O día 11 de abril participaremos na quinta edición deste torneo organizado polo Club de fútbol Alondras do concello de Cangas. O nivel dos equipos foi moi bo, no cadro de abaixo podedes observar a composición dos diferentes grupos. Clasificáronse os dous primeiros de cada grupo. Nos pasamos como segundos despois de ganar ao AJ Lérez e EFB Bueu e perder 1-0 contra o SC Braga.
En cuartos de final perdemos ante o Sporting de Gijón por 2-0 nun gran partido dos nosos cativos.
Hai que valorar este cuarto posto xa que os equipos que xogaron a final foron os únicos que nos venceron no torneo e con moita dificultade.
|