
Coa intención de aproximar máis aínda ó publico á
experiencia única da Rapa vaise acondicionar o Curro subindo o nivel do foxo
para que desta forma a xente poida estar máis preto dos animais, achegando
agora a súa imaxe á do Curro Vello e poder así vivir máis intensamente, se
cabe, a nosa festa.
Neste ano 2008 estréase para a Rapa de Sabucedo o
"1º Concurso Internacional de
Fotografía Rapa das Bestas"
dotado con un premio de 6.000 euros. Para ver os requisitos para participar
e toda a información podedes seguir este
enlace.
Gracias ó esforzo de moitos anos a nosa Rapa das Bestas de
Sabucedo ben de ser declarada festa de:
"Interese
Turístico
Internacional"
(Tendes máis información no
enlace especial onde nos facemos eco desta excelente nova)
Conseguimos rescatar unhas fotos incriblemente antigas
sobre a Rapa algunha delas datada no ano
1.900,
xa as podedes ver na galería de fotos.
Xa temos as datas e imos sabendo máis cousas do
calendario para a
Rapa
2.008
que este ano será os días
4,
5,
6
e
7
de Xullo. Como estes últimos anos irémosvos informando das
datas, actos e celebracións que se farán ó logo dos
4 días na nosa sección
Calendario
2.008
Como novidade deste ano no noso portal inauguramos un novo
foro máis completo para esta Rapa 2007, esperamos que vos guste e que
participedes nel deixando as vosas opinións e suxerencias.
Tamén estreamos a posibilidades
do cambio de lingua.
Para aportar ou opinar acerca da web podedes facelo a través do FORO ou pulsando na arroba para enviarnos un E-MAIL e contactar directamente co webmaster.