Terra de Montes...

 

Terra de Contos

 

 

Aquí vos presento unha pequena escolma de relatos cuxa lectura agardo que vos poida proporcionar un bo rato de lecer, especialmente para os amantes e morriñentos desta nosa Terra de Montes, fértil tanto en vexetación e fauna como en historias, persoeiros e lendas de todo tipo.

Agardo ir incorporando aquelas colaboracións que consideredes que poidan ser de interese (previa aprobación do correspondente "comité literario") e teñan algún tipo de vencello con este reino do verdor que arroupa o val do río Lérez. Anímovos a estrear unha futura sección de Poesía.

Quixera facer unha advertencia especial sobre o relato titulado "Memorias dun Tempo Perdido", pois trátase dun traballo de máis de trinta páxinas que quizais leve algo máis duns minutos disfrutar. No resto dos casos, ofrézovos "literatura de consumo rápido" recollida en tan só unhas páxinas.

Máis nada, simplemente agradecer a vosa visita e comprensión por esta evidente mostra de inmodestia.

Tristán de Montes

 

Colleita de relatos

boton_planetas.gif  Memorias dun Tempo Perdido

boton_planetas.gif  R.I.P.

boton_planetas.gif A Paixón segundo Don Ninguén
boton_planetas.gif O día que deixe de chover boton_planetas.gif  Si, Padre boton_planetas.gif  Porta do demo
boton_planetas.gif Renata, meu amor boton_planetas.gif Amén boton_planetas.gif  Nana dunha noite sen lúa

boton_planetas.gif Voltar ao Inicio