.

^^

INSTALACION E DESINSTALACION EN WINDOWS XP

Requisitos:

O programa instalador para Windows XP instalará Galinux-Slax no seu PC, asumindo que ten un disco duro c:\ con Windows XP e unha cantidade variable de memoria RAM (vexa na sección Live-CD unha comparativa entre as dúas versións). Se instala poucos módulos por defecto ou ningún, poderá empregalo en PCs con pouca RAM.

Se escolle demasiados complementos para a RAM dispoñible, é posible que a instalación remate con éxito pero Galinux-Slax non poida arrincar desde disco duro ou o rendemento sexa moi pobre. Vexa na sección mellorar o rendemento como empregar Galinux-Slax en PCs con menos memoria da recomendada ou facer que vaia máis rápido.

Este programa instalador só está deseñado para Windows XP (debería funcionar ben con calquera versión desde NT pero no con Vista). Se desexa instalar Galinux-Slax desde outro sistema operativo ou en calquera unidade de almacenaxe interna ou externa, empregue o instalador universal.

Instruccións:

Descargue e execute o programa instalador (necesita ter permiso de administrador).

O asistente (ver pantalla da versión 1.2) preguntaralle cales complementos quere instalar por defecto. Non se preocupe motio: se máis tarde quere cambiar a súa escolla, poderá facelo despois da instalación.

Logo terá que decidir se quere empregar algunhas ferramentas moi útiles pero que poden ser perigosas, sobre todo nas aulas:

  • Ligazóns aos documentos de Windows e módulos opcionais: Son só atallos a estes dous cartafois. Se non os emprega, non deixarán de estar accesibles para lectura, pero non serán tan doados de atopar coma facendo un clic no escritorio, xa que tería que procurar algo coma /mnt/hda1/documents&settings/usuario/Os meus documentos. Despois da instalación pode cambiar a súa opción movendo o módulo 10_adm_ligazons_XP
  • Escritura en unidades NTFS e ferramentas de disco e particións: Se os habilita poderá escribir nas unidades formateadas con NTFS (Windows XP e outros), agás a que contén o propio Galinux-Slax instalado. Se desexa facelo nesa, empregue o Live-CD. Tamén terá instaladas ferramentas para copiar, cambiar o tamaño, engadir, mover, borrar e formatear particións. ¡Empregar con moita precaución!. Despois da instalación pode cambiar a súa opción movendo ou renomenado os módulos 14_adm_escritura_NTFS e 13_adm_ferramentas_HD

O asistente pediralle que reinicie o PC e escolla no menú de Windows XP a nova opción creada: "Xestor de inicio para Galinux-Slax". Verá unhas estranas mensaxes e o PC iniciarase de novo. Esta vez escolla "Windows XP" e comezará a segunda parte do asistente. Nos reinicios, se o PC non amosara a opción de inicio "Xestor de inicio para Galinux-Slax", cancele a 2ª parte da instalación, vexa como arranxalo aquí, reinicie e complete agora a 2ª parte da instalación.

Se o ordenador non ten Windows XP instalado na 1ª partición do 1º disco duro, o asistente preguntaralle cal é a primeira "de verdade" na 2ª parte da instalación. Este é un caso típico en PCs que veñen cunha partición de recuperación ou teñen outros sistemas operativos instalados. Se Windows XP ocupa a 1ª partición real, non necesitará facer nada en especial. Prema seguinte ata rematar a 2ª parte e listo.

En menú de inicio > programas > Galinux-Slax agora verá varias opcións interesantes:

Empregar o xestor de inicio "vello" fai que Galinux-Slax arrinque máis axiña, aínda que podería non ser compatible con algúns modelos. Instalar arquivos de intercambio de memoria virtual é sempre recomendable. Se desexa que Galinux-Slax garde os cambios nas configuracións e documentos, execute o asistente "Sesións de traballo" (tamén pode mover a man o módulo c:\galinux\opcionais\sesion.mo).

Por último, o asistente de configuración de rede é útil para configurar a súa conexión de xeito permanente se o seu proveedor non ofrece a configuración automática (servidor activo DHCP).

Cando a instalación remate e teña todo configurado ao seu gusto, poderá reiniciar de contado o PC para executar Galinux-Slax ou seguir a traballar en Windows XP.

Recoméndase visitar este sitio para descargar outros complementos ou versións máis novas dos recén instalados. Se o desexa tamén pode editar o arquivo c:/menu.lst para modificar as opcións de inicio (vexa c:/galinux/docs/).

Desinstalar:

Para desinstalar Galinux-Slax (ver pantalla) vaia a Menú de Inicio > Programas > Galinux-Slax > Desinstalar Galinux-Slax (tamén pode empregar o panel de control de Windows).

Se ten máis dunha unidade de almacenaxe, ao remate da desinstalación comprobe se no cartafol raíz delas aínda están os seguintes arquivos: grldr, grldr.096, grldr.097, initrd.gz, vmlinuz e menu.lst (4’6 MB en total). Estes arquivos non se borrarán de xeito automático nas outras unidades pero pode borralos a man despois da desintalación.

Sempre é recomendable ter unha copia do arquivo c:\boot.ini e só ocupa uns cantos bytes, polo que a copia de seguridade feita en c:\bootini.galinux non será borrada durante a desinstalación.

Notas sobre a instalación:

Durante o proceso non se farán novas particións nin nada polo estilo: copiaranse todos os arquivos ao cartafol c:\galinux\ e uns poucos ao cartafol raíz c:\

Tamén engadirase unha liña ao arquivo c:\boot.ini; deste xeito, en cada reinicio poderá escoller entre executar Windows XP ou Galinux-Slax (ou calquera outro sistema operativo que estea xa instalado).

A instalación típica ocupa uns 700 MB no disco duro: non se copiará nada ao directorio de Windows XP nin no sector de inicio.

Aínda así recoméndase facer copia de todos os seus documentos e configuracións importantes antes de proceder coa instalación.

Instalar Galinux-Slax pode interferir con outras distribucións Linux que empregen o xestor de inicio Grub-NTFS. Sen embargo con aquelas que empregan o xestor Grub "normal" non parece interferir de ningún xeito: desde Grub pódese chamar ao inicio de XP coma sempre, e desde este a Galinux-Slax. En calquera caso non se arrisque se non está seguro de que paga a pena tentalo.

^^

INSTALADOR UNIVERSAL

Con esta versión poderá facer unha instalación mínima arrincable de Galinux-Slax 1.4 en calquera unidade de almacenaxe con máis de 195MB ceibes, agás as que sexan de só lectura, coma CDs ou DVDs. e disquetes (capacidade moi pequena). Se desexa instalar e executar Galinux-Slax desde unha unidade de disco externa, memoria USB, etc. esta é a mellor opción. Pode executar este instalador desde MS-DOS, FreeDOS ou calquera versión de Microsoft Windows (aínda non foi comprobado en todos eles) e tamén desde Linux. Se ten Windows XP instalado, recoméndase empregar o instalador específico para XP.

Esta versión da instalación sobreescrebe o sector de inicio da unidade onde se instale (MBR) e non poderá executar calquera outro sistema operativo que estea instalado nela. Por exemplo, se o executa desde C:\, se houbera ahí unha instalación de Microsoft Windows ou doutra distribución Linux, deixarán de funcionar. Se así o fixera por erro, aínda pode arranxalo sen reinstalar todo. O instalador fai algunhas comprobacións antes de escriber nada na unidade e amosará advertencias se coida que podería estropear a instalación preexistente doutros sistemas operativos.

Para instalar Galinux-Slax co instalador universal faga o seguinte:

  • Descomprima todos os arquivos.
  • Asegúrese de ter a unidade onde vai instalalo estea formateada e con 195MB ceibes.
  • Mova todos os arquivos descomprimidos ao cartafol raíz da unidade onde vai instalalo.
  • Execute instalar.bat ou ./instalar.sh e siga as instruccións con atención.
  • Reinicie o PC e, se a unidade é externa, déixea conectada.
  • Revise na BIOS que o inicio desde a unidade estea habilitado coa prioridade axeitada.
  • Ao salir da BIOS coa unidade conectada, o PC arrincará Galinux-Slax.


Esta versión non ten complemento ningún: visite este sitio e descargue os módulos que desexe. Se ten a versión para XP instalada pode coller de c:\galinux\ moitos módulos sen ter que descargalos.

No cartafol "extras" atopará ferramentas para facer arquivos de intercambio de memoria, configurar a man a conexión e un módulo para traballar con sesións permanentes.

Non todas as memorias USB e unidades externas de disco admiten o inicio desde elas: se a instalación rematou con éxito e a BIOS está ben configurada pero Galinux-Slax non se inicia, pode deberse a iso.

