Sair

Incompatibilidade

Exc. vol. personal

Agrupación familiar

Coidado de fillos interinas

Coidado familiares

Outras situacións

Permutas

 
 

Excedencia voluntaria interés particular

LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia (DOG 01-06-88), modificada pola Lei 3/95 (DOG 20-4-95).

DOCUMENTACIÓN: Solicitude á Delegación Provincial.

DURACIÓN:  Non se poderá permanecer nela menos de dous anos continuados, nin máis do número de anos equivalente ós que o funcionario/a acredite que prestou en calquera das administracións públicas. A Lei 13/1996, do 30 de decembro (BOE 31-12-96), suprime o límite máximo de 15 anos na excedencia voluntaria.

OBSERVACIÓNS: Requírese haber prestado servicios efectivos en calquera das administracións públicas durante os cinco anos inmediatamente anteriores.

RETRIBUCIÓNS: Sen retribucións.  O tempo non computa ós efectos de trienios e dereitos pasivos. Non hai reserva do lugar de traballo.  A falta de petición de reingreso ó servicio activo dentro do período de excedencia comporta a perda da condición de funcionario.