|
ESCENARIO : Un bosque MAGO: Un
neno/a
Chegamos todos , colocámonos e cantamos unha panxoliña. Comeza
con FLO E FLI xogando ao escondite: FLI : ¡ Flo, tramposo, non vale ! Conta ben. CHEGA FLAI : (contestando) ¡ Uh-uh-uh ! ¡ secuestraron a Papá Noel! ¡ Levárono e non sabemos onde está! FLO : Entón ..¿Quedarémonos sen Nadal? ... E sen agasallos (chorando) Buaaaaa. Eu quero os meus patíns . E a miña casiña de cartón. E contos e... FLI : (interrompéndolle) ¡Flo , non sexas caprichoso! ¿Non te dás conta de que isto é moi serio? Temos que atopar a Papá Noel. MAGO MALVADO : jo, jo, jo. Iso é imposible. Nunca atoparedes a Papá Noel. FLO : (tremendo) Ayyyyyyyyyy...¡Que medo! ¿Quen fala?. MAGO : O mago Abra Cadabra Cascarrabias. FLAI : (ENFADADO) ¿Onde está Papá Noel?. MAGO: ¿Cal deles?. Multipliqueinos . ¡Que ben mo pasei!. Hai miles, millóns de Papás Noel. Jo, jo, jo. FLI: ¿ ¿Miles? ¿Millóns?. Eu só sei contar ata cen. FLO : E eu ata vinte. MAGO:
Miles de Papás Noel, pero só un é o de verdade (LEVÁNTANSE Os NENOS DE 1º ciclo ) E LEN A POESÍA: FLAI,
FLI E FLO (Gritan asomándose) ¡Papá Noel!. FLAI. (asubiando)¡ Polas barbas do meu bisavó!. FLO.: ¡ e polas da miña tataravoa! FLI: ¡ E polo pelo do meu tatara-tatara-avó-tataraavó ! un , dous , tres, catro ... FLAI : ( desesperado) ¡Caramba Fli! Non pensarás contalos todos... Hai que pescudar cal é o verdadeiro. ( aos nenos ) ¿Quen é Papá Noel?. NENOS .. eu, eu, eu ...! FLI . ¡ Jo! así é imposible pescudalo. FLAI .: ¡ Un momento! ¡ A ver !.., Papá Noel ten barba branca. ( aos nenos) ¿Quen ten barba branca?. Todos os nenos que teñen un Papá Noel con barba branca levantan a man. NENOS : Eu, eu, eu... ! FLI :Un, dous, tres... FLAI : (enfadado) Fli , deixa de contar ( pensando en voz alta) E Papá Noel ten o gorro vermello . ( aos nenos). ¿Quen ten un Papá Noel con gorro vermello? : Os nenos que teñen un Papá Noel con gorro vermello levantan a marioneta. NENOS: Eu, eu, eu...! FLAI.: Xa non sei que máis ten Papá Noel , e aínda hai moitos.... FLO: Papá Noel ten o nariz vermello. FLAI : ¡Bravo, FLO, deches no nariz ¡Digo!... no cravo ( aos nenos) ¿ Quen ten un nariz vermello? . Os nenos que teñen un papá Noel con nariz vermello levantan a man. NENOS: Eu, eu, eu...! FLAI. (Pensando en voz alta) E Papá Noel ten os ollos azuis FLO : Aquí falla algo... FLI : Xa sei o que falla . Xa o sei . Hai que facer a pregunta doutro xeito, xa verás . ¿Que Papá Noel ten barba branca, gorro vermello, nariz vermello e ollos azuis?
(Educación Infantil) E entón entra polo corredor : O PAPÁ NOEL DE VERDADE e ... FLAI, FLI E FLO . Din á vez :¡¡ É el !!, ¡¡é el!! : ¡O verdadeiro Papá Noel! (Papá Noel séntase) Despois os nenos do 3º Ciclo cóntalles a historia de Papá Noel e de onde vén. A lenda que coñecemos hoxe, procede dunha persoa real chamada San Nicolás do cal sabemos que viviu no ano 300 A.C. Foi bispo de Myra. Segundo conta a lenda era so un neno cando chegou a ser Bispo. Era moi bo e amable, con frecuencia saia polas noites a repartir agasallos ós máis desfavorecidos do pobo. Despois da súa morte a súa nai fama entendeuse por todo o resto de Europa, e durante a Idade media, San Nicolás chegou a se-lo patrón dos estudiantes. Moitos estudiantes celebraban o seu santo o día 6 de decembro, día no que finou. Elixían un alumno, vestíano con roupas de Bispo e presidía o desfile por toda a cidade. Co paso do tempo o desfile deixouse de celebrar, pero San Nicolás quedou como favorito dos nenos. A crenza de que entra pola cheminea ven dunha lenda escandinava que dicía que unha deusa aparecía na cheminea e traía boa sorte ós da casa. A Papá Noel represéntannolo nun trineo tirado por renos porque hai unha lenda que di: · Nunha manada de renos naceu un cun fociño moi grande e vermello que non foi aceptado polos demais e tivo que marchar do bosque. Ó ver isto Papá Noel levouno para a súa terra e dende ese día axúdalle a leva-lo trineo e aluméalle o camiño as noites de Nadal, pois o fociño ó pórselle vermello despide unha luminaria que alumea o camiño coma se fose de día. |
||