PRESENTACION: Narrador: Había unha vez na miña vila unha moza que vivía coa súa nai nunha cabana. Como eran moi pobres a xente axudábaa de boa gana. De cando en vez regaláballes algunhas cousas para axudalas: comida, zapatos e un par de trapos. Un día agasalláronas cun chourizo e escoitade o que con el fixo.
NAI: Xoana, Xoana !! Onde estará esa folgazana?
XOANA: Aquí!... Xogando coa palangana!!
NAI : Leva este chourizo á praza, a ver se o podes vender ben, para que nós poidamos comer tamén.
XOANA: Así o farei nai, e verás que ben.
Narrador: De seguido o chourizo ao lombo puxo e camiñando e cantando á praza estaba chegando, cando uns cans ao redor súa estaban ladrando e choutando.
XOANA: Así que queres o chourizo, Debe estar moi rico!!
Está ben, non se fale máis, véndovolo a vós sen máis, e como non quero camiñar o xoves que ven, véñovolo cobrar.
NAI: Xa estás de volta!! E o chourizo?
XOANA: Está vendido, pero como non levaban cartos enriba pagaranmo o próximo día.
NAI : Non che me gusta nada!!... pero que vou facer, Xoana??
(A nai vaise e Xoana queda nunha esquina)
Narrador: Chegou o xoves, chegou o día no que Xoana cobraría. Cara a casa do primeiro can encamiñou, e este lle ladrou.
XOANA: Con que esas temos?? Este é o xeito de recibirme!! ... no conto de pagar o que me debes heiche dar o que mereces!!
(Cun pau que levaba dálle nos fociños, o can ouvea e sae o amo)
AMO: Que sucede? que acontece?
XOANA: Ocorre que o seu can non me quere pagar, os cinco pesos de chourizos, o moi larpán!!
AMO : Pagar... chourizo!!! co que di, pónseme a pel coma un ourizo.
XOANA: Pois ben ouviu!! aquí o seu can ladrando, do chourizo me debe 5 pesos... e xa mos está pagando.
AMO: Para min que te trabas cando dun chourizo me falas.
XOANA: Non, señor, non!! do chourizo falo e tan certo é como que hoxe me espertou o galo.
AMO: Pero... ti es parva!! como che vai deber 5 pesos o meu can?
XOANA: Si señor!, debe e quero que mos pague para marchar coma unha lebre... ¡¡Vou coller febre!!
AMO : Está ben!! tome os 5 pesos e non me berre.
Narrador: Andando, andando chegou ata a seguinte casa cantando. A dona do can saíu, cando ao cantar o ouviu.
AMA: Que pasa? Ven aquí Tomasa!!
XOANA: Veño cobrar os 5 pesos do chourizo... o que comeu o seu can, ...aquel que estaba moi rico!!
AMA : Chourizo.... cobrar!! pero... ti que dis, rapaza non virás a roubar??
XOANA: Non, non iso si que non, eu só quero os 5 pesos do chourizo que o outro día o seu can levou sen porfía.
AMA: Pero ti es parva? non sabes o que dis!!
XOANA: Son señora, son... pero ben che sei o que pido ¡¡ PIDO OS CARTOS DO CHOURIZO LAMBIDO!! (berrando)
AMA: Cale... cale!! tome os cartos e de aquí váiase.
Narrador: E o mesmo fixo nas demais herdanzas que deixándoa por imposible pagáballe sen máis tardanza.
Xa de volta na súa casa a nai púxose tan leda que de pronto tivo unha idea.
NAI : Ao mellor esta miña filla non é tan parva... quizás... se está volvendo algo listilla.
ACTO II
Narrador: Pasou un tempo e tiveron un agasallo tremendo era unha tartaruga a que lle gustaban moito as leitugas.
NAI: Mira Xoana a tartaruga non podemos ter será mellor que a vaias vender.
XOANA: Alá imos entón a modiño.
(Ata a tartaruga unha corda)
Narrador: Denantes de chegar á praza por diante da Igrexa pasou e vendo que entraba moita xente ela tamén entrou.
XOANA: Vendereina aquí mesmo Quen quere esta tartaruga? Quen me compra esta tartaruga?
Narrador : A xente mírase pensando que está tola. Xoana mira para o Santo coa boca aberta.
XOANA: Seica che interesa? non se fala máis aquí queda o animal, pero ¡Non fai faia que estés tan tesa!!
(Ata o animal ao confesionario)
CURA: Válgame Deus!! Como poden deixar este pobre animal na casa do Señor ¿Quen o puido abandonar?
XOANA: O xoves estarei aquí por mor dos cartos, e espero non atopalo así.
CURA: Eh!!, a tartaruga tena que levar de aquí. Volva, volva ...aquí!!
Narrador: Pero xa non ouviu nada e de volta na casa a nai pregúntalle outra vez por canto vendera a tartaruga esta vez.
