|


 |
Personaxes:
z Presentador
z Sol
z Estrelas
z Galo
z Eco
z Lúa
z Río azul
z Cangrexo
z Reloxo de cuco
z Vento
z Señor
z Ladróns
z Morcegos
Representación
O Escenario é unha paisaxe de cidade
(Efectos sonoros de xente correndo, trens, coches, martelos, en xeral ruídos da cidade)
PRESENTADOR: Durante o día todo é claro. Cantan os paxaros, manan as fontes e os homes con présa van ao seu traballo.
Durante o día os empregados do banco, conta que conta diñeiro, a cociñeira na cociña, dálle que che dálle ás comidas.
Os albaneis nas estradas, sobe que sobe ata o tellado.
Os camioneiros, veña a guiar e guiar, coma tolos.
Os estudantes...
ah, os estudantes,
os moi tunantes
antes, agora e sempre
os estudantes...
Sssss, mellor calo.
Durante o día non hai nada que facer, porque todo se fai.
Pero de noite as cousas cambian
Chega o solpor e os traballadores, lentos e cansos, van ás súas casas a durmir.
Porque xa volo dixen, todo é distinto. Empeza por esconderse o sol, como unha moeda que se mete no peto, no horizonte.
Eh, que xa está aquí!
(Entra o sol dando voltas e canta unha canción)
(Cando sae o sol faise escuro e despois faise unha semioscuridade)
SOL: (Canción)
PRESENTADOR:
(O presentador ten dous olliños por marionetas, un pechado e outro aberto e debe actuar con eles)
¡Aha! Xa chegou a señora noite.
Imos todos durmir.
Imos todos durmir
Olliño dereito
meu dito meu feito
Olliño esquerdo
non sexas parvo,
que o sol foise
e debes durmirte
¡xa!
(Retírase cantando)
(Soa música: Río azul ou similar e entran o río e o cangrexo, que dan unha volta e xúntanse no medio)
RÍO AZUL: Díxenche mil veces grandísimo gandul, que non andes para atrás, que iso non é de persoas civilizadas.
CANGREXO: Hum... E a min que? ¡A min a cicicación esa...!
RÍO AZUL: Ci-vin-li-za-ción, burricán, que vas para atrás, que es máis burricán....
CANGREXO: Eu non son nin burro nin can, son cangrexo.
RÍO AZUL: Vale, carallo.
CANGREXO: Carejo, digo cangrexo. A ver se nos entendemos.
RÍO AZUL: É que lle quitas a paciencia ao máis pintado.
CANGREXO: A min só me pintan cando me cocen
RÍO AZUL: Nada de bromas, carallo, digo cangrexo, porque como me enfades, déixoche sen pelexo.
CANGREXO:
¡Ha, ha, ha, que risa!
que perdo a camisa
e me estoupa o corazón
pois Río Azul non sabe
que teño por pelexo caparazón.
¡ Ha, ha, ha, que risa!
¡Ho, ho, ho, que emoción...!
LÚA: Boh..., a discusión é inútil ; cada quen sáese coa súa e vaise polo seu lado.
O Río, tolo ata o mar, adiante, adiante, sen se parar nunca.
O cangrexo, pouquiño a pouquiño, á cola e para atrás.
Pero a verdade é que eu saín porque as estrelas, esa señoritiñas tan cotorras fóronse de paseo e deixáronme soa
(Óese ruído fóra)
LÚA: Paréceme que volven e eu voume antes de que cheguen elas e se metan comigo.
(Entran as estrelas)
ESTRELA 1: ¡Mira, se é a Lúa!
ESTRELA 2: ¡É verdade!
ESTRELA 3: Que fas ti aquí?
ESTRELA 1: Curiosona.
ESTRELA 2: Métome en todo.
ESTRELA 3: Loura fregona.
ESTRELA 1: Lúa aburrida.
ESTRELAS TODAS: Lúa aburrida e fisgona.
LÚA: ¡Carallo! pero se eu non quería molestar a ninguén. Só quería pór no seu punto o desconcerto do Cangrexo e o Río
ESTRELA 2: A lúa é unha pandereita e ten cor de fariña
ESTRELA 3: A lúa é unha atleta, coqueta e de nós non se fía
ESTRELA 1: A lúa é moi alta, pero non tanto coma nós.
ESTRELA 2: A lúa non é a nosa amiga, aínda que moitas noites saímos xuntas.
ESTRELA 3: Que se meta na súa casa a Lúa, luíña, cara de piña.
