1.O periódico é unha ferramenta única. Trata
cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en
calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos
a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre
o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran
actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que
lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a
mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o
xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a
súa vida.