^^

ERROS COÑECIDOS

  • Por algún motivo, Openoffice 2.1 non le ben os carácteres con til do teclado. Como solución provisional, pode empregar as seguintes combinacións en Writer (o procesador de textos) para introducilos (macros asignadas a atallos de teclado):

    CTRL+[a,e,i,o,u] = á, é, í, ó, ú
    CTRL+MAY+[a,e,i,o,u] = Á, É, Í, Ó, Ú

    Para outros como ü, empregue menú, inserir, carácteres especiais. Lembre que pode copiar e pegalos entre aplicacións.
  • O firewall que vai co instalador para Windows parece que pode dar problemas: bórreo e descargue o novo arquivo dende este sitio.
  • A lectura e escritura en unidades co formato NTFS non é aínda perfecta. Os cartafois ou arquivos con til ou caracteres non habituais non serán visibles. Nas operacións de escritura poden xurdir erros, sobre todo con traxectorias moi longas (de moitos caracteres). Para traballar con normalidade nestas unidades, recoméndase agardar á versión 2.0 de Galinux-Slax.
  • Non se recomenda empregar a papeleira do lixo. O seu funcionamento non é coma ás semellantes de Windows e ás veces xurden conflitos; por exemplo, enviar arquivos ao lixo desde Galinux-Slax en unidades NTFS, case sempre fai que XP leve a cabo un chequeo da unidade no momento do seu inicio. Tamén con algunhas memorias USB ás veces resulta imposible desde XP borrar arquivos enviados ao lixo. Se está seguro de desexar borrar arquivos, mellor empregue a opción do botón dereito "borrar".
  • A versión de KDE empregada tiña un erro que afectaba á vista no explorador de arquivos das unidades de almacenaxe. Na versión 1.3 ese erro foi arranxado, pero podería acontecer o mesmo problema en circunstancias moi pouco habituais. Se fora o caso, vaia ao menú de inicio de Galinux-Slax e abra unha nova fiestra "almacenaxe".
  • Os documentos gardados en sucesivas sesións permanentes poderían non conter todos os cambios feitos. O máis seguro é empregar este tipo de sesións só para configuracións, facendo copia a man dos documentos importantes.
  • Sexa prudente cargando módulos en vivo con Galinux-Slax xa iniciado. Se non ten memoria RAM dabondo sen empregar, algúns programas ou mesmo o sistema poderían ficar colgados. No seu lugar, configure os módulos a cargar con cada inicio sempre que sexa posible. Se ten dúbidas, vexa antes o estado da memoria facendo clic na icona do escritorio. En xeral, cómpre non cargar máis de un ou dous módulos "en quente" e ter unha cantidade de RAM sen empregar maior do dobre do tamaño deles. Vexa tamén a solución a outros problemas.
  • No procesador Abiword a corrección vaise facendo ao mesmo tempo que a escritura (ás veces terá que configurar a man o idioma da corrección). Pero se preme o botón de corrección, o programa pecharase sen darlle a oportunidade de gardar o seu traballo. Este erro no funcionamento do programa só se corrixe cargando as fontes adicionais.
  • Facendo clic na pestana de "Listaxe de virus" o antivirus Clam pecharase.
  • Nalgúns portátiles (sabemos que pasa en modelos Acer e Dell) cómpre editar o arquivo menu.lst e engadir a liña acpi=off despois de autoexec e antes de noload.
  • O módulo de Bluetooth ten un problema derivado dun erro na versión de Konqueror empregada en Galinux-Slax 1.x. Pode enviar e recibir arquivos sen problema, pero ao explorar os contidos doutros dispositivos coma teléfonos móviles desde a icona na bandexa obterá o erro: "URL mal formado". Se o dispositivo e a configuración de seguridade permiten a exploración, edite na barra de direccións a URL sustituíndo sdp:// por obex:// seguido do enderezo do dispositivo entre corchetes e rematando en /, coma neste exemplo. Antes da exploración necesitará ligar o dispositivo coa ferramenta "Bluetooth Serial Chat" (menú de inicio, internet; escolla porto serie/COM). Teña presente que algún modelo de hardware Bluetooth podería non funcionar. Para averiguar o enderezo do dispositivo, vaia a /var/lib/bluetooth/names.
  • Non é boa idea empregar sesións permanentes se vai alternar o uso entre inicio normal e só navegación web: galinux-slax lembrará como dato importante que a derradeira vez que se inicio o fixo nun destes modos e non lle deixará cambialo ata que borre/mova/renomee o arquivo seseion.mo.
  • Nalgúns equipos novos poden aparecer problemas co hardware.

Se ten algún problema non recollido neste apartado, consulte a vindeira sección.

^^

PREGUNTAS E RESPOSTAS

  1. ¿Empregar Galinux-Slax mancará a instalación de Windows XP ou borrará os meus documentos?
  2. ¿Porque hai programas en inglés, castelán e en galego baixo distintas normativas?
  3. ¿Porque demo tería eu que empregar Galinux-Slax?
  4. ¿Cal é a contrasinal do administrador?
  5. ¿Porque ás veces vexo mensaxes de texto en branco e negro que semellan erros?
  6. Ao premer unha combinación de teclas, algo aconteceu.
  7. ¿Podo instalar Galinux-Slax se non teño Windows XP?
  8. ¿Porqué traballastes sobre Slax e non outra distribución Linux?
  9. O meu PC non pode iniciar Windows XP.
  10. O meu PC non pode iniciar Galinux-Slax.
  11. ¿Porque o teclado numérico non está habilitado no inicio?
  12. Ao rematar o inicio a pantalla fica en negro.
  13. Ao cargar módulos doutras distribucións non vexo nada novo no menú de inicio.
  14. ¿Como configuro a impresora?.
  15. Teño problemas con algún programa.
  16. A conexión a internet non funciona.
  17. ¿Como podo facer unha versión persoal de Galinux-Slax?
  18. ¿Podo empregar o meu escáner, Wifi, Bluetooth e outras compoñentes?
  19. Quero gardar os cambios na configuración e documentos ó remate de cada sesión.
  20. ¿Como podo mellorar o rendemento ou empregar Galinux-Slax con pouca RAM?
  21. Teño problemas co vídeo/audio
  22. Non vexo un módulo co programa interesante xyz.
  23. ¿Podo empregar programas doutras distribucións?

1-¿Empregar Galinux-Slax mancará a instalación de Windows XP ou borrará os meus documentos?

Nunca pódese dicir non ao 100%... pero non. O programa instalador para Windows XP é coma calquera outro de outro programa e non fai nada perigoso coma cambiar o sector de inicio (MBR) ou facer particións novas. Xa en tempo de execución, por defecto Galinux-Slax pode ler as particións NTFS (as empregadas por Windows XP) mais non pode escribir nelas.

Mesmo se emprega o módulo que habilita a escritura en discos formateados con NTFS (Windows XP) e as ferramentas de disco duro é case imposible acadar unha desfeita porque a escritura na mesma unidade de inicio (a que contén Windows XP segue sen ser posible. Pero ollo, co Live-CD esta protección adicional non existe: arrincando no modo "administración" poderá modificar calquera das particións.

En unidades de disco ou particións adicionais con outros formatos podería perder datos ou corromper outros sistema operativos instalados se borra ou modifica arquivos de xeito intencionado, coma consecuencia dun corte no suministro eléctrico ou non apagando o PC do xeito establecido. É dicir: os mesmos riscos que se emprega Windows ou calquera outra cousa.

O instalador universal sí que pode ser perigoso, xa que instala Galinux-Slax na unidade onde está copiado e sobreescrebe o seu sector de inicio. Vexa neste sitio coma empregalo para instalar Galinux-Slax onde non afecte a outros sistemas operativos (discos externos, internos sen S.O., memorias USB, etc.). De tódolos xeitos, ao executalo fai algunhas comprobacións e sempre pide confirmación antes de facer nada.

A opción de instalación "Axustes en PCs con Windows XP non instalado na 1ª partición" foi un engadido da versión 1.3. Ata o de agora non temos noticia de problema ningún, pero se non quere arriscarse non a empregue, sabendo que Galinux-Slax podería non funcionar a pesares de rematar a instalación con éxito.

^^

2-¿Porque hai programas en inglés, castelán e en galego baixo distintas normativas?

Galinux-Slax ten unha estructura lingüística en tres capas: galego, castelán e Inglés.

Se un programa ou ferramenta foi traducido por nós ou algún voluntario ao galego, isa será a lingua na que traballará. Se non é así, empregamos o castelán, e se tempouco é posible, entón as mensaxes, menús, etc. amosaranse en inglés, o cal é o idioma por defecto en toda distribución Linux.

Os programas e ferramentas son traducidos por equipas ou voluntarios distintos, e por iso atoparás distintas variedades do galego. Pola outra banda, Linux emprega para os seus adentros distintas linguaxes, scripts, etc. e non todos eles permiten representar o ñ, o til...

Nalgunha ocasión non paga a pena un esforzo de moitas horas para traducir uns poucos termos. Un exemplo: no menú de inicio, traducir algúns elementos é dunha certa complexidade técnica. Ben, nós preferiamos "Rematar" e non "Terminar", pero ese pequeno troco levarianos moitas horas de traballo que non adicaríamos a tarefas máis productivas.

Coidamos que esta situación mellorará no futuro grazas ao entusiasmo daqueles voluntarios.

^^

3-¿Porque demo tería eu que empregar Galinux-Slax?

1- Por liberdade. Non estarás suxeito aos dictados dun quasimonopolio, aos seus formatos pechados, ás políticas de "ciclo de vida" (deixar de actualizar as versións antigas), ás contrasinais e activacións de productos, ás conexións por internet coa súa empresa sen que o usuario o saiba...

