Sair

Incompatibilidade

Exc. vol. personal

Agrupación familiar

Coidado de fillos interinas

Coidado familiares

Outras situacións

Permutas

 
 

Asuntos propios

 

·          Poderanse autorizar permutas entre funcionarios en activo dos corpos docentes cando concurran as seguintes circunstancias:

a.      Que desempeñen  con caracter difinitivo os destinos que se permuten.

b.      Que acrediten, polo menos, dous anos de servicios efectivos con caracter de destino definitivo naos prazos obxecto da permuta.

c.      Que ambolos destinos sexan de igual naturaleza e corresponda identica forma de provisión.

d.      Que os funcionarios que pretendan a permuta conten respectivamente cun número de anos de servicio que non defiera entre si en máis de cinco.

e.      Que se emita informe previo favorable pola unidade administrativa da que depende cada unha das prazas.

·         Cando a permuta se pretenda entre  prazas dependentes de administracións educativas distintas sera necesario que ambalas dúas autoricen simultaneamente.

·         No prazo de dez anos a partir da concesión dunha permuta, non se lles poderá autorizar outra a ningún dos interesados.

·         Non se poderá autorizar permuta entre funcionarios cando a algún deles lle falten menos de dez anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.

·         Serán deixados sen efecto as permutas se nos dous anos seguintes á data en que teñan lugar se produce a excedencia ou xubilación voluntaria dalgún dos permutantes.

·         O funcionario a quen se lle autorizara a permuta, non poderá participar nos concursos de traslados, polo menos nun pariodo de dous anos, desde o momento de ser concedida a permuta.