ESTRELAS TODAS: Que se meta na súa casa a Lúa, luíña, cara de piña.
(Soa novamente o vals e mentres a Lúa se retira, as estrelas bailan)
(Soa o Cuco e as estrelas asústanse e vanse polos lados e entra o Cuco e o eco detrás dunha rocha)
RELOXO DE CUCO: ¡Cu-cu! ¡Cu-cu!
ECO: ¡Cu-cu! ¡Cu-cu!
RELOXO DE CUCO: ¡Vaia, vaia! Xa tiven que estragar a función.
¡Co ben que bailan as estrelas!
Sempre me pasa igual. Todo o mundo sorpréndese cando eu falo. Apenas digo cu-cu, rinse ou marchan.
ECO: Marchannnnnn
RELOXO DE CUCO: Quen anda por aí?
ECO: Por aíííí...?
RELOXO DE CUCO: Quen se está a rir de min?
ECO: Rir de miiin...?
RELOXO DE CUCO: Cu-cu, cu-cu
ECO: Cuuuuu...
RELOXO DE CUCO: ¡Agora si que a fixemos boa! O eco non para de burlarse de min.
ECO: ¡Burlarse de miiin...!
RELOXO DE CUCO: Ben, vou esperar un pouquiño. Voume ficar aquí caladiño..., e a ver que pasa! Se cadra ata volven as estrelas ... estame empezando a entrar medo...
¡Ai miña nai! Que vou facer eu soliño nesta noite tan negra?
(O Cuco dá voltas e empeza a cantar unha canción)
(Ao acabar a canción retírase e empezan efectos de choiva, vento, tormenta, etc. e sae un señor loitando co vento e detrás o vento moi furioso)
VENTO: Esta señora Noite é unha desagradecida. Canto máis escura está, máis soa me deixa, peor me trata...
Nas esquinas fago fi-fi-fi-fiiii e nas chemineas fu-fu-fu-fuuuu, pero ninguén me fai caso.
Agora mesmo..., que?, quen me escoita?
SEÑOR: Eu escóitoche.
VENTO: Quen se preocupa de min?
SEÑOR: Eu preocúpome por ti.
VENTO: Ah, pois eu cría que non tiña nin un só amigo e que todos me escapaban. As plantas porque din que son fortachón e as troncho...
SEÑOR: Fortachón, fortachón,...
VENTO: As nubes porque son unhas comodonas e din que non as deixo descansar levándoas dun lado a outro sen parar.
SEÑOR: Non me digas que se queixan por iso?
VENTO: E quéixanse cando as movo e ata tiran choiva á terra algunhas veces.
SEÑOR: Pois xa é mala uva a que teñen esas nubes.
VENTO: As árbores tamén.
SEÑOR: Por que se enfadan as árbores?
VENTO: Porque movo as súas pólas.
SEÑOR: ¡Só por iso?
VENTO: E, porque din que lles tiro as follas ao chan.
SEÑOR: Home, entón claro que teñen razón cando se queixan. É que tamén ti algunhas veces pásaste.
VENTO: Pois a pesar de todo a min gustaríame ter moitos amigos. (Enfádase) Pois como non teño amigos, voume enfadar e voume inflar coma un tonel e vou berrar e explotar.
SEÑOR: Non t poñas así, home.
VENTO: Que non me poña así..., agora verás
(Ínflase e comeza a soprar e sae dando voltas coma un muíño. Ponse música).
(Entran os ladróns que fan mímica)
LADRÓN 1: Ten coidado, rapazolo.
LADRÓN 2: Xa o teño, non te preocupes por min (Choca con algo e mete ruído que soa no altofalante)
LADRÓN 1: ¡Ai!. Mecachis...
LADRÓN 2: ¡Cala dunha vez, que vas amolar todo!
LADRÓN 1: ¡É que levei un golpe!
LADRÓN 2: Pois ten máis coidado, que pareces parvo.
(Seguen co chollo e mentres están metendo cousas no saco, cantan unha canción)
(Soa o Cuco)
RELOXO DE CUCO: Cu-Cu, Cu-cu
ECO: Cu-cu, Cu-cu
LADRÓN 1: Oíches?
LADRÓN 2: Se, alguén anda por aí.
LADRÓN 1: Ímonos antes de que nos pillen!.
LADRÓN 2: Corre, corre!.
(Saen correndo os dous ladróns e deixan os sacos no chan, entrando a continuación o reloxo de Cuco)
RELOXO DE CUCO: Chafeilles o asunto.