2-Pola seguridade das distribucións Linux. Esta non chega aos límites teóricos máximos de seguridade porque tentamos acadar un compromiso razoable coa usabilidade (por exemplo, o usuario por defecto sempre é administrador do sistema). Así e todo, ao longo dos anos vaise confirmando que calquera distribución Linux é máis estable, fiable e segura que os sistemas operativos de Microsoft. As ameazas como virus, troyanos, etc. no mundo Linux son case anecdóticos.

3-Polo manexo doado. Calquera que teña sido usuario de Windows XP atopará "cada cousa no seu sitio" e unha aparenza visual familiar. A meirande parte dos programas, menús, etc. están en galego e a instalación de módulos é un xogo de nenos.

4-Por estar adaptado ao entorno educativo. Por unha banda ven con unha chea de programas e ferramentas de utilidade para docentes e alumnos. Pola outra, é case imposible alterar por despiste (ou non despiste:) os documentos gardados no PC e a instalación previa de Windows XP. Mesmo ofrece unha opción de inicio na que só se pode navegar pola rede. E pode configurar complementos e ferramentas a vontade.

5-Porque con cada inicio podes escoller entre os dous sistemas operativos. E se o noso traballo non che gusta nada de nada, quitas o Live-CD da unidade lectora ou desfás a instalación, e todo fica coma se nunca o tiveras empregado.

6-Os teus documentos seguen a estar ahí. Podes empregalos en Galinux-Slax porque ven con programas e ferramentas que poden traballar con boa parte dos teus documentos, presentacións de diapositivas, arquivos multimedia, etc.

7-Porque o único que necesitas é ter memoria RAM dabondo. Se o teu PC xa ten uns cantos anos, verás que vai moito máis rápido con Galinux-Slax. Mesmo sen estar instalado dun xeito real, Galinux-Slax arrinca case sempre máis axiña que outros sistemas operativos (dependendo dos módulos cargados).

8-Manter o teu Windows XP áxil. Ao facer desinstalacións en Windows XP non queda todo como estaba, aínda que o pareza. Probar programas e o simple uso a cotío, fai que pouco a pouco vaia perdendo rendemento. E non esquezas defragmentar o disco duro de cando en vez, baleirar o lixo, borrar arquivos temporais... Pola contra, con Galinux-Slax tes un sistema operativo limpo con cada reinicio.

9-Poderás executar programas e ferramentas que non hai para outros sistemas operativos. E mesmo podes executar eses outros sistemas operativos cos emuladores para Linux.

10-E por último: é de balde. En moitas comunidades xa non pagan licenzas por sistemas operativos nos centros educativos.

^^

4-¿Cal é a contrasinal do administrador?

O usuario por defecto é root e o contrasinal, toor (o mesmo lido ao revés). Normalmente non necesitará estes datos máis que para desbloquear unha sesión en KDE.

^^

5-¿Porque ás veces vexo mensaxes de texto en branco e negro que semellan erros?

Durante o proceso de inicio poderá ver algunha mensaxe "alarmante". O máis normal é que Galinux-Slax andaba a procurar algún periférico no PC e non o atopou, ou ben tentou varias configuracións para un deles. É algo normal.

Durante o apagado tamén poderá ver en ocasións mensaxes como "Error: bad window". É debido a que os procesos todavía non pechados tentan comunicarse co sistema gráfico e non o conseguen, porque xa non está activo. Non pasa nada.

^^

6-Ao premer unha combinación de teclas, algo aconteceu.

En Galinux-Slax moitas combinacións de teclas son similares ás de Windows Xp, pero hai unhas poucas especiais propias de Linux, entre elas:

Ctrl-Alt-F1, pasa a visualizar as saídas do sistema. Para voltar ao entorno gráfico prema Ctrl-Alt-F2 (Ctrl-Alt-F7 nun entorno multiusuario).

Ctrl-Alt-Borrar inicia o proceso de apagado.

^^

7-¿Podo instalar Galinux-Slax se non teño Windows XP?

Si: empregue o instalador universal. Con el pode instalar Galinux-Slax en calquera cousa (discos externos ou internos, memorias USB, etc.) desde DOS, Windows ou Linux.

O instalador para XP non foi comprobado con todas as versións de Windows semellantes. Vai especificado para XP por precaución, pero debería de funcionar sen problemas con elas (non con 95 e 98).

Se executa o programa instalador para Windows XP en Windows Vista, aínda que todo semelle ir ben, Galinux-Slax non arrancará. Polo de agora non hai unha versión instalable para Vista, pero se ten outra unidade de almacenaxe pode empregar o instalador universal. A dicir verdade, a instalación para Windows XP xa case é compatible con Vista (a versión 2 de Galinux-Slax terá un instalador para todas as versións de Windows desde a 95). Pode facer a instalación en Windows Vista pero terá que empregar o Live-CD coa opción de inicio "galinux" cando desexe iniciar Galinux-Slax cargando os módulos instalados no disco duro. Teremos feito un instalador para Windows Vista en moi pouco tempo.

Mesmo é posible facer unha instalación Linux real, que se inicia moito máis axiña e non esqueze os cambios nas configuracións e documentos, pero é máis complicado. Nos sitios web e foros das distribucións Slax e Slackware atopará módulos e instruccións para facer distintos tipos de instalacións. Procure tamén información na rede sobre discos de inicio, particións, FreeDos, Rawwrite, SysLinux, IsoLinux, pendrivelinux...

^^

8-¿Porqué traballastes sobre Slax e non outra distribución Linux?

Pola súa estructura modular e lixereza, e tamén porque o sistema gráfico KDE pareceunos o máis axeitado (aínda que Slax 5 ven tamén con Fluxbox e xfce).

^^

9-O meu PC non pode iniciar Windows XP.

O máis probable é que non teña nada que ver coa instalación de Galinux-Slax. O único perigo é se tenta facer cambios a man no arquivo c:\boot.ini. Non edite este arquivo se non sabe moi ben o que está a facer.

En calquera caso, se Windows XP non puidera arrincar por mor dunha corrupción no arquivo c:\boot.ini, faga o seguinte:

  • Arrinque o PC desde o CD orixinal de Windows XP.
  • Elixa a opción "repair a Windows XP installation using Recovery Console" premendo R.
  • Teclee bootcfg /rebuild para reconstruir un arquivo boot.ini novo.

Se non dispón do CD pero pode empregar outro sistema operativo para arrancar, lembre que Galinux durante a instalación terá feita unha copia de seguridade do arquivo orixinal, polo que bastaría con renomear ou copiar c:\bootini.galinux como boot.ini

Mesmo é moi posible que outros programas instalados teñan feito con anterioridade outras copias do mesmo arquivo con nomes como boot.bak ou similares.

Arrincando desde versións moi anteriores de Windows, MS-DOS e algunhas distribucións Linux non poderá arranxar ese arquivo, xa que non poden ler nin escribir en particións NTFS se non é coa axuda de ferramentas adicionais. Pode empregar o Live-CD de Galinux-Slax para editar este arquivo.

Chegado o caso de ter que editar a man boot.ini, lembre que o normal é que este arquivo estea oculto (pero non en Linux).

O seu contido típico (PC cun só disco duro ATA e Windows XP instalado nel) podería ser coma este:

[boot loader]
timeout=5
default=multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINDOWS
[operating systems]
multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINDOWS="Microsoft Windows XP Home Edition" /fastdetect

Nos seguintes enderezos atopará máis información e ferramentas:

http://www.thpc.info/how/editbootini.html http://support.microsoft.com/default.aspx?scid=kb;en-us;330184
http://www.skeeterbytes.com/ultimatecd.htm
http://www.xmission.com/~comphope/issues/ch000492.htm

^^

10-O meu PC non pode iniciar Galinux-Slax.

As causas máis frecuentes de que Galinux-Slax non poa iniciarse poden ser:

Problemas con hardware especial: Actualización xaneiro 2009: Galinux-Slax 1.4 vai moi ben con ordenadores fabricados en torno ao 2006. Con modelos mais antigos pode facer que funcione ben con algúns axustes; cos modelos mais novos o hardware que máis problemas está a presentar son algúns discos duros SATA (sobre todo Western Digital) e as tarxetas gráficas. Recoméndase non empregar ningún driver para tarxetas gráficas (para a maioría dos programas, non os necesitará). Nalgúns casos son outras as compoñentes que dan problemas. Por exemplo, con modelos Compaq presario os problemas veñen polo son e co Acer Inspire One cómpre empregar o parámetro nohotplug. Deste xeito Galinux-Slax arrincará pero non terá acceso a internet. En xeral, se o PC detense na metade do inicio ou reiníciase de xeito ininterrumpido, pode acontecer que algunha compoñente do hardware non sexa compatible: algúns discos duros semi-defectuosos, dispositivos externos USB, algunhas tarxetas gráficas ou dispositivos lectores de tarxetas poden ser fonte de problemas. En especial algúns modelos de tarxeta ATI/Radeon dan moitos problemas. Nalgúns casos é imprescindible empregar o módulo cos controladores ATI e noutros todo o contrario. Sabemos tamén que o mesmo aconteceu cunha tarxeta gForce e solucionouse co módulo para tarxetas nvidia (móvao ao cartafol /base ou escollao na instalación en XP).