NAI : Vendiches a tartaruguiña, filliña??
XOANA: Si, está vendida, pero o home tan atarefado estaba que dixo que para a semana me pagaba.
NAI: Non sei, non sei ... eu pensei...
Narrador: Pasaron os días e o xoves chegou, así que Xoana a igrexa foi. Como no había ninguén ata o Santo se acercou e con el falou.
XOANA: Veño a que pagues a tartaruga... Quero que me pagues a tartaruga... Dixen que me pagues a tartaruga...
(berrando e zarandeando a imaxe do Santo, cae e rompe o cepillo, caendo os cartos)
SACRISTAN: Eh!! eses cartos son meus!! Non fuxas!!, colliches os cartos que son meus... Ladroa!, cabr.. Será cara dura e por riba non llo podo dicir ao Sr.cura.
SACRISTÁN: ¡¡Ai San Cristovo!! no teu peto agachaba os cartos que a xente ás ánimas daba.
¡¡Ladroa!! Oxalá un rato o peto che roa. (con cara compunxida)
Narrador: Correndo, correndo a súa casa chegou sen alento. Cando tantos cartos viu a nai dixo para si: Ao mellor, Xoana tan parva non é. ¿Como vende as cousas, si é?
ACTO III
NAI: Xoana, Xoana!! en pé, folgazana, lávate e non me tires a auga que hai na palangana.
(Levántase e tropeza coa ola de mel)
XOANA: Que palangana máis rara!! e que auga tan ... non está nada clara.
NAI : Xoana, que tes? pero ti non ves... que é una ola de mel.
XOANA: E que vas facer con el?
NAI: Pois... terala que ir a vender!!
XOANA: Está ben, (pondo a ola de mel ao lombo) A praza irei e o mel venderei.
NAI: (asinte con resignación)
Narrador: Esta vez a praza chega e sentada na beirarrúa destapa a ola e alzando a voz pregoa...
XOANA: Quen quere mel?? Vendo mel!!
(Acoden as moscas)
XOANA: Tranquilos que hai para todas Vinde moscas! vinde mosquiñas que é moi doce e está sabrosiña.
Narrador: Cun vai e ven a ola quedo limpa de mel e as moscas engordaron nun santiamén.
XOANA: Ben, agora tedes que xuntar os cartos e o xoves que ven a esta mesma hora quérovos aquí, con el.
(Vai camiñando cara a súa casa)
NAI: E a ola de mel??
XOANA: Xa está vendida, pero como eran tantas de acordo non se poñían, para pagarme os cartos que me debían.
NAI : (Pon cara de asomo) Hummm...
Narrador: Chegou o día e claro está ningunha mosca aparecía.
XOANA: (Mirando o reloxo) Con que esas temos!! Pois vou ao concello a protestar, de seguro que o señor alcalde saberá como debo de reclamar.
ALCALDE: Bos días Xoana Que se che ofrece nesta semana?
XOANA: Véñolle dicir que as moscas que me comeron o mel agora non me queren pagar os cartos que me deben por el.
ALCALDE: (Aguantando a risa) As moscas non che poden pagar, sen máis... ¡¡¡son animais!!!
XOANA: Elas comeron o mel da ola e os cartos me deben agora.
ALCALDE: (Mirando cara o público) Esta, para min que é parva e non sabe o que fala. Mira Xoana, isto non se arranxa aquí vaiche ser cousa do sr. xuíz. Eu mesmo a velo te acompaño para que vexas que como alcalde, no te engano.
(Marchan os dous).
XUÍZ: Bos días Xoana Bos días alcalde. En que podo axudar claro está, sen ser de balde!!
XOANA: Mire señor Xuíz as moscas que comeron o mel da ola non me queren pagar agora, por iso veño aquí.
XUÍZ : Pero que dis ti??
ALCALDE: (Facendo ademán coa man de que está tola) Si, si, si .. Señor Xuíz as moscas non queren pagar por iso ela ven reclamar.
XUÍZ: Xa, xa... esta está de atar!! (moi baixiño) Ás moscas non lle vas poder cobrar pero douche o meu permiso para as que vexas, cun pau lles poidas arrear.
XOANA: Non é xusto!!!! pero si vostede o di sen os cartos quedarei a gusto.
(Xoana vaise, e os dous quedan rindo)
Narrador: Alto aí!! neste momento unha mosca pósase na cabeza dos dous talentos.
XOANA : Tomade, tomade o voso merecido por non me pagar o debido (Os dous homes caen ao chan) E agora voume para a miña casa sen cartos, pero co traballo ben cumprido.
Narradores. O que sucedeu despois terédelo que imaxinar De parva, Xoana, non tiña máis que o que lle sobra aos demais.
E colorín, colorado este parvísimo conto está rematado.!!!!!
|
||