Coñecendo a María Mariño Carou

TAREFAS

A vosa misión consistirá en formar un equipo de investigación para pescudar sobre a vida e obra de María Mariño. Deberedes presentar ao final da mesma un documento dixital, en OpenOffice preferentemente, e poderá ser de texto, diapositivas ou multimedia. Este traballo de investigación  tamén será utilizado para achegar a figura de María Mariño Carou a toda a comunidade educativa do noso colexio e, se se der o caso, poderíase introducir como "Presentación" no festival de teatro da semana do Día das Letras Galegas a celebrar no Salón de Actos.

Grazas ao voso ameno traballo, todos coñeceremos un pouco máis da vida e obra de María Mariño Carou.

Ademais, entre todos os equipos, e cos coñecementos adquiridos, como conclusión, completaremos na Galipedia os artigos que existen sobre a poetisa. Así, outros alumnos e alumnas do noso país que busquen información sobre a autora beneficiaranse do noso traballo.

Non perdamos máis tempo e ¡¡mans á obra!!  Caricatura de Maria Mariño Carou




Webquest elaborada por Norberto Blanco Dorrío con