Pode facer que Galinux-Slax complete o proceso de inicio renunciando a algunha destas compoñentes (o modo de inicio sen erros funciona deste xeito), pero se emprega a versión instalada, o mellor é que descobra a causa do problema: Abra co bloc de notas o arquivo c:\ menu.lst e engada as seguintes opcións (máis información en c:\galinux\docs\slax\cheatcodes.txt):

kernel /vmlinuz max_loop=255 init=linuxrc load_ramdisk=1 prompt_ramdisk=0 ramdisk_size=4444 root=/dev/ram0 rw from=galinux/ autoexec=startx nohotplug acpi=off nopcmcia noagp nodma nocd noload=12_modo_na

(tamén falta xconf; despois de autoexec= ,para que a tarxeta gráfica se inicie en modo compatible VESA)

Deste xeito, Galinux-Slax non poderá xestionar moito hardware, nin terá acceso á rede nin a unidades lectoras de CD. Cómpre facer varias probas borrando en cada una de elas unha destas opcións, ata atopar cal delas é a que causa o erro. Logo pode decidir se renunciar ao compoñente de hardware ou procurar no sitio web de Slax módulos con drivers específicos para o mesmo.

O menú de inicio de Windows XP non chega a amosar as opcións: Abra con calquera editor sinxelo de texto o arquivo c:\boot.ini e localice o termo "timeout" (teña moito coidado de non estragar o arquivo modificando outras liñas). Un valor axeitado pode ser uns 10 segundos. Se é moi pequeno, o usuario non terá tempo dabondo para facer a súa escolla e o PC sempre iniciará Windows XP. Tamén pode cambiar este valor en Menú de Inicio > Configuración > Panel de Control > Sistema > Opcións Avanzadas > Inicio e Recuperación. Outra causa de que non vexa a opción de "Xestor de inicio de Galinux-Slax" pode ser que xa tivera editado o arquivo boot.ini con anterioridade: se contén máis de 10 liñas, non amosará as demais (é un erro de Windows XP).

Bash: Can't acess TTY; Job control turned off: Galinux-Slax tentou cargar demasiados módulos para a RAM dispoñible. Se emprega o Live-CD escolla unha opción máis modesta; para a versión instalada, deshabilite algún módulo opcional movéndoo de c:/galinux/base cara a c:/galinux/opcionais. Se inicia Galinux-Slax desde un dispositivo externo, pode acontecer este error con algúns modelos de BIOS e memorias USB sen ter nada que ver coa cantidade de módulos.

Windows XP non está instalado na primeira partición do disco duro: Aínda que a unidade de Windows sexa c:\, cada vez son máis os fabricantes que engaden unha primeira partición oculta de recuperación. Por exemplo, modelos de sobremesa como os Compaq presario ou moitos portátiles levan o Windows XP orixinal nunha partición FAT que é a primeira. Co Live-CD este problema non existe, pero na versión instalable vería as mensaxes:

Filesystem type is XXX, partition type XXX
...
Error 17: File not found.

Na segunda parte da instalación sinale cal é a primeira partición real. Se ten dúbidas, marque as que lle pareza: o único mal será que terá uns 4 megas con arquivos inútiles e o menú de inicio amosará opcións que non necesita (se o desexa, lea en c:/galinux/docs/grub.html como editar o arquivo c:/menu.lst).

 

^^

11-¿Porque o teclado numérico non está habilitado no inicio?

Non todos os teclados poden ser configurados de xeito automático polo hardware dos PCs. Isto en sistemas operativos instalados de verdade como Windows XP configúrase unha vez e listo, pero non é o caso con Galinux-Slax. Pense que nun portátil pode ser moi incómodo ter o teclado numérico habilitado por defecto. Desde a versión 1.4 pode empregar o módulo numlock para que Galinux-Slax comece sempre co teclado numérico bloqueado.

^^

12-Ao rematar o inicio a pantalla fica en negro.

Antes de comexar o xestor gráfico, Galinux-Slax tenta autoconfigurar a tarxeta de vídeo para aproveitar as súas posibilidades, pero ás veces xurde algún problema ou ben o monitor non atura a resolución e número de cores escollidos.

A solución máis doada é axustar a man estes parámetros coas combinacións de teclas Ctrl-Alt-Máis e Ctrl-Alt-Menos. Traballando con sesións permanentes xa non terá que configurala de novo.

Se o problema persiste ou non quere empregar sesións permanentes, inicie con Windows XP e edite o arquivo c:\menu.lst borrando o texto xconf; O novo contido de menu.lst será como segue:

title Inicio normal de Galinux-Slax
root (hd0,0)
kernel /vmlinuz max_loop=255 init=linuxrc load_ramdisk=1 prompt_ramdisk=0 ramdisk_size=4444 root=/dev/ram0 rw from=galinux/ autoexec=startx noload=12_so_na
initrd (hd0,0)/initrd.gz
boot

(Observe que todo o vai desde kernel ata 12_so_na é unha única liña)

Edite do mesmo xeito a entrada "Iniciar Galinux-Slax (modo só navegación").

Facendo isto Galinux-Slax empregará a tarxeta de vídeo en modo VESA sen aceleración ningunha, isto é: máxima compatibilidade, pero peor rendemento gráfico.

^^

13-Ao cargar módulos doutras distribucións non vexo nada novo no menú de inicio.

O menú de inicio (menú K) de Galinux-Slax non é o que ven por defecto co sistema gráfico KDE. Se non aparecen nel as entradas dos novos programas, vaia a /mnt/live/memory/images, atope o nome do módulo cargado e busque arquivos do tipo *.desktop (pode empregar a opción de konqueror "Procurar arquivos"). Ao facer clic neles o programa ou ferramenta tentará executarse. Algunhas veces os programas veñen sen eses accesos. Entón busque os executables (con moita frecuencia non teñen extensión ningunha no nome do arquivo, nada de *.exe ou similares), en sitios coma /usr/bin e logo abra unha consola e teclee ./nome_do_programa (desde konqueror pode empregar a opción "Executar programa"). En calquera caso unha vez atopados, pode poñer accesos directos no menú de inicio ou no escritorio. O xeito máis doado é arrastrar o arquivo e, cando se lle pregunte ao liberar o botón do rato, escolla "Ligar aquí". Tamén podería interesarlle ísto.

^^

14-¿Como configuro a impresora?.

Primeiro, comprobe que ten o módulo de impresoras en c:\galinux\base, non en c:\galinux\opcionais. Logo no menú de inicio vaia a sistema de impresión, engadir nova impresora. O máis usual é ter unha impresora local nun porto USB. Se tiña a impresora conectada cando iniciou Galinux-Slax, amosarase o modelo e número de serie e a conexión nun dos portos. Se non é o caso, terá que saber cal é o porto no que a ten conectada ¿USB1, USB2...?. Ao premer seguinte, escolla a marca e logo o modelo (Nota: ESP non é unha marca, son controladores para moitas impresoras PostScript).

¿E se non hai o seu modelo?. Probe con un semellante da mesma marca e case con seguridade funcionará ben. E teña en conta que Openoffice ven co seu propio xestor de impresoras: se ten sorte, o seu modelo exacto vai nel. Tamén pode procurar na sección de enderezos módulos ou instalables de outras distribucións cos controladores que necesite.

No resto das preguntas do asistente deixe todo como apareza (se tenta imprimir a páxina de proba non pasará nada, xa que está baleira) e só na derradeira páxina do asistente terá que poñer un nome á súa impresora.

No momento de imprimir un arquivo, o PC pode amosar unha mensaxe dicindo que non pode facer unha conversión de formato. Prema "mantener" e imprimirase con normalidade.

^^

15-Teño problemas con algún programa ou arquivo

Unha fonte de problemas habitual é o uso de sesións permanentes, como por exemplo, cos programas que empregan Java. Isto arranxarase na versión 2 de Galinux-Slax.

Tamén os módulos en vivo poden dar problemas se están gardados en unidades de lectura só. Se é o caso, móvaos a calquera outro sitio, coma o escritorio de Galinux-Slax e cárgeos desde ahí facendo clic neles.

Ás veces, abrir unha consola e teclear ldconfig pode solucionar algúns problemas, sobre todo cos módulos cargados en vivo.

Nas versións instaladas é aconsellable que os módulos non teñan permiso de execución (se non sabe o que é isto o máis seguro é que emprega a versión para Windows XP e de todos modos non o podería cambiar).

O deseñador de interfaces QT... ¿Que e iso?. Non é doado traballar con él sen saber bastante programación. Se quere facer unha proba, abra o programa, cree un formulario, gárdeo en calquera sitio, troque a extensión do arquivo .ui a .kmdr e faga clic sobre él.

As axudas habituais en KDE case non están traducidas ao galego, pero sí as de moitos dos módulos opcionais. Nalguns casos atopará máis información en algúns cartafois coma /usr/doc/galinux/nombre_do_modulo.txt ou outros.

Moitas veces o problema non é tal, se non que necesita cargar algún módulo con alguna funcionalidade. Por exemplo, os arquivos MIDI non poden escoitarse en Galinux-Slax (nin en moitas distribucións) sen complementos que non veñen por defecto ou o hardware específico axeitado: empregue o módulo de audio. No caso de GoogleEarth, se non carga controladores para a tarxeta gráfica, os desprazamentos poden ser moi lentos. Sempre é máis que recomendable ler a documentación dos módulos que esté a empregar e a sección de erros coñecidos (e se coida que atopou un, por favor, comuníquenolo).

