Sair

 

Asuntos propios

Maternidade e paternidade

Embarazo en vacacións

Embarazo interinas

Risco embarazo

Enfermidade

Licencia por estudios

Licencias por oposicións

Matrimonio

 
 

Embarazo e parto coincidente con vacacións

Segundo o Decreto 1949/1967  "a vacación retribuída regulada no artigo 68 da Lei poderá disfrutarse a continuación da licencia por parto,  sempre que á funcionaria non lle correspondera con anterioridade dentro do ano natural".  Esto supón que a funcionaria que obtén a licencia por parto durante as vacacións ten dereito a continuar disfrutando destas a continuación do período de licencia,  non podendo computarse as vacacións dentro do período ininterrompido que se concede por maternidade.

  As distintas Delegacións de Educación das diferentes Comunidades Autónomas denegaban o disfrute das vacacións ás funcionarias docentes que estiveran de baixa por maternidade nos meses de verán.  Unha serie de sentencias,  producto de recursos persoais, recoñecen o dereito ó período de vacacións non disfrutado a continuación da finalización da baixa por maternidade.  A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ciencia da Xunta de Andalucía,  nunhas Instruccións de 16 de setembro de 1991 recoñecía este dereito referido ás vacacións non disfrutadas no mes de agosto.