|
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
Permisos electorais LEXISLACIÓN: Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral, artigos 28,76.4 e 78.4 (BOE 20-06-85).
OBSERVACIÓNS: Os traballadores por conta allea e os funcionarios nomeados presidentes ou vocais das mesas electorais teñen dereito a un permiso retribuído de xornada completa durante o día da votación, sendo laborable; en todo caso, teñen dereito a unha reducción de 5 horas da súa xornada de traballo o día inmediatamente posterior. Da mesma forma, son aplicables estes permisos ós que acrediten a súa condición de interventores. Os traballadores por conta allea e os funcionarios que acrediten a condición de apoderados, teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación.
|
||||||||||||||||||||||||||