^^

16-A conexión a internet non funciona

Ao iniciarse (en calquera modo agás sen erros), Galinux-Slax autoconfigura a conexión se hai un servidor DHCP na rede (coma no caso de moitos operadores de ADSL e cable). Ollo: algúns routers poden fallar ao asignar IPs fixas en Galinux-Slax.

Se non obten a conexión ethernet autoconfigurada pode empregar calquera destes outros métodos alternativos:

-Tentalo de novo dúas ou tres veces: inicio > internet > autoconfigurar rede (ao reiniciar o PC perderase)

-Introducir os parámetros da conexión a man: inicio > internet > configurar (ao reiniciar o PC perderanse)

-Configurar os datos da conexión para sempre:

En cada inicio Galinux-Slax procura dous arquivos especiais de configuración que poden estar no cartafol raíz de calquera unidade de almacenaxe. O primeiro deles é é config.txt, que contén un script bash (pequeno programa) no que vostede pode darlle calquera orde a Galinux-Slax. As vantaxes de config.txt son tres: pode empregarlo para facer calquera outra cousa coma por ex. configurar Wifi con ndiswrapper, execútase antes de iniciar o sistema gráfico e non depende de ningún módulo. Pola contra, ten que saber un pouco sobre a consola linux. De calquera xeito pode coller este exemplo (os datos son os típicos dunha rede interna) e adaptalo ás súas necesidades.

O outro xeito de facelo é co arquivo conf_web.txt, que contén os datos da(s) conexión(s) que logo o xestor de conexións "NetGo" aplicará ao iniciar o sistema gráfico (empregará por omisión a conexión chamada "por_defecto"). Pode editar un conf_web.txt a man a partir dun modelo ou crealo co asistente para windows XP, que na versión instalada está en Inicio > Programas > Galinux-Slax > Conexión a Redes e nas outras versións van no cartafol /extras. Aínda hai outro xeito de crealo: iniciar Galinux-Slax e empregar netGo para configurar a rede; logo no explorador de arquivos escolla "amosar agochados", vaia a /root/.qt/netgorc (en "Os meus documentos") e copie este arquivo coma conf_web.txt no cartafol raíz de calquera unidade. Aquí ten un modelo de conf-web.txt:

por_defecto/interface=eth0
por_defecto/mode=None
por_defecto/ip=69.77.210.17
por_defecto/netmask=255.255.255.0
por_defecto/gateway=69.77.210.1
por_defecto/ns1=69.77.2.190
por_defecto/ns2=69.77.2.180

 

^^

17-¿Como podo facer unha versión persoal de Galinux-Slax?

Na sección de enderezos ten información e descargas sobre:

O xestor de inicio: Galinux-Slax emprega a mesma adaptación particular do xestor grub da distribución Tolopogilinux (grub para NTFS).

MySlax creator: Programa para Windows que permite editar a imaxe ISO do Live-CD dun xeito moi doado. Pode escoller o fondo do escritorio, módulos, autoexecutables, etc. e facer instalacións arrincables do seu Live-CD en memorias USB (coma o instalador universal). Necesitará copiar a man algúns arquivos ao cartafol raíz do CD/USB (vmlinuz e initrd.gz) e editar syslinux.cfg/isolinux.cfg. Tamén pode editar imaxes ISO cargando o módulo 12_op_ISO_master.

RawWrite: Para facer disquetes de inicio.

Facer módulos propios: Tal vez o mellor xeito de aprender sexa botar unha ollada en /mnt/memory/imaxes ao código fonte dalgúns módulos opcionais. Se é usuario habitual de Linux, a guía para facer Módulos resultaralle doada.

Crear módulos desde o explorador de arquivos Konqueror é moi doado: faga clic nun cartafol co botón dereito e escolla 'facer módulo co cartafol'. Tamén pode facelos en Windows co programa MySlax creator, pero se o módulo contén executables, é moi posible que non vaian ben por problemas cos permisos de acceso-escritura. Tería que empregar este programa con cartafois gardados en unidades de almacenaxe formateadas con algún sistema de arquivos Linux, e facelo visible en WIndows XP con ferramentas coma IFS.

Ademais, desde a consola de comandos pode chamar a outros programas relacionados: mo2dir, dir2mo, deb2mo, img2mo, tgz2mo, gardarsesion, recuperarsesion... Pode empregar as ferramentas deb2mo e tgz2mo (empregue o módulo de conversión) para converter instalables doutros formatos en módulos. Nos foros de Slax tamén atopará moita información.

Configuración personalizada gardada nun módulo: Faga os cambios que desexe na configuración de Galinux-Slax e desde a consola teclee gardarsesion /mnt/sda1/aomeugusto.mo (ou calquera outro); logo copie este módulo no cartafol c:\galinux\base. Se emprega o Live-CD pode editar a imaxe ISO para engadilo ou ben renomealo como sesion.mo e copialo no cartafol raiz de algunha unidade de almacenaxe. Ollo: algunhas configuracións non serán gardadas, coma os datos da conexión de redes. Neses casos ten que teclear IP,DNS e Porta de enlace (gateway) en cada inicio (botón de inicio, internet, configurar conexión). Se lle parece farragoso ou complicado... ¡agarde á versión 1.4, porque só terá que facelo unha vez ou ningunha!. O módulo 12_adm_config_pers_Broderskapets_Ring_1-7b permite gardar as súas configuracións personalizadas con moita comodidade.

Ferramentas e documentación: O arquivo ferramentas.zip (sección de enderezos) contén programas, documentación e ferramentas para personalizar Galinux-Slax ou inicialo de distintos xeitos. Pola súa banda, Slackbook.zip é unha recompilación de documentación sobre Slackware (feito a partir do módulo do mesmo nome de Agustín Pérez.)

Empregar un cartafol rootcopy: É un cartafol especial de Slax no que pode meter os arquivos que desexe e serán integrados non sistema de arquivos despoís de todos os módulos (procure información no sitio Slax.org).

^^

18-¿Podo empregar o meu escáner, Wifi, Bluetooth e outras compoñentes?

Temos dispoñibles xa módulos con controladores para algúnhas compoñentes, pero para outras non. Nestes casos, procure os instalables dos que necesite noutras distribucións e próbeos: é moi posible que funcionen ben.

O módulo de impresoras non leva controladores para o escáner das multifunción nin temos aínda feito un módulo para eles. Procure en outras distribucións a ferramenta máis habitual: sane e xsane.

No menú de inicio, internet, ten unha entrada para configurar Wifi, máis non funcionará se non carga os controladores para o seu modelo (pode empregar os de Windows con ndiswrapper). Tampouco temos un módulo feito polo de agora para iso. Se non os atopara noutras distribucións, coa ferramenta ndiswrapper poderá empregar os de Windows, pero para configurar ben e con seguridade unha conexión Wifi terá que botar man da consola ou scripts de inicio en moitos casos (o módulo xestor_conexións_netgo fai a tarefa moi doada).

Para as tarxetas gráficas non son necesarios controladores específicos agás algún xogo ou programa particular. Ten para descarga módulos con controladores axeitados para tarxetas nvidia e ATI; pola súa banda, moitos modelos de Intel (habituais en portátiles) non necesitan en ningún caso controladores adicionais.

Para Bluetooth, empregue o módulo correspondente.

^^

19-Gardar os cambios na configuración e documentos

Durante a execución de Galinux-Slax non se permite (por defecto) a escritura a discos duros con sistema de arquivos NTFS (Windows NT, 2000 e XP). Por iso a instalación non é unha instalación Linux "real", se non que funciona máis ou menos como unha copia do Live-CD (aínda que máis rápida e sempre dispoñible). Isto fai que o inicio de Galinux-Slax non sexa todo o rápido que puidera ser, pero torna case imposible que interfira ou corrompa arquivos de Windows XP por accidente ou erro do usuario.

Polo mesmo, cando remate cada sesión de traballo con Galinux-Slax, os cambios e documentos perderanse se non os garda nunha partición que non sexa NTFS, CD, dispositivo USB, disquete, etc.

Os documentos sempre pode gardalos a man nunha unidade de almacenaxe axeitada antes de apagar o PC, aínda que as preferencias do usuario, historial de navegación, etc. perderanse.

Sen embargo, hai un xeito moi doado de gardar os documentos e tamén as configuracións, empregando un módulo especial chamado sesión.mo. Pode atopalo no cartafol "extras" do Live-CD e do instalador universal, ou en "c:\galinux\opcionais" na versión para XP.

Copie o módulo sesion.mo no cartafol raiz dunha unidade de almacenaxe que non teña formato NTFS (ou sexa, non vale onde vai Windows XP) coma unha memoria Flash USB, discos duros con formatos FAT32 (Windows 98 e similares), Ext (Linux), FAT16 (MS-DOS), etc. Mesmo un disquete pode valer no caso de só quera gardar as configuracións, non documentos.

¡Xa está!. Desde agora, cada vez que o inicie, Galinux-Slax recuperará por sí mesmo os documentos e configuracións anteriores, actualizandoos ademais ao remate da sesión. Se nalgunha ocasión non desexa que o faga, prema 'Enter' durante a conta atrás de 10 segundos que se amosará na pantalla durante a carga de sesión anterior. Do mesmo xeito, antes do apagado total poderá cancelar a actualización do módulo.

