O día 24 de maio participamos na primeira edición deste torneo organizado polo concello de Muxía. Foi un gran torneo vista a calidade e prestixio dos equipos participantes (Calvo Sanz, Val Miñor, Conxo, Santa Mariña, Ponte Ourense, Pabellón, ...). Na fase previa había catro grupos de catro equipos cada un, nos clasificámonos como primeiros de grupo para cuartos de final. En cuartos fomos eliminados na tanda de penaltis polo equipo do Calasanz, despois de empatar 2-2. |