Coñecendo a María Mariño Carou

PROCESO

Formaredes equipos de investigación de 4 estudantes. Cada membro do mesmo elixirá unha das profesións que a continuación vos propoñemos:


Para a realización da tarefa seguiredes os seguintes pasos:  

  • Cada investigador e investigadora:(1 sesión no centro, máis tarefa para a casa)

    • Lerá todos os recursos que se lle propoñen.
    • Buscará información noutros recursos: Internet, enciclopedias, libros...
    • Recollerá información por escrito e manualmente (non vale "cortar e pegar") atendendo ás directrices específicas que se lle facilitan. Nas ligazóns atoparedes fichas que vos facilitarán o traballo.

  • Cada equipo: (2 sesións) 

    • Fará unha posta en común coa información obtida, intercambiando e integrando os datos dos catro membros.
    • Elaborará un documento, con OpenOffice preferentemente, que recolla o traballo final. (1 sesión)

  • Grupo da clase: (3 sesións)

    • Cada equipo exporá o seu traballo ante a clase coa axuda do encerado dixital.
    • Entre todos avaliaremos os traballos e elixiremos a mellor exposición.
    • Completaremos e melloraremos o traballo elixido coas achegas pertinentes do resto dos equipos.
    • Este documento mellorado será o que utilizaremos para achegarlle a figura de María Mariño Carou á comunidade educativa.
    • Como conclusión elaboraremos un artigo que complete a información que existe na Galipedia sobre María Mariño.

Como colofón, exporase coa axuda do encerado dixital o documento final ante toda a comunidade educativa ou, se se der o caso, introducirase como "Presentación" no festival de teatro das Letras Galegas que se celebrará no salón de actos do colexio.


 Instrucións para os equipos de investigación

Biógrafos e biógrafas  

Vós leredes os documentos propostos e recolleredes a información necesaria para crear unha pequena biografía da autora. As seguintes ligazóns teñen suficiente información para elaborar o documento de texto ou as dipositivas.

Biografía do Seminario Permanente do CEIP de Galán. Da páx. 7 á 17 (1,8 MB .pdf)
Biografía de Ana Pimentel.

Cronoloxía bioliteraria do Cosello da Cultura Galega.
Exemplo de biografía elaborado por Esther Vázquez en Eugaliza  (pdf)
Real Academia Galega
Ficha orientativa para a recollida de datos. (pdf)
 

  Frecha para subir ao índice   Caricatura de Maria Mariño Carou

Historiadores e historiadoras

Vós investigaredes sobre os acontecementos históricos máis importantes que tiveron lugar desde o comezo do século XX ata os derradeiros anos do franquismo e, asemade, sobre a situación do idioma galego nestes anos. Enumeraredes por orde cronolóxica os diferentes réximes políticos de goberno desa época e reflectiredes a situación que tivo o idioma galego neles.

Galiza na época de María Mariño. Da páx 1 á 7 (1,8 MB .pdf) 
O galego no século XX
.
Galiza no século XX.

Ficha orientativa para a recollida de datos. (pdf) 

 Caricatura de Maria Mariño Carou

Literatos e literatas 

Vós estudaredes a súa obra literaria. Faredes un breve resumo das súas creacións e recitaredes algún dos seus poemas. Sería interesante que no documento de presentación incluísedes algún ficheiro sonoro sobre a súa obra.

Escolma de poemas da Biblioteca Virtual Galega.
Poemas recollidos polo Consello da Cultura Galega:

Obra literaria de María Mariño. Da páx. 17 á 28 (1,8 MB .pdf)
Ficha orientativa para a recollida de datos. (pdf) 

  Frecha para subir ao índice  Caricatura de Maria Mariño Carou

 Xornalistas/fotógrafos e fotógrafas

Os xornalistas buscaredes referencias á obra de María Mariño feitas por outros autores ou xornais coas que realizaredes un pequeno informe. Completaredes este informe cunha galería de imaxes na que tamén se faga referencia ás poboacións máis significativas da súa vida.

Artigos de prensa sobre María Mariño Carou. Lede as ligazóns de "Extras".
Entrevista á súa afillada de voda
 .
Ligazóns aos principais xornais do país.
 
Imaxes da homenaxeada

Galería de imaxes do Seminario Permanente do CEIP de Galán

Ficha orientativa para a recollida de datos. (pdf) 

 Caricatura de Maria Mariño Carou

Ligazóns para ampliar coñecementos

Monográfico da Biblioteca Virtual Galega.
Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP de Galán
.
Consello da Cultura Galega.
Web de Norberto

  Frecha para subir ao índice  Caricatura de Maria Mariño Carou 




Webquest elaborada por Norberto Blanco Dorrío con