Todo isto funciona do seguinte xeito:

Ao iniciarse Galinux-Slax, sempre procura no cartafol raiz de cada unidade de almacenaxe o módulo sesion.mo. Se o atopa, cargará os cambios feitos durante a sesión anterior (configuración e documentos) e que están almacenados nese módulo. No remate da sesión o actualizará cos novos cambios antes de apagar o PC.

Facendo unha copia do arquivo sesion.mo, pode levar a todas partes os seus documentos e configuracións nun dispositivo USB, CD ou similar.

Aviso: As sesións permanentes están todavía en fase de probas. É aconsellable gardar de cando en vez os seus documentos máis importantes a man.

É posible facer e xestionar módulos propios contendo documentos e configuracións e con nomes distintos a sesion.mo, pero istos non serán cargados de xeito automático se non os coloca no cartafol c:\galinux\base. En calquera caso, desaconséllase para o usuario normal.

^^

20-Mellorar o rendemento ou traballar con pouca RAM.

Para empregar Galinux-Slax en PCs con menos memoria da recomendada ou mellorar o rendemento en xeral, pode optar por

Instalar Galinux-Slax nun disco duro

O inicio sempre é máis lento desde o Live-CD e a velocidade da unidade lectora sempre é determiñante. A opción "Execución en RAM" consume preto do dobre da versión instalada e iníciase con preguiza, aínda que logo todo vai moi rápido. Iniciando Galinux-Slax desde unidades externas, algúns PCs tardan moito tempo en ler os arquivos vmlinuz e initrd.gz.

Limitar os módulos a cargar no inicio

Na sección programas e complementos atopará información sobre os módulos opcionais e como deshabilitalos unha vez feita a instalación. Aínda que teña RAM ceibe sen empregar, non cargue os módulos que non vaia necesitar e gañará en velocidade.

Empregar Galinux-Slax só para navegación web

Escolla no menú de inicio a opción "Inicio navegación web". O mínimo de RAM "oficial" é de 192MB na versión instalada e 256 no Live CD, pero se emprega arquivos de memoria virtual e o PC non é moi vello, funcionará con aínda menos ca iso (con tan pouca RAM, nas versións anteriores á 1.4 pode tornarse demasiado lento ó cabo dun tempo de funcionamento.)

Se lle pedirá que revise a configuración detectada da conexión a Internet (rede local, telefónica e WiFi). Se está de acordo cos datos amosados, pode sair dos asistentes ou minimizalos. Se a conexión á rede non funciona, vexa como arranxalo aquí. Para apagar o PC peche a fiestra principal do navegador (Firefox 1.5) ou prema Ctrl-Alt-Borrar.

Facendo clic co botón dereito do rato en calquera lugar baleiro do escritorio, abrirase un pequeno menú. Iso é todo o que poderá facer. Tendo en conta que está pensado para navegar en centros educativos, a idea é minimizar riscos e tamén oportunidades de despite (chats, xogos...), máis hai unha opción "segreda" que pode ser moi útil: premendo Alt-Ctrl-Shift-K ou Alt-Ctrl-Shift-C terá a consola de comandos en pantalla.

O navegador neste modo de execución ven co complemento Flash habilitado, mais non o de Java.

En algúns PCs desde que vexa o cursor do rato na pantalla ata que se abra o navegador pode pasar un intre.

Empregar espazos de intercambio de memoria a disco duro

Permite executar moitos máis programas en PCs con moi pouca memoria, pero é recomendable empregalos en calquera caso, sobre todo se quere empregar módulos en vivo. Hai dous xeitos de facelo:

  1. Execute o asistente para Windows de arquivos de intercambio de memoria. Na versión para XP vaia a Inicio > Programas > Galinux-Slax > Memoria virtual. No instalador universal e no Live-CD está no cartafol "extras".

    Se o prefire, ou non emprega Windows XP, pode crear arquivos de intercambio a man: só compre asegurarse de ter unha unidade xa formateada con calquera sistema que non sexa NTFS. Desde Galinux-Slax abra unha consola e teclee fileswap seguido da ruta do arquivo e o tamaño en megabytes; por exemplo, fileswap /mnt/hda2/virtual.mem 400. Tamén pode descargar este arquivo de intercambio prefabricado , descomprímao (ollo:crece ata 200MB), e móvao ao cartafol raíz dalgunha partición ou disco non NTFS. Se xa está executando Galinux-Slax, sinale a súa existencia co comando swapon, como por exemplo: swapon /mnt/hda2/virtual.mem

  2. No mesmo ou noutro disco duro, cree unha partición de intercambio para Linux. Galinux-Slax atoparana cando arrinque e a empregará sen ter que configurar nada. Este sistema é o máis eficiente pero teña coidado: un despiste na manipulación das particións pode arruinar os seus documentos e sistemas operativos instalados. Non o recomendamos se non sabe moi ben o que fai.

    Desde Windows XP non poderá facer particións de intercambio a menos que instale algún programa como por exemplo, Paragon Partition Manager (comercial). Traballando con Galinux-Slax pode empregar as ferramentas de disco duro e particións que veñen no módulo 13_adm_ferramentas_HD.mo (aparecen en menú inicio, sistema, xestión). Lembre que a versión instalada non permite facer en ningún caso modificacións na mesma partición onde está Windows XP: cómpre usar o Live-CD ou unha instalación noutra unidade.

O tamaño desexable para unha partición/arquivo de intercambio é algo maior cá cantidade de memoria RAM do PC.

Non aconsellamos empregar para particións/arquivos de intercambio unidades de almacenaxe que poidan resultar lentas, en especial dispositivos de memoria USB.

Defragmentar o disco duro

Mantendo o disco duro defragmentado, non só Galinux-Slax funcionará mellor, se non tamén outros sistemas operativos. Se emprega arquivos de intercambio (memoria virtual), é máis que recomendable manter alomenos eses arquivos defragmentados.

^^

21-Teño problemas co vídeo/audio.

Algúns módulos poden interferir na reproducción de vídeo. Sabemos que pode acontecer co de audio, o de ferramentas de disco duro, algún de conversión de formatos vídeo/audio e o antivirus clamAV. Nestes casos, aínda poderá reproducir vídeo se deshabilita o audio (nas preferencias do reprodutor escolla o dispositivo null).

Os problemas co son moitas veces soluciónanse desde o panel de control, obrigando ao entorno KDE a liberalo se non está en uso. O programa Rosegarden do módulo de audio pode informar ao inicio de que a resolución do núcleo é moi baixa. Nalgúns casos isto pode facer que a reproducción de son non vaia axustada ao tempo pero só se pode resolver recompilando o núcleo (procure información na rede). Tamén sabemos que con Squeak-Scratch hai problemas co son.

Por último, Galinux-Slax non xestiona ben o son dalgúns modelos recentes de ordenadores portátiles.

^^

22-Non hai módulo para un programa interesante.

O interese e utilidade dalgún programa é só un parámetro máis a ter en conta á hora de adaptalo como módulo, entre outros coma o tempo necesario para facelo, as linguaxe dispoñibles ou a traducir, a licencia, a idoneidade para ser empregado nun sistema operativo que non gardas os cambios nos documentos por defecto, etc. Se bota de menos algún, lembre que pode instalar programas doutras distribucións. De tódolos xeitos, ás veces pódese pensar que un determinado tipo de programa non está dispoñible cando non é así. Por exemplo, nos módulos para descargar non atopará ningún de mensaxería... porque Galinux-Slax xa ven con un por defecto (inicio, internet, kopete).

^^

23-Empregar programas doutras distribucións.

Na sección de enderezos ten moitos sitios onde atopar programas en todos os formatos.

  • Formato Slax (.mo): Hai centos de módulos para Slax e outras distribucións baseadas nel. Case todos funcionarán ben con Galinux-Slax. Se desexa converter módulos de versións anteriores de Slax (coa extensión .img) empregue a ferramenta de consola img2mo. Para probar módulos da versión en preparación de Slax 6, cómpre descargar desde Slax.org o módulo lzm2dir e logo facer o módulo desde os arquivos descomprimidos (botón dereito do rato).
  • Formato Slackware (*.tgz): A ferramenta pkgtool permite instalar programas deste formato (non está visible no menú se non iniciou en modo administración, pero sempre pode empregar a consola). O módulo 10_adm_xestor_paquetes_tgz fai moi doado xestionar, instalar, desintalar, anovar, etc. os instalables Slackware. Ademais, co módulo 10_adm_deb2mo_tgz2 cargado, pode converter un arquivo tgz en módulo. Teña presente que non todos os arquivos coa extensión tgz son instalables de Slackware: se a conversión detense cunha mensaxe de erro, comprobe que sexa un auténtico instalable (¿onde o atopou?) e non un arquivo comprimido tgz sen máis.
  • Formato Debian/Ubuntu (.deb): inicie Galinux-Slax có módulo de conversión 10_adm_deb2mo_tgz2 cargado. Copie/mova o arquivo debian a "Os meus documentos" (/root); logo faga clic co botón dereito e escolla "converter a módulo".
  • Formato RedHat (.rpm): inicie Galinux-Slax có módulo de conversión. Copie/mova o arquivo rpm a "Os meus documentos" (/root), abra a consola e teclee rpm2tgz ./nome_do_programa.rpm
  • Código fonte: inicie Galinux-Slax có módulo 12_adm_Official_Development_module cargado, descomprima o arquivo descargado e siga as instruccións dos autores. O máis usual é ter que abrir unha consola no mesmo cartafol, teclear "./configure" e logo "make install".
  • Outros formatos: hai programas que son autoinstalables en varios formatos; a maior parte das veces funcionan sen problemas.
  • Se o desexa pode editar e mellorar os Módulos convertidos doutras distribucións

