top
 
ENGLISH  

"Mesmo as máis sofisticadas e aparentemente remotas investigacións en física nuclear teórica teñen implicacións beneficiosas para o benestar humano." Chien Shiung Wu (1912 - 1997). Física.

"Os máis excitantes descubrimentos son aqueles que non anticipaches."John Ellis. CERN Theoretical Physicist.
"A comunidade de Físicos de Partículas debe ser máis aberta." Luciano Maiani. Director General of CERN (1999-2003)

CLICK TO GO TO AN UPGRADED VERSION

30 de Novembro de 2009

LHC convértese no máis poderoso acelerador de partículas


LARGE HADRON COLLIDER (LHC)

- GRAN COLISOR DE HADRÓNS -

Nos primeiros minutos do 30 de novembro de 2009, os protóns do LHC foron acelerados ata 1,18 TeV superando así a o Tevatron de Chicago que ostentaba o record con 0,98 TeV desde o ano 2001.

O acelerador de partículas LHC, ubicado no CERN (Xenebra-Suiza), xera a pleno funcionamento a máis grande cantidade de datos nunca antes producida nun experimento, revelando algúns dos máis fundamentais secretos da natureza.

Coa seguinte animation podes xa ter unha primeira idea da dimensión do experimento que vai ser obxecto de estudo nas seguintes páxinas.

A pesares da enorme dispoñibilidade de información sobre o LHC, non é doado atopar os cálculos que podan achegar aos non especialistas a este experimento.

Basicamente, o propósito deste sitio web é introducir o LHC, e algúns cálculos físicos relativos aos fenómenos que teñen lugar nun acelerador de partículas. Estes cálculos poden ser usados en clase de Física na Secundaria, para estimular a curiosidade dos alumnos e alumnas, para axudarlles a comprender certos conceptos físicos, e como un exemplo da relación entre as "frías ecuacións" da Física e o excitante traballo da investigación científica.

Os cálculos que atoparás nestas páxinas están adaptados á Física da Secundaria e en moitos casos son só achegamentos ao tratamento correcto que excede do nivel aquí pretendido.

Podería ser de interese visitar previamente -de xeito rápido- algunha Web para repasar ou poñerse ao día sobre os tópicos que serán tratados. Pódese atopar eses recursos neste enderezo: Física de Partículas, ou nestoutras ligazóns que se citan nesta Web.

Un enlace a un Glosario -e outras informacións e datos- está sempre dispoñible na cabeceira de cada páxina.

© Ramon Cid - rcid@terra.es

I.E.S. de SAR - SANTIAGO (GALICIA)