ÍTACA
Constantino Kavafis

Tradución de Mosjos Morfakidis e Andrés Pociña, en Poesía
grega do século XX
,
Ed. Xunta de Galicia, 1994


 
 
 
 
 
 
 
 



































    Cando vaias facer a viaxe cara a Ítaca

    prega que sexa longo o camiño,

    cheo de peripecias, cheo de coñecementos.

    Aos lestrigóns e aos cíclopes,

    ao entolecido Posidón, non lles teñas medo:

    cousas semellantes no camiño nunca has atopar,

    se o teu pensamento se mantén ergueito, se unha senlleira

    emoción che o espírito e o corpo.

    Cos lestrigóns e cos cíclopes,

    co furioso Posidón non has topar

    se non nos levas xa dentro da túa alma,

    se a túa alma non nos pon diante de ti.

 

    Prega que o camiño sexa longo,

    que haxa moitas mañás estivais na que,

    con que pracer, con que ledicia,

    embocarás en portos deica entón non vistos;

    que ancores en emporios fenicios,

    e merca as ricas mercadorías,

    nácaras e corais, ámbares e ébanos,

    e engaiolantes perfumes de toda caste,

    todos os engaiolantes perfumes que poidas;

    vai a moitas cidades exipcias,

    e aprende e aprende dos sabios.

 

    Sempre na túa mente ten a Ítaca.

    A chegada a ela que sexa a túa meta.

    Mais non forces para nada a túa viaxe.

    Mellor que dure ben anos,

    e, xa vello, cando recales na illa,

    rico, con todo o que gañaches no camiño,

    sen agardar que che dea riquezas Ítaca.

 

    Ítaca deuche a fermoso periplo.

    Sen ela non principiarias o camiño.

    Pero non ten máis nada que che dar.

 

    Aínda que a vexas pobre, Ítaca non te enganou.

    Agora que te fixeches sabio, con tanta experiencia,

    xa caerías na conta do que significan as Ítacas.

 

                K. KAVAFIS (1863-1933)