Consellos importantes:

  • En termos xerais os programas que teñen máis posibilidades de funcionar ben á primeira son os módulos Slax 5/derivados e os de Slackware 10.2, sendo os de RedHat os máis problemáticos. Cando algo vai mal case sempre débese a algunha dependencia non dispoñible. Ou sexa, que tería que instalar antes as librerías, complementos, etc. necesarios para que o programa funcione (vexa a documentación do programa). En Galinux-Slax sen módulos opcionais cargados, as librerías e programas instalados son estos, pero os módulos adicionais engaden outras en moitos casos de xeito "colateral".
  • Cando faga a conversión a módulos desde instalables noutros formatos, aconséllase mover o novo módulo a /base e reiniciar, sen cargalo en vivo.
  • En xeral o máis doado é instalar as versións que acostuman a poñer os autores nos seus propios sitios web, xa que o habitual é que veñan cos complementos necesarios integrados. Por exemplo, a páxina oficial de descargas de Debian non é práctica, xa que moitos dos programas dependen de outros, librerías, etc. que podería ter que cargar con anterioridade.
  • Se ao probar un módulo non ve nada novo no escritorio ou no menú de inicio, vote unha ollada a isto.
  • Se sabe que o programa instalado ven traducido pero segue en inglés, procure en /usr/????/LC_MESSAGES o arquivo de traducción correspondente ao programa (a extensión deles é por casualidade a mesma que a dos módulos Galinux-Slax: .mo) e cópieo a /opt/kde/share/locale/??/LC_MESSAGES. Moitas veces facer isto arranxa o problema.
  • En Galinux-Slax por defecto hai as mesmas ferramentas de consola que en Slax 5 para facer conversións, pero empregar os módulos sinalados neste apartado da mellores resultados e resulta máis doado (por exemplo, para converter desde RedHat, tería que teclear na consola rpm2tgz --nodeps --force e logo empregar tgz2mo).
  • O comezo do nome que lle poña aos módulos procedentes de conversión é importante. A numeración sinala a Galinux-Slax a orde na que se cargan. Empregar 12_nome_do_modulo.mo soe dar bos resultados, pero pode experimentar cos números desde o 10 ata o 16.

^^

ENDEREZOS DE INTERESE

Sitios oficiais de Galinux-Slax

http://www.galinux.org http://www.galinux.es http://www.galinux.org.es redireccionando todos eles a
http://www.xente.mundo-r.com/net/galinux.htm
https://forxa.mancomun.org/projects/galinux-slax/ (repositorio)
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/d3_galinux/ (CD co código fonte)

Distribucións relacionadas

http://www.slax.org/?lang=es
http://www.slackware.com

Módulos de Slax e outras distribucións baseadas nel

Vexa información importante sobre como empregalos en Galinux-Slax

ftp://www.slax.org/
Sitio oficial de Slax. Os módulos da derradeira versión NON son compatibles con Galinux-Slax

http://merlin.fit.vutbr.cz/mirrors/slax/
Copia do sitio de Slax.

ftp://ftp.linux.cz/pub/linux/slax//
Copia do sitio de Slax.

http://ftp.fi.muni.cz/pub/linux/slax/SLAX-5-modules/
Copia dos módulos oficiais de Slax, rápido pero sen descripcións.

http://ftp.sh.cvut.cz/MIRRORS/slax/SLAX-5-modules/
Copia dos módulos oficiais de Slax, rápido pero sen descripcións.

http://public.planetmirror.com/pub/slax/SLAX-modules/
A única vantaxe deste sítio engorroso é a clasificación alfabética e a localización de módulos antigos. Para converter módulos *.img ao formato *.mo empregue a ferramente de consola img2mo.

http://www.las.ic.unicamp.br/pub/goblinx/
Case 100 módulos desta distribución brasileira.

http://wolvix.org
Uns poucos módulos propios.

http://www.fordi.org/
Módulo con 425 fontes tipográficas.

Podería acontecer que outras distribucións baseadas en Slax comezen a desenvolver módulos propios, como a versión francesa de Slax, NimbleX ou Scientific Linux.

Módulos de Galinux-Slax compatibles ao 100% con Slax

Pode empregar algúns dos nosos módulos (galego ou castelán) na edición orixinal de Slax 5. Desafortunadamente, a ligazón coa listaxe xa non está operativa (xa non hai soporte oficial para a versión 5 de Slax). Os Máis importantes: OpenOffice+corrector en galego, Firefox en galego e castelán, AbiWord+corrector en galego, etc.

Programas instalables Slackware (*.tgz)

ftp://ftp.slackware.com/pub/slackware/slackware-10.2/slackware
http://www.linuxpackages.net
http://slackware.sukkology.net/packages/
http://www.slacky.eu/repository/slackware-11.0/
http://www.mytux.org/content/viewslackpackage.php
http://packages.slackware.it/browse.php?q=10.2
http://ftp.lanet.lv/ftp/mirror/Slackware/slackware/
ftp://ftp.uniovi.es/pub/slackware/slackware
http://adrenalinux.com.ar

Programas instalables Debian (*.deb)

http://www.debian.org/distrib/packages.en.html

Programas instalables Red Hat (*.rpm)

ftp://ftp.qilinux.it/pub/QiLinux/stable/current/SRPMS/

Personalizar Galinux-Slax

http://www.gnu.org/software/grub/manual/
http://myslax.bonsonno.org/
http://www.chrysocome.net/rawwrite
http://www.xente.mundo-r.com/net/ferramentas.zip
http://www.xente.mundo-r.com/net/slackbook.zip

Linux

http://www.linux.org
http://www.livedistro.org
http://espadistros.es/distros

Linux en galego/para o ensino

http://trisquel.uvigo.es
http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/
http://www.linux-galicia.org

^^

¿QUEN SOMOS?

Galinux xurde no 2006 por iniciativa de Teo Ramírez Jorquera (IES Concepción Arenal de Ferrol). Durante o curso 2006-2007 estivemos constituídos coma grupo de traballo no CFR de Ferrol desenvolvendo algúns dos módulos para as versións 1.3 e 1.4 e fumos:

IES Concepción arenal: T. Ramírez, P. Vara, E. Bascuas, M. Bonome, Ana Beojardín e C. Ramil. CEIP Ibáñez Martín: Ó. Martínez. IES As Telleiras: Mª Estraviz. CMUS Xan Viaño de Ferrol: Fco. San Ramón e G. Sánchez. CMUS Vigo: A. Dueñas. Asesor no CFR: X.C. Albarellos. Docencia Linux: Colaboracións e asesoramento en Slax: A. Pérez Dios

O noso traballo é o que podes atopar na sección de enderezos. Sobre a nova distribución "Galinux" que será foi presentada en decembro do 2008 só podemos dicir que é un traballo novo e independente co que non temos nada que ver.

Unha opinión personal:

Primeiro, vaia por diante que estas liñas non representan a opinión de ninguén máis ca de Teo Ramírez, o coordinador de Galinux-Slax.

Se vostede chegou aquí na procura da nova distribución "Galinux", sinto dicirlle que perdeu o tempo. Dende o meu punto de vista isto non acontecería se no enderezo de Mancomún tiveran feito algunha mención á existencia doutras distribucións en galego anteriores, que por certo Galinux-Slax nin é a única nin foi a primeira (vexa algunhas na nosa sección de enderezos). Na miña concepción de soft libre a idea de "competencia" non ten moita razón de ser e por iso sempre temos ligado dende aquí a outros proxectos, grupos alternativos etc. (as miñas desculpas ao Magasi CD, que foi quedando pendente). Con máis razón aínda, un proxecto con todo o respaldo institucional coma a nova distribución, non debería tratar aos traballos xa existentes coma competidores, e menos a nós co desenvolvemento detido e de "fora do mundillo". Por iso coido que se vostede perdeu o tempo non foi pola nosa culpa: dende Mancomún poderían telo aclarado o mesmo ca nós.

Sobre a termo "Galinux": resulta moi descriptivo pero a min mesmo sóame un pouco ridículo, a verdade. Supoño que habería moitas outras denominacións posibles para un novo traballo e non deixa de sorprenderme que tivera que ser xustamente isa. Teño escoitado propostas máis divertidas coma Breoganix, MainzOS... :)

No que a min respecta, aclarar que non son eu quen ten dereitos comprados sobre a marca, nin os quixen ter nin tampouco podería segundo o disposto nas bases do premio á innovación educativa que gañáramos. Se a denominación é rexistrable, a miña opinión é que tería que ser de titularidade pública. O que costa cartos aos galegos ten que ser de todos eles.

