Coñecendo a María Mariño Carou

INTRODUCIÓN

Nacín na vila costeira de Noia no mes de xuño de 1907 nunha familia humilde e deixei moi nova a escola para axudar a sustentar a miña familia. Na biblioteca do Pazo de Goiáns tiven os meus primeiros encontros e inquedanzas coa literatura que volverán a rexurdir algunhas décadas despois grazas ao meu amigo Novoneyra.

Este ano son a protagonista do Día das Letras Galegas, a terceira muller á que se recoñece este mérito, despois de Rosalía e Francisca H. Garrido.

Animádevos a realizar esta webquest e coñeceredes máis cousas sobre a miña vida e o traballo que vos deixei escrito.

Por certo,  chámome María Mariño Carou, tamén "Son coñecida como a poeta costureira. / O meu retrato é o da dereita".

¿Que tal esta primeira impresión sobre min? ¿Continuamos?    Caricatura de Maria Mariño Carou





Webquest elaborada por Norberto Blanco Dorrío con