Arriba

Adopción

Asunto sindical

Formación sindical*

Liberado sindical

Deber inescusable*

Exames*

Garda Legal

Imprevistos*

Consulta médica*

Lactancia*

Nacemento fillo*

Morte familiar*

Traslado domicilio*

Permisos electorais

Candiadatos eleccións
 
 

Adopción

LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 70.4,  modificada pola Lei 3/95 (DOG 20-4-95) e Lei 3/89 (BOE 8-3-89), modificadas pola Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99).

DOCUMENTACIÓN:  Solicitude persoal ó Delegado Provincial achegando copia da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

DURACIÓN:  Nos supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata seis anos, o permiso terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do funcionario, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial constitutiva da adopción. A duración do permiso será, da mesma forma, de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores, maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que, por proceder do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes.

OBSERVACIÓNS: No caso de que a nai e o pai traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos.

Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o permiso previsto para cada caso poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

RETRIBUCIÓNS: Non hai desconto de haberes.