E xa por último, acerca doutros temas sobre os que recibo moito correo estes días, que xa vou canso de repetirme: non son quen de valorar se a distribución escollida para o novo Galinux é a mellor opción, se é de verdade unha distribución ou outra cousa, se debería selo ou non, ou sobre as licenzas. Nin son avogado nin informático. Tampouco sei se é o mellor xeito de apoiar ao soft libre, o máis rentable, oportuno ou o que sexa, pero o novo Galinux ven de significar un maior compromiso da administración co soft libre, e só por iso, sexa benvido.

 

Outros enderezos e dominios coma blog.galinux.info, galinux.info e galinux.net foran rexistrados por Suso Baleato para o seu propio proxecto sobre Debian en galego, novamente sen relación ningunha con Galinux-Slax. Asemade, galinux.com, que fora do GUL norteamericano "Georgia Linux Community" agora apunta ao "Novo Galinux" e o grupo yahoo fr.groups.yahoo.com/group/Galinux é doutro GUL francés. Por último, tamén existe unha empresa chamada Galinus.

Agora mesmo o equipo de Galinux-Slax somos estes. Para contactar connosco co gallo de colaboracións, informe de erros, suxerencias ou o que sexa, por favor envíanos un

^^

COLABORACIONS

Podes colaborar con nós de moitos xeitos:

Difunde Galinux-Slax.

Emprega e comparte os teus CDs de Galinux-Slax.

Axuda a outros usuarios.

Podes contribuir no teu blog, contar trucos, redactar guías... ¿tes probados módulos doutras distribucións?: cóntanos cales van ben.

Comparte o teu traballo.

Módulos: Se eres un usuario avanzado de Linux e tes feitos ou adaptados os teus propios módulos, programas instaladores, etc. podes enviarnolos ou dicirnos onde descargalos e poñeremos unha ligazón. Se convertiches instalables, controladores, etc. doutras distribucións, os probaches e van ben, o mesmo.

Desde a versión 1.4 o salvapantallas por defecto pasará diapositivas con temas educativos. Se desexas compartir algunha presentación ou galería de imaxes feita por tí, envíanola xunto cos teus datos.

Danos a túa opinión

Contacta con nós se atopas erros ou queres facernos chegar suxerencias.

Únete a nós

O noso "manifesto" pódese concretar moi ben polo que non tentamos nin pretendemos:

Duplicar esforzos facendo outra distribución xeralista máis, xa que o noso é algo distinto de raíz: un Linux moi rápido instalable en Windows XP ou calquera cousa e sen ter que focellar coas particións. Ata onde sabemos nós, o máis parecido ao noso proxecto é Topologilinux, pero execútase "coma unha fiestra" dentro do Windows.

Ter a lista de programas máis longa do mundo. Traballamos nos máis imprescindibles. Os demáis pódense importar doutras distribucións por cada usuario e, no momento no que vostede sinta a necesidade de moitas outras cousas, terá chegado o momento no que desexe o salto cara a algunha outra distribución máis profesional, cousa que nonaspiramos a ser.

Aportar nada aos usuarios habituais ou expertos de Linux: teñen moitísimas opcións mellores. Pero sempre que sexa posible tentaremos que todo o que se poida do noso traballo poda ser empregado por calquera que non sexa usuario de Galinux-Slax noutros contextos: traduccións, instalables adaptados a outras distribucións, etc.

Pola contra, o que sí perseguimos é:

Facer de ponte entre o mundo so software de marca e o ceibe, presentándoo do xeito máis amigable posible a quen se achega por primeira vez a él. Uns exemplos: non imos chamar xamais "repositorios" ás listas de programas; non nos doe chamar "Os meus documentos" ao cartafol do usuario; os accesos aos programas dirán cousas coma "Programación en Logo" e non kturtle; o usuario non ten porque coñecer de antemán o nome de cada cousa: iso xa acontecerá nalgún momento, pero só se non se sinte perdido e abandoa á primeira.

Amosar a quen son alleos ao Linux que non hai razón para terlle medo se non o contrario, aportándolles ademais algún valor engadido que non teña equivalente co que empreguen a cotío: maior seguridade, comodidade, ferramentas e programas non habituais ou dispoñibles noutros contornos, etc.

E por iso:

Non somos "ultras" de nada: se algo é interesante e non ten alternativa, non é excluínte a priori nin que non estea en galego, nin a variedade empregada, nin que teña licencia máis pechada ca GPL, sempre que os termos nela establecidos permitan o seu uso e distribución legal. Tampouco somos "anti" nada: as empresas de software e particulares están no seu dereito de cobrar polo seu traballo e de non facer públicos os segredos dos seus produtos, coma nós debemos ter garantido o dereito de decidir se os mercamos ou non.

Non nos importa canta xenta crea no noso traballo. Que ninguén é profeta na súa terra é unha constante universal. Sabemos desde o comezo que por cada galego que chegue a empregar Galinux-Slax haberá moitos máis que prefiran calquera outra cousa sen chegar nin a probalo, o mesmo ca colaborar no desenvolvemento ou no que sexa. As cousas son así.

Somos independentes. Non temos intereses creados, non somos grupo de presión de nada nin o queremos ser. Facemos o que nos peta sin rendir contas a ninguén.

Queremos facer algo de utilidade pero tamén disfrutar e aprender namentres. A confianza, a vontade e a complicidade estarán sempre por enriba das competencias técnicas. Non queremos imitar estructuras organizativas nin complicados protocolos, só ser coma un grupo de amigos que comparten un proxecto.

Ata maio do 2007 estivemos constituídos coma grupo de traballo de mestres e profesores e desde setembro do 2007 o noso proxecto está na forxa de mancomun.org.

 

^^

OS NOSOS PARABENS E AGRADECEMENTO PARA...

Todos os voluntarios e voluntarias que co seu esforzo fan posible o software libre, e dun xeito moi especial a:

  • Os grupos e particulares que traducen ou fan en galego programas, ferramentas, etc., como Xosé Antón Vicente (clic e moitos outros), Jacobo Tarrío (Firefox), Andrés Ventas e Ramón Flores (correctores), Xabi García (koffice), Marce "mvillarino" (edukator, ktorrent...), Xosé Calvo e Manuel Anxo Rei (scribus), Jorge Rivas e Rubén Da Silva (OpenOffice) e os membros e colaboradores de Lapis de Cores , os do Proxecto Trasno, egalego, etc.
  • Tomas Matejiceks, creador da distribución Slax e a Patrik Volkerding e os seus colaboradores da distribución Slackware.
  • Tobias Svensson, creador de TopologiLinux, distribución que inspirou algúns aspectos de Galinux-Slax.
  • Jordan Rusell, creador do programa instalador Innosetup.
  • "Speleoalex", Guillaume Rousse e Buchan Milne polas iconas estilo XP.
  • A Openhost.es polo apoio prestado no comezo do proxecto.
  • Wenmusic, Istvan Székely, Antonio Izquierdo, Andrés e outros polas suxerencias, consellos e outras aportacións.
  • A quen nos apoiaron desde o primeiro momento como José Manuel Cambre, Marta Paredes, Chus Méndez, Xoanca, Manuel Vilas, etc.
  • Ás empresas R polo aloxamento físico da documentación e a Ensamática S.L. polas probas durante o desenvolvemento.
  • Ás profesoras Elvira Roiz e Eva Loureiro Soto e a todos os autores de algunhas das presentacións didácticas arranxadas para a versión 1.4
  • E en xeral aos particulares que fan posible o soft libre e ás empresas "amistosas" con él. coma Sun Microsystems, Trolltech, Ribbonsoft, etc.

(Se coida que falta alguén, por favor contacte con nós).

^^

CONDICIONS

Galinux-slax é software libre. Pode empregalo e tamén distribuílo de balde baixo esta mesma denominación pero só mentres non altere ou omita arquivo algún, entendéndose ademais que non hai garantía de ningún tipo nin compromiso de asistencia. Por suposto, pode modificar Galinux-Slax, facendo constancia das modificacións e mantendo a licencia de software libre GPL. Se desexa o código fonte, execute Galinux-Slax e vaia a /mnt/live/memory/images ou descargue esta imaxe ISO.

Galinux-Slax está baseado na distribución Slax (Slackware) que tamén se oferta ao público como software libre (vexa c:\galinux\docs\slax ou visite o sitio web de Slax).

Do proxecto xeral temos sacados outros pequenos subproxectos de utilidade noutros contextos, coma módulos compatibles 100% con Slax, a versión preeliminar do instalador para Windows Vista e plantillas extra para novos documentos en KDE. Dos que son traballos orixinais nosos a licencia vai na liña da do MIT, ou sexa: faga con eles o que lle pete deixando constancia das modificacións. Desexamos que os derivados segan a ser de balde e abertos e tamén agradecemos o crédito pero non son obrigas. O único que non ofertamos coma soft 100% libre é o código e deseño desta páxina web. Se quere reusalo, por favor contacte connosco antes.

Instalando Galinux-Slax ou empregando o Live-CD de inicio manifesta a súa conformidade cos anteditos termos.

^^


Documento feito co editor Nvu

Nota: As visitas desde centros educativos
non se reflicten ás veces por mor dos filtros de contidos.

eXTReMe Tracker