|
Escola de Música Tradicional
Pai da Cana |
|
Durante o período de actuacións dos seus
fundadores, a Asociación Cultural aborda un proxecto máis
ambicioso que pretende ir máis alá da
interpretación, creando así a súa propia Escola de
Música Tradicioal. Son moitos os alumnos que pasaron pola
escola
da A.C. Pai da Cana nos seus
oito anos de traxectoria para adquirir
coñecementos de : gaita galega, percusión tradicional,
solfexo, así coma outras actividades destinadas á
formación de grupos e combos de Música Galega.
A actividade docente está da man de Ósar
Ibáñez (Mestre en Educación Musical,
Gaiteiro e
Flautista de Bico). Óscar
Ibáñez ven realizando
unha traxectoria como docente no ámbito da música
tradicional dende o ano 1993, durante estes anos traballou a reo pola
dignificación da gaita galega, a construcción de
métodos de estudo para o noso instrumento nacional, a
recopilación de partituras de gaita e material
fonográfico antiguo, e a reivindicación da nosa
música. A Asociación
Cultural Pai da Cana ofrece
tódolos anos estas actividades dirixidas a todos aqueles que
teñan una certa sensibilidade pola música galega, en
clases individuáis ou colectivas (grupos reducidos).
Como froito da aprendizase e inquietudes dos alumnos da Escola de
Música Tradicional da A.C.
Pai da Cana, xurden diferentes
formacións de instrmentistas dentro da asociación,
ampliando así o abano de posibilidades en canto a variedade se
refire, coa finalidade de representar as diferentes formacións
musicías máis enxebres e propias da nosa tradición.