Bendito sexas Pai.
Todalas veces que a xente encadeada,
coas cadeas da ignorancÍa ou da pobreza,
da opresión ou da mentira, foi librada
e atopou o seu porvir mellor certeza.¡Que grande este día, meus amigos,
canto nos quere o noso Deus bendito!
O mal é moito, pero foi vencido
coa forza de Xesus, irmán querido.Este día é contrario aos poderosos,
ós que abusan da xente con descaro,
ós que fan o seu poder tan perigoso
que moitos viven en grande desamparo.Gracias, Pai, por este día santo,
co que ten de triunfo xa logrado.
Gracias, Pai, por se-la forza santa,
que a novos triunfos quedamos convocados.
Por: D Julio Andión Marán