O Apalpdor é un home moi grande que vive nas montañas de Lugo,
ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos
silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello
e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos
nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga
para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así,
así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se
teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar
algún agasallo máis, pero sempre feito por el.
|