|
|
|||||||||||||||||||
|
|
Excedencia voluntaria por cuidado de fillos LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia (DOG 01-06-88), modificada pola Lei 3/95 (DOG 20-04-95) e pola Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99). DOCUMENTACIÓN: Solicitude á Delegación. Concesión obrigada. DURACIÓN: Máximo 3 anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto sexa por natureza, adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, a contar desde a data de nacemento ou, de se-lo caso, da resolución xudicial ou administrativa. OBSERVACIÓNS: O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dera orixe a unha nova excedencia, o inicio do período da mesma porá fin ó que se estaba disfrutando. Esta excedencia é un dereito individual dos funcionarios, no caso en que dos funcionarios xerasen o dereito a disfrutalo polo mesmo suxeito causante, a Administración poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas relacionadas co funcionamento dos servicios. O período de permanencia nesta situación será computable ós efectos de trienios, sexenios, consolidación de grado persoal e dereitos pasivos. Durante o primeiro ano, os funcionarios terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaban. Transcorrido este período, a reserva será ó posto na mesma localidade e de igual nivel e retribución. RETRIBUCIÓNS: Sen retribucións. |
||||||||||||||||||