

AVISO
Como xa foi indicado na páxina de INICIO, o obxectivo deste sitio Web é introducir o experimento LHC e presentar algúns cálculos simples relacionados con algúns dos fenómenos que teñen lugar nun acelerador de partículas.
Estes cálculos poden ser usado na aula de secundaria co fin de estimular a curiosidade dos alumnos e alumnas, tamén para axudarlles a comprender certos conceptos físicos, e como exemplo da relación entre as "frías ecuacións" da Física e o excitante traballo experimental.
Os cálculos que atoparedes aquí están adaptados á Física da Secundaria e en moitos casos soamente son achegamentos aos procedementos matemáticos correctos que obviamente exceden do propósito desta Web.
Se encontrades algún erro, non dubidedes e facermo saber e eu tentarei correxilo tan axiña como sexa posible.
Se precisades unha información máis exhaustiva deberedes ir aos websites relacionados co CERN e os seus exprimento, onde obteredes información máis completa e específica.
Algúns dos datos e informacións, así como imaxes, teñen sido tomado dos diferentes websites do CERN, tendo sido solicitado e concedido o correspondente permiso pola administración do CERN.
O CERN é unha institución pública que pon a disposición do público a maior parte dos textos e imaxes que aparecen nos seus diferentes sitios Web. Pódese ir á seguinte dirección a fin de verificar a política de Permisos de Copyright do CERN.