Sair

 

Asuntos propios

Maternidade e paternidade

Embarazo en vacacións

Embarazo interinas

Risco embarazo

Enfermidade

Licencia por estudios

Licencias por oposicións

Matrimonio

 
 

Maternidade e paternidade

LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.2 (DOG 01-06-88),  Lei 30/84 da Función Pública, Art. 30 e Lei 3/89 (BOE 8-3-89), modificadas pola Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99).

DOCUMENTACIÓN: Antes do parto: solicitude e Certificación Médica. Despois do parto: solicitude, Certificación Médica e Libro de Familia.

DURACIÓN:  Parto único 16 semanas, ampliables no caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, distribuídas á elección da funcionaria sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, de se-lo caso, da parte que reste do permiso.  Sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigado para a nai, esta poderá optar porque o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai,  salvo que a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

OBSERVACIÓNS: Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

RETRIBUCIÓNS:  Non hai desconto de haberes.