Coñecendo a María Mariño Carou

CONCLUSIÓNS

Se chegastes ata esta sección despois de rematar o voso traballo e lle atopades significado ao cosido de imaxes que hai na base desta folla, quererá  dicir que aproveitastes moi ben o tempo empregado na realización da webquest e será para nós motivo de ledicia. Asemade, indicará que coñecedes moi ben a vida e obra de María Mariño Carou, e polo tanto esperamos que a partir de agora vos fagades asiduos lectores de poesía en galego.  

Quizais nun futuro próximo algún de vós emulará á poeta e chegará a ser merecedor dun recoñecemento ao traballo realizado como lle pasou a ela.

Este ano é a terceira vez que se lle dedica o Día das Letras Galegas a unha muller. Despois de investigar sobre a súa vida e obra:

¿Que valoración vos merece que este ano se homenaxee a María Mariño Carou?

Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.

 

 Resumo da vida de María Mariño en Imaxes

Agradecementos: á Real Academia Galega pola cesión do retrato debuxado de María Mariño que aparece nestas páxinas e que pode atoparse no web desta institución: http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigure.do



Webquest elaborada por Norberto Blanco Dorrío con