II Encontro de Gaiteiros
Manuel Villanueva

 

Os días 1, 2 e 3 de xuño celebrarase en Poio o II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste. Entre as actividades organizadas destacan:

  1. RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por áreas xeográficas.  
    • GALICIA: A entonación da gaita galega: pasado e presente.
    • Carlos Real e Manuel Fernández. Investigadores, Grupo de gaitas Asubío

    • ASTURIAS: La gaita asturiana: características y evolución.

      J. Alfonso Fernández. Director del Museo de la gaita de Gijón

    • CANTABRIA: La gaita cántabra

      Roberto Diego. Director de la Escuela de Música Popular Cántabra de Santander

    • LEóN: La gaita en el oeste de la provincia e León
    • Rafa Busto. Grupo Folclórico Cultural Alegría Berciana

  1. IV Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia no noso municipio e mais en Pontevedra até a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita galega en calquera tonalidade e dixitación.

 PREMIOS:

1: Premio.....................................................1.200 € , diploma e trofeo

2: Premio ...................................................... 900 €, diploma e trofeo

3: Premio .......................................................600 €, diploma e trofeo

Premio especial MANUEL VILLANUEVA .....600 €, diploma e trofeo

 O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.  

  1. XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro, etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de música tradicional que o desexen.    

Como actividades paralelas presentarase o CD do III Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, haberá alboradas a cargo de grupos locais, actuación de gaiteiros tradicionais e concertos.

Toda a información no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...

 

Programa