|
En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha "Declaración dos Dereitos do Neno" que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os dereitos da infancia porque legalmente non tiña carácter obrigatorio. Por iso en 1978, o goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos dos nenos.
Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da "Convención sobre os Dereitos do Neno", o 20 de Novembro de 1989, cuxo cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a asinasen. A Convención converteuse en Lei en 1990, logo de ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe a Convención xa foi aceptada por todos os países do mundo, excepto dous (Somalia e Estados Unidos). |