|
PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA INGRESO NO CORPO DE MESTRES
Orde do 10 de marzo de 2006 – D.O.G. nº 51 do 14 – 03 - 2006
ESPECIALIDADE EDUCACIÓN
FÍSICA - GALICIA |
1-
Como trataría a eliminación de riscos na área de Educación Física?.
2-
Describa en que consiste a “viravolta de asas”.
3-
No segundo trimestre do curso temos pensado iniciar ao alumnado de terceiro
ciclo no korfball (balonkorf). Cales serán os contidos principais do
currículo oficial que nos propoñemos traballar? Exemplifique brevemente tres
actividades que nos sirvan para traballar accións motrices do korfball.
4-
Pick,
afirmaba que para poder ensinar ao alumnado debemos saber como aprender.
Polo tanto, elaboráronse unha serie de modelos que explican como se pode
levar a cabo a aprendizaxe motora. Explique dentro destes modelos o MODELO
BERNSTEIN. Exemplifique a resposta.
5-
Protocolo a seguir se temos na aula de educación física un alumno do 1º
curso do 2º ciclo de primaria, procedente de Bulgaria que presenta un
déficit sensorial de tipo visual de grao alto. Este alumno permaneceu un ano
máis no primeiro ciclo, con medidas de reforzo educativo, sen superar os
obxectivos de ciclo. Deseñar unha actividade para cada un dos diferentes
bloques temáticos. Lexislación a ter en conta.
6-
Vostede é profesor/a de educación física nun centro de primaria de dúas
liñas. No mes de setembro chega a un acordo cos profesores/as de educación
física doutros tres centros educativos para desenvolver dúas xornadas
completas de convivencia no medio natural co alumnado do 2º curso do 3º
ciclo en días lectivos e fóra da localidade, saíndo do centro ás nove horas
do primeiro día e regresando ás dezanove horas do segundo. En total
participarían 156 alumnos/as. Está convocado a unha reunión conxunta para
planificar a actividade. Conteste ás seguintes cuestións:
A).- En que
tipo de actividade habería que encadrar estas xornadas?
B).- Indique
todos os requisitos e/ou permisos necesarios para a súa realización.
Xustifique a
súa resposta.
C).- En que
normativa se recolle todo o referido ás cuestións anteriores?
D).- Que
características, ao seu entender, debe reunir o entorno onde se desenvolverá
a actividade?
E).- Elabore
unha proposta de actividades a desenvolver durante esas dúas xornadas que
contemple tamén a realización de algúns xogos populares. (Inclúa horario).
F).-
Xustifique teoricamente a viabilidade do proxecto.
G).- Imaxine
que durante o desenvolvemento da actividade un/unha alumno/a sofre un “golpe
de calor”. Describa as actuacións a desenvolver dende ese momento.
7-
O uso das novas tecnoloxías na área de educación física: propostas idóneas
para a súa introdución.
8-
Fundamento legal da distribución horaria na área de educación física en
Primaria. Horario semanal. |