 |
Os días 6, 7 e 8
de xuño celebrarase en Poio o III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
gaitas de fol do noroeste. Entre as
actividades organizadas destacan:
- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o
estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular
no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por
áreas xeográficas.
- ASTURIAS: El
repertorio y la ornamentación en la gaita asturiana.
Xuacu Amieva
-
GALICIA: A recuperación da gaita de Poio: O modelo tombal con ronquillo de Manuel Villanueva.
Carlos Real, Manuel Fernández, Xosé Piñeiro "Nebra" e Oscar Ibáñez.
- V Concurso de Gateiros MANUEL
VILLANUEVA a través
do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de
Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación
pechada que tivo presencia no noso municipio e mais en Pontevedra até a
súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os
gaiteiros que o desexen con gaita galega en calquera tonalidade e
dixitación.
PREMIOS:
1: Premio.....................................................1.500 € , diploma e
trofeo
2: Premio .....................................................1.100 €, diploma e trofeo
3: Premio .......................................................800 €, diploma e trofeo
Premio
especial MANUEL VILLANUEVA ...1.200 €, diploma e trofeo
O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
- XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras
e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro,
etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h
para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de
música tradicional que o desexen.
Como actividades
paralelas presentarase o CD do IV Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA e o nÂș 11 da revista Etnofolk que recolle os artigos dos relatorios do I e II Encontroi,
haberá alboradas a cargo de grupos locais, actuación de gaiteiros tradicionais
e concertos.
Toda a información
no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas
distintas actividades, bases do concurso, etc...
|