|
|
|||||||||||||||||||||
|
|
Licencia por enfermidade LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.4. Lei Xeral da Seguridade Social (Art. 126 e seguintes), Lei 29/75 de 27 de xuño da Seguridade Social de Funcionarios (Art. 20 e seguintes) e Real Decreto 670/87 de 30 abril. DOCUMENTACIÓN: Baixa médica oficial se é máis de catro días, aportando certificado médico, modelo de Muface ou da Seguridade Social. DURACIÓN: Ata alta médica. Máximo 18 meses (ILT). Esgotada ILT conceden Invalidez Provisional (IP). Esgotada IP, concédese a Invalidez Permanente ata a xubilación. OBSERVACIÓNS: Renovación da Baixa cada 7/15 días. Ata tres meses, a totalidade das retribucións; prórrogas mensuais. Máis de tres meses, retribucións básicas (soldo e trienios), resto MUFACE ata seis anos. Reserva de posto de traballo e tempo computable trienios/pasivos.
|
||||||||||||||||||||