Coñecendo a María Mariño Carou

AVALIACIÓN

A avaliación que se propón ten como obxectivo reflexionar sobre o traballo realizado desde o punto de vista do alumnado e do profesorado.

Danse unha serie de aspectos para que o alumnado por un lado e profesorado por outro fagan as súas valoracións persoais.

 

AUTOAVALIACIÓN DO ALUMNADO

  Si/Sempre Ás veces Non/Pouco
Comportácheste ben na aula durante a realización da webquest.      
Visitaches as ligazóns recomendadas.      
Gustouche esta actividade e pasáchelo ben facéndoa.      
Escoitaches e respectaches as opinións dos teus compañeiros de equipo.      
Achegaches ideas pertinentes na posta en común.      
Realizaches as tarefas encomendadas nos prazos establecidos.      
Esforzácheste na elaboración do traballo.      
Revisamos o traballo despois da posta en común e antes de entregalo.      
Participaches na exposición final do traballo do teu equipo.      
Lograches adquirir coñecementos básicos sobre María Mariño Carou.      

Caricatura de Maria Mariño Carou

AVALIACIÓN DA MESTRA ou MESTRE

 

BEN

REGULAR

MELLORABLE

EXPRESIÓN ESCRITA Frases ben elaboradas e vocabulario abundante. Frases elaboradas e vocabulario adecuado. Frases simples e vocabulario escaso.
ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICA Sen erros gramaticais e ortográficos. Algúns erros gramaticais ou ortográficos. Moitos erros gramaticais ou ortográficos.
CONTIDOS A información é correcta, clara e precisa. Unha gran porcentaxe da información é correcta, clara ou precisa. Hai varios erros na información do traballo.
PRESENTACIÓN É un traballo atractivo. É un traballo relativamente atractivo. Non é nada atractivo.
ORGANIZACIÓN Información con índice, títulos e subtítulos moi claros. Información con índice, títulos e subtítulos. Información pouco organizada.
EXPOSICIÓN Atractiva, usa medios axeitados e TIC. Usa material multimedia. Evita a utilización das novas tecnoloxías.

 

 A continuación realizarase unha posta en común na que descubriremos o verdadeiro valor do traballo realizado e da que resultará elixida a presentación que se usará para achegarlle a figura de María Mariño Carou á comunidade educativa.

 Frecha para subir ao índice  Caricatura de Maria Mariño Carou 




Webquest elaborada por Norberto Blanco Dorrío con