ECO: Asuntoooo....
RELOXO DE CUCO: Eran uns lerchos e canallas. Aproveitan o ruído do vento para desmantelar as casas da Señora Noite.
Menos mal que me fixen o valentón a tempo e o caso é que parece que queren volver as Estrelas.
Boh!, eu creo que estou de máis. Creo que o mellor que podo facer é calar outra vez e ata marchar coa música a outra parte.
(Retírase o Cuco e entran os morcegos danzando ao ritmo dunha música frenética que soa no altofalante)
MORCEGO 1: Xa se foron os moi pillos dos ladróns.
MORCEGO 2: Se non chega a ser polo reloxo de cuco que os espantou...
MORCEGO 3: ...levan todo o que hai na casa.
MORCEGO 1: Dígocho eu, todo lles é pouco.
MORCEGO 2: E menos mal que ao final coas présas deixaron os sacos.
MORCEGO 3: E fóronse cunha man chea de nada e a outra baleira de todo.
MORCEGO 1: Mira que son parvos, ao final non levaron nada.
MORCEGO 2: Nin tampouco romperon nada.
MORCEGO 3: Bo, deixemos iso e pensemos que facemos nós agora.
MORCEGO 1: O mellor que podemos facer é irnos ás nosas escuras covas.
MORCEGO 2: Ou aproveitar o tempo antes de que se faga de día.
MORCEGO 3: E botarnos a voar, que xa levamos moito tempo parados.
MORCEGO 1: Pero sen afastarnos moito das nosas covas.
MORCEGO 2: Non vaia ser que nos perdamos.
MORCEGO 3: Ou chegue o día e non poidamos volver a casa.
MORCEGO 1: Veña, imos xa
MORCEGO 2: Iso, que con tanta parolada a noite acábase.
MORCEGO 3: E chega o día, que é o noso peor inimigo.
(Bótanse a voar e vanse berrando. Ao saír queda unha música suave e óense os ruídos da noite: grilos, ras, tren que asubía e logo aparece a lúa entre as nubes)
LÚA: Armaron tanto ruído os grilos e as ras que non tiven máis remedio que volver saír de entre as nubes que me cubrían, pois á min gústame moito oír cantar aos grilos e ás ras e ás veces póñome laranxa, rosada ou branca e parezo unha rapariga de verdade.
(Mirando ao público) Verdade que parezo unha rapariga?
(Entran nese momento as estrelas)
ESTRELA 1: Presumida ...
ESTRELA 2: Descocada ...
ESTRELA 3: Gordinflona ...
ESTRELA 1: Enfariñada ...
ESTRELA 2: Blancurria ...
ESTRELA 3: Coqueta ...
TODAS: Presumida, gordinflona, coqueta...
LÚA: ¡Ai, miña naiciña, aquí están de novo as estrelas! ¡Que lles fixen eu para que sempre se estean metendo conmigo!
ESTRELA 1: Atrevida
ESTRELA 2: Parrandeira
ESTRELA 3: Enganosa.
TODAS: Atrevida, parrandeira, enganosa.
LÚA: Pero que din, que din...? Pois para darlle nos fociños vou bailar, si, vou bailar.
(Soa o vals e comeza a bailar)
LÚA: Tamén podedes bailar vós.
ESTRELAS: Vale.
(Comezan a bailar todas xuntas e ao acabar o baile sae o galo)
GALO: ¡Quiquiriquíiiiii!
ECO: ¡ Quíiiiii!
GALO: ¡Quiquiriquíiiiii!
ECO: ¡Gaigarigaíiiiiiiiiiiii!
(Desaparece o galo e entra o presentador)
PRESENTADOR:
Señores aldeáns, arriba!.
Señores cidadáns, arriba!.
Esperte todo o mundo!.
Señores barrendeiros, perruqueiros, carpinteiros, tesoureiros, vendedores, compradores, arriba, espertade xa , é hora de traballar!.
Arriba xa, esperte a cidade, é hora de traballar!.
(Sae o Sol mirando a todos os lados)
SOL: Xa era hora, as estrelas e a lúa fóronse e os morcegos volveron ás súas covas. Se é que as atoparon. Pois coa mala vista que teñen, calquera día non atopan o camiño de volta... Agora que todos eles marcharon, tócame a min ser o Rei do novo día.
Coa miña luz e calor todo recobrará vida e de novo reinará a alegría.
¡VIVA O NOVO DÍA!
Paño |
|