 |
Os días 5 e 6
de xuño celebrarase en Poio o IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
gaitas de fol do noroeste. Entre as
actividades organizadas destacan:
- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o
estudo da gaita.
- VI Concurso de Gateiros MANUEL
VILLANUEVA a través
do que se potencian as novas composiciós para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de
Poio, ao tempo que se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación
pechada que tivo presencia nas marxes do Lerez ata a súa
desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os
gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e
dixitación.
PREMIOS:
1: Premio.....................................................1.500 € , diploma e
trofeo
2: Premio .....................................................1.100 €, diploma e trofeo
3: Premio .......................................................800 €, diploma e trofeo
Premio
especial MANUEL VILLANUEVA ...1.200 €, diploma e trofeo
O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
Como actividades
paralelas, o venres presentarase o CD do V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA ás 20h no Casal de Ferreirós,
haberá alboradas a cargo de grupos locais o sábado pola mañá,
e concerto do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana tras o concurso.
Toda a información
no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas
distintas actividades, bases do concurso, etc...
|