|


| |
|
Castellano
Este desporte é un dos que maior satisfación me
deu, xa que foi nél
onde mas éxitos, felicitacións cosechéi.
Nos meus comezos
lembro que era Presidente
da Federación Galega de Ciclismo o
advogado D. Rafael Pazos Jiménez, o que chegou a ser alcalde
accidental da cidade de Vigo, sendo ás primeiras probas
organizadas
polo meu pai e o Sr. BARROS
(ambos falecidos), pai éste último de JOSÉ MANUEL e HORACIO
BARROS, ex- alcalde de
PORRIÑO e presidente do Club ciclista SPOL, respectivamente, contando
coa colaboración do Sr. ANTONIO “Leilan”, que aportaba o seu tempo e o
seu moto, para facer o traballo prévio de marcado de estrada e , a
tarefa mas bonita, que era encabezar a carreira. Foron móitos
os quilómetros de estrada que percorremos xuntos co clásico balde de
cal e o coñecido “moqueiro”, para tentar no posíbel que os corredores
e aquelas incipientes “caravanas publicitárias” chegasen a liña
de meta polo roteiro preestablecido.
Nestas primeiras
carreiras participaban corredores como HORACIO
BARROS, os irmáns LUIS e JOSÉ ANGUEIRA,
de Padrón, PONTE de
CORUÑA, COLMENEIRO, JUAN RODRÍGUEZ (“Pexego”), e un sinfín de
corredores afeizoados locais entre os que se encontraban SUSO FREIRIA
e PEPE PARENTE
(falecido) que eran animados
co berro de “¡¡HALA
PIÑEIRO!!”,
ese grande corredor do CERQUIDO tantas veces vitoreado
e que se
converteu en sinónimo de animación para toda aquela persoa que destacaba
no desporte da bicicleta. Debido á grande afeizón a ela, fundou-se o
Club SPOL que ainda que
nos seus princípios acaparaba vários deportes, despois de alguns anos
se converteu nun club de ciclismo que foi e é referinte do auge deste
desporte en toda Galicia.
Entre os corredores que se formaron ou
pasaron polas suas filas, merecen especial mención o grande e pundonoroso corredor ÁLVARO PINO que gañou a VOLTA A ESPAÑA e converteu-se nuns dos mellores corredores españois e mais tarde
director desportivo do grupo KELME e actualmente dirixindo ao PHONAX
suízo, onde contínua desenvolvendo toda a sua bagaxe de experiencia
ciclista. MANUEL CARREIRA, ex-actual concellal de desportes, é outra
das figuras, (o seu pai, D. VALERIANO CARREIRA foi Presidente do Club)
sendo o
mais destacabel a sua participación nos mundiais de ciclocros
en Francia e Méjico e o Maillot de Sprints Especiais nunha edición da
VOLTA A ESPAÑA. HORACIO LAMAS, o "alma mater" do ciclismo en Galicia e
Medalla ao Mérito Desportivo concedida
pola Real Federación Española
de Ciclismo, foi CINCO VECES Campeón de Galicia de Ciclocros, 4º no
Campeonato de España, etc. MARCIAL REI, un magnífico escalador de
portos e actualmente reconvertido en atleta e organizador de probas de
Montan Bike.
Para as primeiras
probas que me chamou o Club Ciclista SPOL, foron as carreiras de
Aniversario, os Trofeus Presidente, Trofeu Festas do Cristo, Trofeu
Horacio
Barros,
as probas de promoción que se celebraban no circuito de San Benito
e os Campionatos de España de Ciclocros Xuvenil
en 1981, os nacionais de Afeizoados e Profisionais de ciclocross en
1985 e mas recentemente os de Afeizoados e Élite tambien de
cliclocross en 1999, nos que fixen un magnífico traballo xunto con
ANDRÉS VIETES da Rádio
Galega.
Unha das probas que mais pegada deixou
en min,
foi a miña participación como locutor oficial no “X RONDA CICLISTA
“PASO Á SOCIEDADE” que organizada por ANDE, levou a xovens
discapacitados de vários equipas e nacionalidades, durante cinco
etapas, polas estradas da província pontevedresa. Emociono-me ainda
hoxe ao lembrar o seu ilusión, as suas perguntas, o seu devezo de
estar comigo para mefalar , porqué nese intre eles se sentian os
mellores ciclistas (alguns eran moi bons) e consideraban-me o mellor
locutor do mundo. É certo que puxen todo o meu empeño en emular aos
mais afamados locutores profisionais, para que tanto os rapaces como
a organización da proba, que correu a carrego da delegación en
Pontevedra de ANDEPORTES (co SR. ALFONSO) e
A PEÑA
CICLISTA
OLÍVICA de Martínez Rosas, sentisen-se participando realmente nunha
da grandes probas ciclistas. Sentin unha sensazón moi especial cando o
Presidente Nacional de ANDE, D. FERNANDO MARTÍN agradeceu-me o meu
traballo con unha aperta e a entrega dun detalle conmemorativo, que
por certo é un dos poucos que non guardo,
como consecuencia da sua lamentabel rotura.
Clica para ampliar
Na parróquia porriñesa de Mosende,
considerada unha das "catedrais" do ciclocros español, celebraron-se
importantísimas probas e estuda-se a posibilidade de disputar alá un Campeonato do Mundo, con que o C.C. SPOL e os viciños desa Parróquia
atinxirian a tan devecida meta que seria a culminación a moitos anos
de arduo traballo polo ciclocros a nível galego e nacional
|
|