

CINEMÁTICA
Cada paquete de protóns viaxa a case que a velocidade da luz (v = 0,999999991·c ) :
v = 0,999999991 x 299792458 ⇒ v = 299792455 m/s
Daquela, nun segundo teremos:
299792455 / 26659 = 11245 voltas/segundo
Polo tanto , a Frecuencia do movemento circular é: f = 11,245 KHz
e o Periodo é: T = 1/f ≈ 9·10-5 s
Os protóns serán acelarados ata v~c. Mentres viaxan, están baixo a acción dunha forza centrípeta debida a Forza de Lorentz .
Calculemos esa aceleración centrípeta :
a ≈ c2/r ⇒ ac ≈ 2.3·1013 m/s2
É dicir, 2·1012 veces a aceleración da gravidade.
Xa se indicou antes que a distancia entre dous paquetes consecutivos é de : d = 7, 48 m
Así que o “time between bunches” -bunch spacing- serát = distancia / velocidade
t = 7,48 / 3·108
t = 24,95·10-9 s ⇒ t = 24,95 nsque é un moi importante parámetro nun acelerador. Outro interesante exercizo é o cálculo de cantas voltas daría un protón antes de "caer" por mor da gravidade. h = ½g·t2 ⇒ t = (2h/g)1/2onde h é o radio do tubo (~ 28 mm)logo: t = (2·0,028/9,81)1/2
t ≈ 76 msDividido entre o periodo:nº de voltas = 76·10-3/8,9·10-5
n = 850 voltas
Polo tanto, débese non só correxir problemas nos paquetes de protóns debido a interaccións de orde electro-magnética, senón que debemos correxir outros debidos a presenza da gravidade.
Os multipolos magnéticos farán este traballo.