Sair

 

Asuntos propios

Maternidade e paternidade

Embarazo en vacacións

Embarazo interinas

Risco embarazo

Enfermidade

Licencia por estudios

Licencias por oposicións

Matrimonio

 
 

Licencia por risco durante o embarazo

LEXISLACIÓN: Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99), que introduce un terceiro apartado no artigo 69º da Lei de Funcionarios Civís do Estado de 1964, Decreto 15/1964, de 7 de febreiro (BOE 15-02-64).

 

DOCUMENTACIÓN: Solicitude e informe médico.

 

DURACIÓN:  Trátase de licencias de ata 3 meses cada ano natural, que poderán prolongarse por períodos mensuais.

 

OBSERVACIÓNS: Afecta ás funcionarias con risco durante o embarazo, no período necesario para a protección da súa saúde ou a do feto,  e mentres persista a imposibilidade de incorporarse a un posto compatible co seu estado. A licencia de tres meses ten plenitude de dereitos económicos. No caso de prolongarse en períodos mensuais, percibirase soamente o soldo e o complemento familiar.