INCIDENCIAS: Final dos campións de cada grupo da 2ª Autonómica Alevín xogado nas estupendas instalacións do campo dos Carrís en Barbadás.
COMENTARIO: O Pabellón B proclamouse campión provincial da 2ª Autonómica Alevín, ao superar con claridade na final ao Ourense B. O partido decidiuse no segundo tempo logo de chegarse ao descanso co marcador de 2-0. O Pabellón B foi moi superior no segundo tempo pese a pasar por uns intres de descontrol co gol ourensanista.
Co terceiro tanto do Pabellón B nunha bonita acción de combinación culminada cun remate de cabeza de Álex, o partido rompeuse e os de José Dopazo controlaron por compreto a situación pese á maior idade dos bermellos, que apenas tiveron ocasións de gol salvo un balón ao travesaño. Ao final o bo xogo pabellonista deulle unha cómoda victoria.
Para ver as imaxes una a una pulsa dúas veces na galería.